Ramón Villares lembrou a contribución do exilio republicano de 1939 - político, cultural e científico- ao proceso de transición á democracia logo da morte de Franco, “tras fracasar no seu obxectivo político de provocar a caída do rexime franquista e restaurar a República”. Aludiu tamén á importante significación do “Congreso del Movimiento Europeo”, reunido precisamente en Munich os día 7 e 8 de xuño de 1962 coa participación de 118 delegados españois (80 procedentes do interior), que serían perseguidos e denigrados pola súa intervención no que o franquismo chamou sempre “el contubernio de Munich”. Esa reunión europeísta, en todo caso, significou o profesor Villares, supuxo unha viraxe na estratexia da oposición ao rexime, que “empezou a plantexarse a necesidade dun, pacto por la libertad”.
A conferencia foi dictada na sede do Instituto Cervantes de Munich polo súas posibilidades para facilitar o seu seguimento en tradución simultánea.


