No acto, xunto con Nüñez Seixas, interviron o escritor Francisco Fernández Naval, autor da novela “A noite branca” sobre a peripecia dos “divisionarios”, e Francisco Javier Jiménez, director editorial de Fórcola Ediciones, empresa independente que publicou o libro na súa Colección Siglo XX. Pola súa parte, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, salientou a significación da figura de Dionisio Ridruejo, activista declaradamente fascista da Falange da primeira hora, que logo evolucionaría ata se converter “nun home esencial para a confluencia entre vencedores e vencidos como decidido opositor á dictadura franquista desde os seus finais posicionamentos socialdemócratas”. “Estes Cuadernos de Rusia, sostivo Villares, fan máis grande un personaxe que se nos presenta sen maquillaxes.


