----

O Presidente do CCG participa no Congreso Internacional da Lingua Española

Hoxe clausúrase o VI Congreso Internacional de la Lengua Española en Panamá, dedicado ao libro e o seu futuro no contexto dixital. Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, participou nas sesións de debate e interveu no panel sobre "Bibliofilias: coleccionismo de libros y edición", canda outros expertos como César Antonio Molina, John O'Neill, Pedro Luis Puntoni ou Víctor Manuel Ramos.
O Presidente do CCG participa no Congreso Internacional da Lingua Española

Villares presentou o relatorio "Emigración americana e bibliofilia. El ejemplo de la Biblioteca América de la Universidad de Santiago", a través do cal explicou o papel cultural da emigración galega en América e os retornos, tamén culturais -menos coñecidos- desta diáspora no país de orixe. "As relacións entre Europa e América no campo da edición, a bibliofilia e a dotación bibliotecaria constitúen un dos capítulos máis orixinais da pegada da cultura americana na España contemporánea", asegura Villares.

Aquí pode ver o vídeo da conferencia (intervención do Presidente do CCG a partir do minuto 57):