O turista cultural español gastou de media 301 euros en 2012 en Galicia. O noso país pasou de ser a terceira autonomía receptora de gasto turístico en 2010 (Ano Santo) a ser a quinta en 2012, por detrás de Andalucía, Cataluña, Madrid e Castela-León. No ano 2012, un 24,7% dos visitantes viñeron atraídos pola nosa cultura e patrimonio.
Sen embargo, Galicia ocupa o noveno posto español en turismo cultural emisor. O 2012 mantivo o dato máis negativo de consumo cultural dos galegos no exterior dos últimos seis anos, con 167,6 millóns de euros (a contrapoñer coa mellor cifra, en 2008, con 326,6 millóns de euros).
Turismo estranxeiro
Galicia só recibe o 1,5% do total de turistas internacionais que chegan a España, moi por baixo de ccomunidades como Cataluña, Andalucía ou as Illas Canarias. Sen embargo, é un turista especialmente interesante desde o punto de vista económico, xa que o seu gasto medio os estranxeiros gastaron 1.262 euros de media, 192 euros máis ca media en España.
Camiño de Santiago
O informe sinala que o Camiño de Santiago é un dos principais motores do turismo cultural en Galicia, e indica que a partir de 2010 as motivacións relixiosas experimentan un descenso notable e beneficio das relixioso-culturais e as culturais.


