O 4 de xullo conmemoraremos a presentación do libro por primeira vez en Bos Aires, no ano 1944, cunha serie de accións que irás coñecendo. Pero a primeira acción xa é nas redes sociais: o hashtag #sempreengz valerá para difundir, ata esa data, a obra de Castelao nas redes sociais. Todos os días, a través do twitter do Consello da Cultura (@consellocultura) e culturagalega.org (@culturagalega), así como do Facebook das dúas webs, ofreceremos unha escolma de sentencias da obra para facilitar o seu coñecemento.


