----

A mostra "Galicia, o sorriso de Daniel" poderá verse en marzo no Centro Cultural Parque de España de Rosario (Arxentina)

<img src="http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/1/2007/11/sorrisodaniell2.jpg" alt="" />

<em>Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2008.</em>- A exposición <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=206">“Galicia, o sorriso de Daniel”</a>, promovida polo Consello da Cultura Galega, será inaugurada mañá no Centro Cultural Parque de España en Rosario (Arxentina), onde poderá ser visitada durante todo o mes de marzo. Coincidindo coa mostra haberá tamén un iclo de cine galego (A casa da miña aboa, Trece badaladas e Sempre Xonxa) e un recital (Leira do son).

<!--more-->

O Centro Cultural Parque de España, un lugar emblemático da cidade, pertence ó AECI (Ministerio de Asuntos Exteriores) e conta para esta iniciativa coa colaboración do Centro Gallego de Rosario.

A mostra, de gran forza visual, ten como referentes as figuras do profeta Daniel do Pórtico da Gloria e Daniel Castelao, autor de “Sempre en Galiza, e foi deseñada para dar a coñecer a realidade e a diversidade da cultura galega nas súas distintas e plurais manifestacións. Trátase de “espallar esa realidade, a dunha nación-cultura, e de promover o diálogo con outras culturas, facendo da diferenza un valor e non unha limitación”, en palabras de Ramón Villares., presidente do CCG.

“O sorriso de Daniel” presentouse en 2004 en Barcelona, no marco do Forum das Culturas. Do 20 de marzo ao 20 de abril do ano en curso puido verse, anovada e actualizada, na sede do Instituto Cervantes en Salvador de Bahía-Brasil, onde foi visitada por seis mil persoas, nomeadamente estudiantes de secundaria e universitarios. Posteriormente, o 24 de maio, instalouse en Sao Paulo (Brasil) na institución coñecida como “Memorial do Imigrante”, onde durante algo máis dun mes recibiu a visita dunhas quince mil persoas. Do 20 de novembro ao 20 de decembro estivo no Salón Medieval da Reitoría da Universidade do Miño en Braga (Portugal)
Desde o 15 de decembro pasado ata finais de febreiro outra versión da mostra instalouse na Delegación da Xunta de Galicia en Bós Aires.

A exposición “Galicia, o sorriso de Daniel”puido contemplarse tamén no mes de febreiro na Reitoría da Universidade Nova de Lisboa e nos espazos da Feira do Libro de La Habana, onde Galicia foi este ano o país convidado.

Más información en:

<a href="http://www.ccpe.org.ar/">www.ccpe.org.ar</a>