
Ana María da Costa Leitao Vieira e Ramón Villares. Foto: CCG
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2007.- Ana María da Costa Leitao Vieira, directora do museo "Memorial do Imigrante" de Sao Paulo (Brasil) defendeu a importancia da institución e a súa función sociocultural, partindo do feito da "innegable riqueza cultural das migracións internacionais". A súa intervención tivo lugar nun seminario organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). O Presidente da institución Ramón Villares, salientou a relevancia da cooperación co "Memorial do Imigrante", que hai uns meses acollera a exposición "O sorriso de Daniel".
O Memorial do Imigrante, institución dependente do goberno do Estado de Sao Paulo, garda a memoria de tres millóns de emigrantes chegados a Brasil dende 1820 e ven sendo "unha institución única no seu xénero en Brasil ademais de ser o terceiro máis visitado do Estado de Sao Paulo".
A súa directora chamou a atención sobre a necesidade de convertilo cada vez máis nun lugar de encontro e diálogo e tamén de acción política, tendo en conta o feito de que "o pasado como protagonista do futuro actúa tamén como forza transformadora".
Ana María da Costa Leitao Vieira trazou os eixes vertebradoras da acción do museo que dirixe e que pasan por convertelo nun centro de estudos conm importante actividade académica, integralo no escenario internacional e ampliar as súas actividades ao estudo das migracións contemporáneas.

