A Saia é un proxecto conxunto do Consello da Cultura Galega, a través da súa Comisión de Igualdade, e ADHUC - . Iníciase en 2012 e toma o nome da publicación A Saia, a primeira revista feita por un colectivo feminista independente en Galicia. O obxectivo último desta proposta pasa por poñer a disposición do público unha documentación de utilidade para todas as persoas interesadas nos feminismos e na historia contemporánea. Nestas publicacións pódense documentar con moito detalle os debates sobre as accións reivindicativas, o pensamento e as formas de creación xeradas así como as recorrentes revisións sobre a articulación do suxeito político do feminismo.
Aquí pode consultar A Saia.


