A xornada desenvolverase no Salón Nobre da Reitoría da Universidade do Porto por iniciativa do FESTLATINO (Festival Internacional de Culturas, Línguas e Literaturas Neolatinas) que anualmente se realiza en Recife (Brasil). Niste caso, coincidindo co centenario da Universidade do Porto, trátase de ponderar a internacionalización da língua portuguesa e a situación e o papel das línguas neolatinas e de festexar a súa diversidade, reivindicándoa como un patrimonio cultural relevante de alcance mundial.
Nas sesións presentarán os seus relatorios profesores, filólogos e sociolingüistas entre os que figuran a Presidenta do Instituto Camôes, Ana Paula Laborinho, a catedrática Isabel Pires de Lima ou o coordenador xeral do Movimento FESTLATINO, Humberto França.


