O Grupo para o Estudo de Asentamentos Históricos Irlandeses (GSIHS) foi fundado en 1969 en Belfast coa finalidade de analizar o asentamento irlandés e o seu desenvolvemento desde un punto de vista xeográfico, arqueolóxico, arquitectónico e histórico. Para iso busca xuntar en académicos de diferentes campos de estudo con aqueles que teñen un especial coñecemento local de lugares concretos. Os congresos son anuais e se desenvolven nunha provincia diferente de Irlanda e este ano, por primeira vez, saen de Irlanda. Os vínculos entre Galicia e Irlanda, así como o número de irlandeses que peregrinan a Compostela foron os motivos que levaron a escoller este destino.
Durante tres días haberá conferencias de diferentes expertos entre os que figura o profesor Patrick O'Flannagan que falará sobre as transformacións das paisaxes irlandesas e galegas desde o século XVIII ata hoxe; César Parcero-Oubiña explicará as paisaxes prehistóricas galegas; Geraldine Stout dará conta das necrópoles megalíticas do val do Boyne; Manuel Gago sobre abordará a difusión de proxectos históricos usando as novas tecnoloxías; Clíodhna Ni Líonain sobre a construción dun pasado prehistórico imaxinario común entre Irlanda e Galicia e, entre moitos outros, Elías Cueto, sobre a presenza da familia O'Sullivan en Compostela.



