A súa finalidade é dispoñer de un sitio dixital de referencia no ámbito galego para dar visibilidade a numerosas mulleres e homes, xa finados, que tiveron achegas significativas en moi diferentes ámbitos no pasado e que, en moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos polo público xeral. As biografías están asinadas por expertos e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros.
As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas.
O Álbum de Galicia actualízase continuamente con novas biografías. Recomendamos seguir as redes sociais do Consello da Cultura Galega para coñecer as novidades. Animamos tamén a cidadáns e colectivos a remitir propostas de figuras do pasado –contemporáneo ou máis distante- que se consideren de interese para seren inclúidas no álbum.


