Inaugurada en Ourense a exposición OS ADEUSES, 73 fotografías da epopea migratoria galega captadas por Alberto Martí
10/11/2011
O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron onte no Centro Cultural da Deputación (rúa do Progreso, 30) en Ourense a exposición itinerante “OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963)” captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. Asistiu o xerente do CCG, Marcelino Fernández Santiago, e falaron Francisco González, en representación de Deputación, Guillermo Escrigas, director do CGAI, e Alberto Martí. A exposición permanecerá en Ourense ata o 11 de decembro. Con anterioridade estivo na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, A Pobra do Caramiñal e Ferrol.