PAXINA

----

Documentar a normalización

Desde o nacemento do CDSG, o noso obxectivo é participar na normalización do galego como centro de documentación aberto a calquera entidade ou persoa que solicite os nosos servizos, e exercer de foro de intercambio e difusión dos materiais xerados neste proceso.

Como Arquivo de Planificación Lingüística, compilamos a documentación relacionada coa planificación tanto do galego como doutras linguas minorizadas con situacións sociolingüísticas semellantes á nosa. Como Centro de Documentación Sociolingüística, a nosa vontade é que toda esa información volva reverter, unha vez tratada, nos diferentes axentes sociais implicados na normalización do noso idioma.

A colaboración dos usuarios como doadores de materiais permítenos incrementar a oferta destes fondos e mellorar, dun xeito constante, a súa calidade.