----

O membro do Plenario Xulio Ríos recibe Premio Casa Asia 2021

Xulio Ríos, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e da Comisión de Acción Exterior, recibiu este luns no Palau de Peralbes en Barcelona o premio Casa Asia 2021 polo seu traballo de difusión da realidade chinesa. A ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Arancha González Laya, fíxolle entrega do gravado conmemorativo. A súa candidatura foi promovida polo navarro Andrés Herrera.
O membro do Plenario Xulio Ríos recibe Premio Casa Asia 2021

Xulio Ríos (Moaña, 1957) foi premiado na categoría de “Cultura y Sociedad”, polo seu labor de divulgación da realidade chinesa ao longo da súa traxectoria profesional e como director do Observatorio de Política China e do IGADI. O xurado destacaou o seu papel desempeñado na construción dunha sinoloxía en español a través de proxectos como a “Red Iberoamericana de Sinología”, o “Simposio Electrónico Internacional sobre Política China” e a publicación Jiexi Zhongguo.

O acto de entrega contou coa presenza de numerosas personalidades e autoridades como Victòria Alsina, Ada Colau, Santiago Saura, Josep Piqué ou Joan Clos, entre outros. Na cita tamén participaron embaixadores e persoal diplomático español e chinés.