----

O Consello da Cultura Galega e o Instituto Cervantes promoven a presentación do libro de Ramón Villares sobre o exilio republicano

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto Cervantes organizaron este mércores en Madrid o coloquio de presentación do libro do historiador Ramón Villares, "Exilio republicano y pluralismo nacional: España, 1936-1982". O director do Instituto Cervantes, Luís García Montero, foi o encargo de presentar o coloquio entre o autor, Ramón Villares, e o tamén historiador José Álvarez Junco.



A sede do instituto Cervantes acolleu este xoves a presentación deste libro asinado polo recoñecido historiador galego que indaga na xenealoxía da organización política territorial da España actual a partir da experiencia republicana e do longo exilio que o seguiu trala derrota de 1939, converxendo ambos procesos na transición democrática. O libro presta atención ao desgarro do exilio, á oposición á ditadura franquista, á natureza da transición e á construción das autonomías.