----

O Consello da Cultura Galega recibe a visita do embaixador de Arxentina en España

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu hoxe ao embaixador de Arxentina en España, Ricardo Luis Alfonsín. É a primeira visita institucional do embaixador a Galicia tras tomar posesión do seu posto en setembro de 2020. No marco da xuntanza abordáronse posibles proxectos de colaboración entre as dúas entidades, como a consulta dos fondos consulares para afondar no coñecemento da emigración galega a Arxentina. Ademais, falaron da situación dos fondos documentais en Arxentina e concretaron os traballos de preparación da exposición sobre Luis Seoane. O embaixador asinou tamén no libro de honra da institución.

O Consello da Cultura Galega recibe a visita do embaixador de Arxentina en España

A reunión contou coa presenza da consulesa xeral da República Arxentina en Vigo, Silvina Isabel Montenegro e, por parte do Consello da Cultura Galega, da vogal da comisión executiva, María Xosé Porteiro; do xerente, Marcelino Fernández, e da responsable de acción exterior, Emilia García.