----

O CCG presenta un especial web sobre Florencio Delgado Gurriarán

Xa podes consultar en liña a selección documental que elaborou o Consello da Cultura Galega sobre Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. Neste especial web atoparás a súa entrada biográfica no Álbum de Galicia, un audio sonoro coa participación do autor no programa Poetas de Galicia (RNE, 1968) e unha escolma das súas composicións poéticas publicadas en diferentes revistas ou cabeceiras do exilio.