Florencio Delgado Gurriarán: Día das Letras Galegas 2022

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Neste especial, que arrinca hoxe, o Consello da Cultura Galega irá incorporando diferentes contidos co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado.

Unha biografía




Xosé Ramón Fandiño asina no Álbum de Galicia esta biografía de Florencio Delgado Gurriarán.

Consulta a biografía

O exilio mexicano



Menos coñecido que o seu homólogo en Bos Aires, México acolleu a unha gran cantidade de republicanos que desempeñaron un importante traballo cultural e político.

Cancioneiro da loita galega



O CCG dedica o seu tradicional volume conmemorativo co gallo do Día das Letras Galegas prestando atención á faceta de Florencio Delgado Gurriarán como activista cultural e editor literario. O Cancioneiro da loita galega foi unha publicación do Partido Galeguista editada en México en 1943 . Lembra os compañeiros represaliados durante o Alzamento militar e alenta a continuar na defensa do galeguismo.

Descargar o libro

A súa voz

En 1968, o programa radiofónico Poetas de Galicia de Radio Nacional de España dedicou un monográfico a Florencio Delgado Gurriarán, que inclúe unha breve entrevista ao autor. O autor repasa a súa poesía, a súa vida en América e escoitamos recitados por parte dos locutores e do propio poeta dalgunhas das súas composicións máis coñecidas. É un dos poucos rexistros sonoros coñecidos de Florencio Delgado Gurriarán.



Arquivo Sonoro de Galicia. Sinatura: ACRN00094_01 / Programa radiofónico: POETAS DE GALICIA / Entrevista a Florencio Delgado Gurriarán / Duración: 20:58 min. / Data: 1968 / Locución: Marina de la Peña, Lita Iglesias, Andrés Rey / Fondo: Radio Nacional de España


Activista cultural no exilio

Florencio Delgado Gurriarán foi un destacado membro do activismo cultural galego, comprometido politicamente, no exilio, e participou na fundación e redacción dalgunhas das súas más emblemáticas publicacións culturais, como Vieiros ou Saudade. De seguido, presentamos unha escolma de composicións poéticas do autor nestas revistas ou noutras cabeceiras do exilio, conservadas no Arquivo da Emigración Galega.

Ir a misa de doce

Florencio Delgado Gurriarán; Este poema, escrito en 1938, no medio da Guerra civil, no Galicia, a publicación semanal da Federación de Sociedades Gallegas en Bos Aires, trasládanos ao ambiente represivo da Guerra Civil.

Noiturnio da noiva jarocha. Son veracruzano

Florencio Delgado Gurriarán; Neste poema, publicado no primeiro número de Saudade (25 de xullo de 1942) observamos unha das características máis notables da poesía de Delgado Gurriarán: a fusión entre a lingua e literatura galegas e a cultura e os ambientes mexicanos.

Nova Galicia

Florencio Delgado Gurriarán; Conxunto de poemas agrupados baixo o epígrafe "Nova Galicia". no primeiro número da revista Vieros (1959). As diferentes pezas amósannos de forma fermosa esta literatura de a cabalo entre Europa e América, entre a cultura galega e a mexicana.

Barco bébedo

Florencio Delgado Gurriarán; Un longo poema no último número, o 4º, da revista Vieiros (1968), que no o autor parafrasea unha composición de Rimbaud.