O arquitecto Roger Badía Rafart proxectou unha montaxe para a mostra Afonso X e Galicia que combinaba prismas triangulares para amosar os obxectos, sillóns deseñados especificamente para contemplar as proxeccións simultáneas das Cantigas de Santa Maria, xunto con telas que pretendía mimetizan a atmosfera medieval, mística e astrolóxica que marcaba o relato expositivo deseñado polo comisario, o medievalista Antoni Rossell. A súa proposta ademais, estaba pensada para o espazo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se inaugurou a mostra en xaneiro de 2021, pero tamén para a súa itinerancia posterior.
Roger Badía formouse na UPC-ETSAB de Barcelona e no ZHAW Architektur en Winterthur, colaborou en varios despachos de arquitectura e desenvolveu diferentes proxectos efémeros. É un especializa en rehabilitación de patrimonio e deseño de instalacións lumínicas e performativas.
A proposta de Badía foi merecedora do Emporia selección nunha edición que o Emporia de Prata á mellor montaxe dunha exposición efémera transportable e itinerante foi para “MENJARS DE LA TERRA. Legado gastronómico que deseñou Cota Cero diseño y comunicación S.L.U. para Gasterra Universidade de Alacante e a Fundación. Mediterráneo. O Premio Emporia de Ouro recaeu na proposta que Conjuntos Empáticos fixo para La Casa Encendida en Madrid co título “Pasados-presentes para un contexto afectivo”.
A exposición
Coincidindo co 800 aniversario do seu nacemento, o Consello da Cultura Galega deseñou unha exposición que buscaba explorar na conexión con Galicia de Afonso X. Fíxoo a través das Cantigas de Santa Maria pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo. O músico, musicólogo e medievalista Antoni Rosell foi o comisario desta mostra, que non tiña interese patrimonialista e que se pode ver na Capela de Santa Maria en Lugo ata o 17 de abril.


