----

O Consello da Cultura Galega coorganiza a asemblea anual de AEDOM que se desenvolve ata mañá en Santiago

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu esta mañá a diferentes membros da Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM), que celebra entre hoxe e mañá en Santiago de Compostela a súa asemblea anual. O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) do CCG organiza, en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, este encontro de gran importancia para o patrimonio sonoro.
O Consello da Cultura Galega coorganiza a asemblea anual de AEDOM que se desenvolve ata mañá en Santiago

A presidenta Rosario Alvarez, o director e a coordinadora técnica do Arquivo Sonoro de Galicia, Xosé Ramón Pousa e Cristina Pujales; reuníronse esta maña con Jon Bagüés, do archivo vasco da música, ERESBIL; Teresa Delgado, presidenta de AEDOM e xefa de servizo de partituras da Biblioteca Nacional de España; Maria Jesús López Lorenzo, xefa de servizo de rexistros sonoros da Biblioteca Nacional de España. O encontro tivo lugar no marco da xornada que organiza o CCG, en colaboración co Consorcio de Santiago.

Esta tarde terá lugar as reunións de traballo das diferentes comisións. O Arquivo Sonoro de Galicia está integrado na Comisión de Documentación Musical na que participan as principais institucións arquivísticas españolas que preservan o patrimonio sonoro como son a Biblioteca Nacional o arquivo vasco da música (ERESBIL), o Centro de Documentación Muscial de Andalucía, Biblioteca de Catalunya, RNE, Archivo de la música y de las artes escénicas de Navarra, a Fundación March, o Instituto Valenciano de Cultura, así como profesores universitarios e profesionais especializados no eido sonoro. Nesta ocasión abordaranse proxetos e dixitalizacións en marcha, así como a proposta de novas vías de difusión do material sonoro que custodian estas entidades.

De xeito paralelo a esta, celébranse outras comisións de traballo todas relacionadas co mundo da documentación musical que fan referencia a arquivos de orquestras, iconografía, conservatorios…entre outros ámbitos.

O encontro de AEDOM remata mañá coa celebración da súa asemblea anual.