----

Nova entrega do proxecto Sextina

O proxecto Sextina, que inclúe rarezas e documentos pouco coñecidos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), inclúe unha nova entrega. Desta volta consiste nun folleto de seis páxinas, publicado con motivo da convocatoria das eleccións xerais do 28 de outubro de 1982. Nel, as organizacións asinantes recollen unha listaxe de esixencias relacionadas co traballo, a educación, os coidados, a saúde, a sexualidade e o lesbianismo, o divorcio, as agresións e o aborto.

Nel trata reivindicacións destinadas a erradicar as discriminacións das mulleres polo feito de selo, que deben ser asumidas polos partidos políticos da cor que for, máis alá das promesas preelectorais, e traducirse en prácticas específicas no exercicio de goberno.