O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle esta fin de semana dúas actividades coas que o CCG colabora coa MIT. A primeira delas terá lugar o venres 21 e consiste na presentación da “Memoria do teatro galego da transición”. Trátase dunha serie audiovisual de catro capítulos que busca afondar en fitos fundacionais do teatro profesional g, por medio de entrevistas a persoas que foron parte activa do movemento teatral independente galego. O período que se analiza abrangue desde mediados dos anos sesenta até finais dos oitenta do século XX, e nesta primeira fase do proxecto abórdase “O teatro independente (1965-1978)” e “A profesionalización. A Mostra de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980)”.
A través da memoria dos seus protagonistas e de documentos audiovisuais da época achegarémonos a un período fundamental para a construción da identidade social e cultural da Galicia contemporánea. Na presentación proxectaranse as versións preliminares das dúas primeiras pezas, que están en fase de elaboración.
Ambas as dúas están dirixidas por Tito Asorey, con axudantía de dirección de Sara Rey, fotografía de Jairo Iglesias e Pedro Tizón, montaxe de Jairo Iglesias e Tito Asorey. Nelas participaron Carlos Alonso, Eduardo Alonso, Rosa Álvarez, Manuel Amenedo, Xerome Calero, José Luis Chao, Manolo Coruxo, María Costas, Luísa Escudero, Manuel Guede, Luma Gómez, Xulio Lago, Miguel Llanderas, Manuel Lourenzo, Luísa Merelas, Francisco Oti, Gonzalo Rodríguez, Xosé Manuel Rabón, Mabel Rivera, Euloxio Ruibal, Antonio Simón, Gonzalo Uriarte, Cándido Pazó, Miguel Pernas, Doro Piñeiro, Laura Ponte, María X. Porteiro, Isolina Rionegro. As entrevistas Tito Asorey, Inma López Silva, Roberto Pascual, Melania Cruz, Vanesa Sotelo, Roi Vidal Ponte e Dolores Vilavedra.
O sábado, 22 de xullo, ás 19 horas, realizarase a mesa redonda titulada “Cincuenta aniversario da Mostra de Teatro Abrente e a súa importancia no nacemento do sistema teatral galego”. Estará moderado por Comba Campoi e participarán Rosa Álvarez, José Luis Chao, Luísa Escudero, Antonio Simón, Antonio Durán "Morris" e Francisco Oti. Este coloquio será gravado para incorporarse como material fílmico ao proxecto audiovisual.




