Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Juan Ramón Jiménez'
Amosando noticias 1 a 4 de 4

A vida do compositor Antonio Paz Valverde incorpórase ao Álbum de Galicia

Antonio Paz Valverde (O Porriño, 1937-2022) foi un destacado compositor e director de coros. É autor de máis de 158 pezas, entre música relixiosa e cancións que partían de poemas de autores como Manuel María, X. M.ª Álvarez Blázquez, Cunqueiro ou Pimentel. As súas composicións asentábanse na idea de crear unha música contemporánea cunha identidade galega manifestada basicamente na lingua. Fundou a Coral Polifónica do C.R.C. do Porriño e o Orfeón Porriñés, cuxas gravacións tiveron gran repercusión internacional. A biografía, elaborada polo músico Xosé Ramón Paz Antón, súmase ao Álbum de Galicia, colección de biobibliografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

O PROXECTO DA CASA-MUSEO DE CURROS ENRÍQUEZ EN CELANOVA ABRE DOUS DÍAS DE DEBATE SOBRE ESTES CENTROS

As "III Xornadas sobre as Casas-Museo. O Patrimonio Inmaterial" comezaron esta mañá no Consello da Cultura Galega (CCG) abordando a creación da Casa-Museo de Curros Enríquez en Celanova de man dun dos seus principais promotores, o académico Xosé Luis Méndez Ferrín. O escritor galego, ademais de explicar con entusiasmo este proxecto, destacou a necesidade de que a poboación sexa consciente "do tesouro" que supoñen as casas-museo de escritores como elemento de identificación e coñecemento das comunidades.

Ler máis

AS III XORNADAS SOBRE AS CASAS-MUSEO AFONDARÁN NO CARÁCTER DE FOCO CULTURAL DESTAS INSTITUCIÓNS

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este xoves e venres, no salón de actos da institución, as III XORNADAS SOBRE AS CASAS-MUSEO. O PATRIMONIO INMATERIAL. O obxectivo destas xornadas é, segundo o seu coordinador, Gonzalo Rey Lama, "evidenciar e analizar o carácter de foco cultural que teñen as casas-museo", institucións emprazadas en casas onde viviron personaxes destacados e que xestionan o seu legado.

Ler máis

RESPONSABLES DE CASAS - MUSEO DESTACAN Á NECESIDADE DESTAS INSTITUCIÓNS DE TRABALLAR PARA ACHEGARSE MÁIS Á SOCIEDADE

O coñecemento das actividades e experiencias que desenvolven algunhas das casas museo fóra de Galicia, fundamentalmente no ámbito pedagóxico e de achegamento á sociedade, centraron os relatorios da xornada de peche da segunda edición das Xornadas sobre Casas - Museo, organizadas polo Consello da Cultura Galega.

Ler máis