Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 3321 a 3340 de 3734

O CCG E A FUNDACIÓN CARLOS CASARES ASINAN UN CONVENIO PARA CATALOGAR OS FONDOS DO ESCRITOR

O presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz, e a presidenta da Fundación Carlos Casares, Kristina Berg, asinarán este venres, día 7 de outubro, un convenio para a catalogación dos fondos documentais do escritor, e anterior presidente do CCG, Carlos Casares. A sinatura do convenio terá lugar ás 12:00 horas na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º Andar. Santiago de Compostela).

Ler máis

ARQUITECTOS GALEGOS E CANARIOS PIDEN RESPECTO AO TERRITORIO E Á PAISAXE NO DESEÑO DAS OBRAS

As xornadas "A Arquitectura desde Canarias" continuaron esta mañá no Consello da Cultura Galega (CCG) chamando a atención sobre a necesidade de respectar o entorno e a natureza á hora de deseñar os proxectos e de construír, para evitar os "desastres" na paisaxe cometidos nas últimas décadas tanto en Canarias como no resto de España.

Ler máis

ARQUITECTOS CANARIOS E GALEGOS REIVINDICAN O VALOR DO LOCAL NA ARQUITECTURA DE REFERENZA

As xornadas "A Arquitectura desde Canarias" deron comezo esta mañá no Consello da Cultura Galega (CCG) reivindicando o protagonismo da identidade cultural local na actual arquitectura de referenza. Este encontro reúne a preto dunha trintena de arquitectos canarios e a medio centenar de profesionais e estudantes galegos para reflexionar sobre o feito arquitectónico e intercambiar experiencias e coñecementos entre as dúas comunidades.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA CELEBRA DESDE MAÑÁ AS XORNADAS "A ARQUITECTURA DESDE CANARIAS"

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este xoves, venres e sábado, días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro as xornadas "A Arquitectura desde Canarias". O encontro pretende ofrecer por primeira vez en Galicia un amplo retrato da arquitectura nesa Comunidade, polo que contará coa participación de máis dunha vintena de destacados arquitectos, críticos e investigadores canarios. O acto de inauguración terá lugar ás 10:00 horas coa participación do presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, e cos coordinadores do encontro, Iago Seara e Virgilio Guitiérrez.

Ler máis

UNHA VINTENA DE ARQUITECTOS CANARIOS ANALIZAN NO CONSELLO DA CULTURA O MELLOR DA SÚA OBRA

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará este xoves, venres e sábado, días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro as xornadas "A Arquitectura desde Canarias". O encontro pretende ofrecer por primeira vez en Galicia unha visión ampla e desde diferentes perspectivas da arquitectura nesa Comunidade, polo que contará coa participación de máis dunha vintena de destacados arquitectos, críticos e investigadores canarios.

Ler máis

GALICIA E CANARIAS ESTREITAN OS SEUS LAZOS CULTURAIS A TRAVÉS DA MELLOR ARQUITECTURA

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará os vindeiros días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro as xornadas "A Arquitectura desde Canarias". O encontro pretende ofrecer por primeira vez en Galicia unha visión ampla e desde diferentes perspectivas da arquitectura nesa Comunidade, polo que contará coa participación de máis dunha vintena de destacados arquitectos, críticos e investigadores canarios.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA RECUPERA NUNHA PUBLICACIÓN A HISTORIA DA PESCA NO CANTÁBRICO

O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta esta tarde, ás 19:00 horas, no Museo Massó de Bueu a edición facsímile dunha das obras de referencia na historia pesqueira: "Los pescadores del Norte y Noroeste de España", do investigador Benigno Rodríguez Santamaría. No acto de presentación está previsto que participen o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, a alcaldesa de Bueu, María Elena Estévez, e o profesor Francisco Calo Lourido, autor do estudo que prologa a publicación.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA O MÉRCORES A OBRA "LOS PESCADORES DEL NORTE Y NOROESTE DE ESPAÑA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará este mércores, día 7, a edición facsimilar da obra de Benigno Rodríguez "Los pescadores del Norte y Noroeste de España". No acto de presentación participarán o presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, a alcaldesa de Bueu, María Elena Estévez, e o profesor Francisco

Ler máis

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ E JOSÉ LUÍS LOSA EXPLICAN NO CONSELLO DA CULTURA AS CLAVES DA CRÍTICA DE CINE

Os críticos Miguel Anxo Fernández e José Luís Losa expoñerán este venres no Consello da Cultura Galega (CCG) as claves da crítica cinematográfica no ámbito galego. Coa súa intervención pecharase o Obradoiro de Crítica Cinematográfica que desde este mércores celebra a Sección de Artes Plásticas do CCG en Santiago de Compostela e no que participan unha vintena de profesionais baixo a coordinación do crítico de El País Casimiro Torreiro.

Ler máis

CASIMIRO TORREIRO IMPARTE UN TALLER DE CRÍTICA CINEMATOGRÁFICA NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A Sección de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará este mércores, xoves e venres, días 20, 21 e 22 de xullo, un obradoiro de crítica cinematográfica. O taller pretende ser un achegamento teórico e práctico a este xénero de man dun dos seus profesionais máis destacados en España, o crítico do xornal El País e profesor de Comunicación Audiovisual da Universitat Autónoma de Barcelona Casimiro Torreiro.

Ler máis

O PAPEL DA EMIGRACIÓN NO PASADO E NO FUTURO DE GALICIA, TEMA DE DEBATE DAS XORNADAS "MAR POR MEDIO"

O Concello lucense de Ribadeo e o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega celebrarán desde este martes, día 19 de xullo, e ata o vindeiro venres, día 22, a XIII edición das xornadas "Mar por medio" baixo o título "A parroquia de acolá". O encontro contará coa participación de destacados investigadores e profesionais que abordarán a historia da emigración galega e o papel que xoga hoxe e pode xogar no futuro de Galicia.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA TRADUCE AO GALEGO AS LICENZAS CREATIVE COMMONS

A partir de hoxe, calquera internauta dispón en lingua galega da ferramenta máis estendida no mundo para a cesión de dereitos de autor. O Consello da Cultura Galega (CCG) realizou a versión no noso idioma das licenzas Creative Commons, adaptadas ao ámbito xurídico español. Estas licenzas permiten aos creadores dispor dun marco flexible de cesión de dereitos de autor en calquera soporte. A versión en galego incrementa as posibilidades de uso da nosa lingua na rede e facilita a diversidade da creación cultural dentro dun movemento de carácter mundial.

Ler máis

UNHA VINTENA DE ARQUITECTOS REFLEXIONAN NO CCG SOBRE A CRÍTICA DA ARQUITECTURA NOS MEDIOS

O Obradoiro de Crítica de Arquitectura Contemporánea que celebra desde este mércores e ata o venres a Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega continúa esta tarde en Santiago coa intervención de Llàtzer Moix, director da Sección de Cultura do xornal "La Vanguardia". O xornalista catalán falará a partir das 16:30 sobre a divulgación da arquitectura nos medios de comunicación, tendo en conta a súa experiencia profesional nun dos xornais de referenza en España.

Ler máis

MAURICI PLA OFRECE NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA UNHA VISIÓN CRÍTICA DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

Maurici Pla, profesor de Teoría e Historia de la Arquitectura da Universidade Politécnica de Cataluña, é o encargado de inaugurar esta tarde, ás 16:30, o Obradoiro de Crítica de Arquitectura Contemporánea que ata este venres celebra o Consello da Cultura Galega (CCG). Pla ofrecerá unha visión global da arquitectura contemporánea, perfilando as súas características máis salientables, as obras máis significativas e os creadores máis recoñecidos.

Ler máis

O CCG E O MUSEO DO MAR LEMBRAN A FAZAÑA DO PRIMEIRO BARCO ESPAÑOL DE INVESTIGACIÓN PESQUEIRA

O Consello da Cultura Galega e o Museo do Mar de Galicia presentaron esta mañá en Vigo unha obra que lembra a fazaña dos primeiros barcos de investigación pesqueira que existiron en España. Trátase da edición facsímile das dúas institucións da obra "Instruccion sucinta provisional, que deberan observar las embarcaciones destinadas al descubrimiento de nuevos comederos, placeres, ó bancos de pesca de altura en los mares de los dominios del Rey".

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA CELEBRA UN OBRADOIRO DE CRÍTICA DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará este mércores, xoves e venres, días 6, 7 e 8 de xullo, un obradoiro sobre crítica de arquitectura contemporánea. Este taller, coordinado por Maurici Pla, abordará a posibilidade de crear unha crítica da arquitectura contemporánea que reconsidere os métodos e os instrumentos empregados na súa realización, que esclareza as relacións entre a arquitectura e a sociedade na que xorde, e que inscriba os acontecementos contemporáneos no marco dun progreso máis xeral da historia da arquitectura.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA ESTE MARTES EN VIGO A OBRA "INSTRUCCIÓN SUCINTA PROVISIONAL"

O presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz, e o presidente da Fundación Museo do Mar de Galicia, Francisco López Peña, presentarán mañá martes, día 5, ás 12:00 horas, o libro "INSTRUCCION SUCINTA PROVISIONAL, QUE DEBERAN OBSERVAR LAS EMBARCACIONES DESTINADAS AL DESCUBRIMIENTO DE NUEVOS COMEDEROS, PLACERES, Ó BANCOS DE PESCA DE ALTURA EN LOS MARES DE LOS DOMINIOS DEL REY".

Ler máis

INVESTIGADORES E XORNALISTAS RECLAMAN A RECUPERACIÓN DA HISTORIA DA COMUNICACIÓN EN GALICIA

Os investigadores e xornalistas que participan este xoves e venres nas xornadas "A Comunicación no seu tempo", no Consello da Cultura Galega, abordaron esta mañá as perspectivas de futuro e as iniciativas necesarias para avanzar na recuperación da historia da comunicación en Galicia. Estas xornadas, organizadas pola Sección de Comunicación do CCG, reúnen a destacados investigadores, como Armand Balsebre, Timoteo Álvarez e Javier Díaz Noci, para afondar nos piares da historia do xornalismo.

Ler máis

O CATEDRÁTICO MIGUEL DE AGUILERA ALERTA SOBRE O DESPRESTIXIO DA COMUNICACIÓN DE MASAS

O encontro "A Comunicación no seu tempo" comezou esta mañá no Consello da Cultura Galega analizando o desprestixio que rodea á comunicación de masas e aos seus produtos a pesares de ser os máis consumidos. Estas xornadas, que se celebran este xoves e venres en Santiago de Compostela, reúnen a destacados investigadores, como Armand Balsebre, Timoteo Álvarez e Javier Díaz Noci, para afondar nos piares da historia do Xornalismo.

Ler máis

XORNALISTAS E INVESTIGADORES ANALIZAN DESDE MAÑÁ A HISTORIA DO XORNALISMO NO CONSELLO DA CULTURA

A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG), celebrará este xoves e venres, días 30 de xuño e 1 de xullo, o encontro "A Comunicación no seu tempo". As xornadas afondarán nos piares da historia da noso xornalismo coa participación dalgúns dos investigadores da comunicación e da cultura que máis traballaron nos últimos anos en España sobre a historia dos soportes comunicativos. A inauguración do encontro terá lugar ás 10:00, contando coa presenza do presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, e do coordinador da Sección organizadora, Xosé López. Miguel de Aguilera Moyano será o encargado de iniciar as sesións cunha análise dos mitos da comunicación e a cultura e o establecemento dos marcos teóricos para o seu estudo.

Ler máis