O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, e a Fundación 10 de Marzo uniron esforzos para a edición do monográfico Migracións da revista Dez.eme, unha publicación de historia e ciencia sociais que edita a Fundación 10 de Marzo. Agora chega o momento de presentar o froito desta colaboración nun acto que terá lugar no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega mañá, xoves 21 de febreiro, ás 19,00h. O evento contará coa presencia, por parte do Arquivo da Emigración Galega, do profesor Xosé Manuel Núñez Seixas, e do membro do consello de redacción da publicación, Ramón López Facal, así como dalgúns dos autores que participan na edición deste número como Víctor F. Freixanes e José Babiano, director do Arquivo de Historia do Traballo.
Ler máis