Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 381 a 400 de 3734

Preestréase en Lugo e Tui o documental Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición

O Consello da Cultura Galega (CCG) preestrea este sábado, 14 de setembro, o seu novo proxecto audiovisual Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición. O documental achégase ao rexurdir que tivo este instrumento nas décadas dos 70 e 80. Foi realizado pola aCentral Folque e a produtora audiovisual Aqueladas con dirección de Ramon Pinheiro. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, asiste ás 18:30 horas, á presentación que ten lugar en Lugo, no marco do Festival Celme da Zanfona xunto con produtor Mauro Sanín, e os protagonistas Xosé L. Rivas Cruz "Mini" e Luciano Pérez. Un pouco antes, ás 18:00 horas, o documental tamén se preestrea en Tui, no marco do Encontro profesional de música Galiza_Portugal MUMI I Musicas no Minho, coa participación do director, Ramón Pinheiro, o luthier Antón Corral, e a coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Audiovisuais e Musicais do CCG, Cristina Domínguez.

Ler máis

O sector cultural conversa con Judit Carrera, politóloga, xestora e directora do CCB

Judit Carrera Escudé (Barcelona, 1974) dirixe desde 2018 o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB). É politóloga de formación e ten unha ampla carreira como xestora e promotora cultural no ámbito da cultura e das relacións internacionais. Estivo na tarde deste mércores no Consello da Cultura Galega (CCG), nun encontro dirixido a profesionais da xestión cultural, do sector audiovisual, das artes escénicas, responsables de museos e de centros de arte, entre outros axentes culturais. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, estivo presente nesta cita coordinada por Paula Cabaleiro, membro do Pleno da institución.

Ler máis

Anuncio do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público

Anuncio do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público

Oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal

Ler máis

Lectura conmemorativa no Día Mundial para a prevención do suicidio

O Consello da Cultura Galega (CCG) colaborou coa consellería de Sanidade no marco da actividade organzada co gallo do Día Mundial para a prevención do suicidio. No marco desta actividade tivo lugar unha lectura contemorativa a cargo da escritora Rosa Aneiros.

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora a biografía do compositor José Torres Creo

A José Torres Creo (Pontecesures, 1874 – Vigo, 1939) debémoslle a composición de O sol da primaveira (tamén coñecida como Alborada), Mozos e mozas, San Campio e O Neno Xesús, presentes nos repertorios de múltiples orfeóns e corais, ademáis de formar parte do catálogo clásico da música coral galega. A súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), é da autoría de Pablo Abreu Fernández.

Ler máis

Visita do alumnado do instituto arxentino galego Santiago Apóstol

O vicepresidente, Xosé M. Núñez Seixas recibiu esta mañá a un grupo de alumnos de quinto de secundaria do instituto arxentino galego “Santiago Apóstol”, que realiza anualmente unha viaxe de estudos por Galicia. Acompañados polas docentes Macarena Fuentes e Gabriela Rilla, coñeceron a institución, viron a variedade de recursos que poden atopar nas nosas webs e recibiron un pequeno agasallo (o catálogo da exposición “Materiais Seoane” , o volume “Fardel de Eisilado” da Colección Clásicos da Emigarción que contén a reprodución facsimilar do texto e un estudo introdutorio de Gregorio Ferreiro Fente, entre outros materiais). Nese intercambio cultural, o alumnado deixou para o CCG un gravado da artista arxentina Mariana Hoffman (Tandil, 1965).

Ler máis

Aberta en Guitiriz unha nova itinerancia da mostra O soño cubano da emigración galega

A Casa Habaneira acolleu esta mañá a inauguración da mostra O soño cubano da emigración galega, unha proposta do Consello da Cultura Galega (CCG), coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, que ilustra a fortaleza, a continuidade e a visibilidade da presenza galega na Habana. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destacaron na inauguración a pegada da emigración nesta localidade lucense que se plasma no espazo no que pode ver a exposición ata o vindeiro 30 de setembro.

Ler máis

O informe multidisciplinar apunta que a execución do proxecto Gama produciría unha fractura no territorio

“Á luz dos estudos realizados no marco deste informe considera que a instalación do proxecto Gama produciría unha grave fractura no territorio, no que introduce un elevado grao de incerteza sobre a evolución futura e a viabilidade da recomposición do contexto social e territorial”. Esta é unha das conclusións do Informe sobre o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas elaborado por unha decena de expertos de diferentes ámbitos reunidos polo Consello da Cultura Galega (CCG) sobre a instalación que a empresa portuguesa Greenfiber (Altri) quere implantar en Palas de Rei (Lugo). A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a coordinadora da Comisión técnica temporal creada para a súa elaboración, Teresa Nieto; e máis o coordinador técnico do informe, Eduardo Corbelle, presentaron este documento de carácter multidisciplinar, elaborado coa pretensión de achegar información documentada para a toma de posición e decisións sobre o proxecto. O informe, que foi remitido á Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, xa está dispoñible para descarga desde o web da institución.

Ler máis

O Álbum de Galicia actualiza a entrada da escritora, xornalista e crítica Concha Castroviejo

Concha Castroviejo (Santiago de Compostela, 1910-Madrid, 1995)foi unha crítica e escritora de moi singular dicir, acusada independencia e forte personalidade. A súa entrada no Álbum de Galicia, coleccion de bio-bibliografías do Consello da Cultura Galega(CCG), elaborada por Nanina Santos, acaba de ser actualizada para incorporar novas investigacions realizadas sobre a súa figura e o seu legado literario.

Ler máis

O especial Proxector regresa cunha escolma de vídeos didácticos sobre enfermidades cardiovasculares

Proxector, iniciativa de divulgación científica na nosa lingua que desenvolve o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), súmase ao Día Mundial do Corazón, que se celebra o 29 de setembro, co especial “Escoita o corazón”. Os doce recursos que escolma cada entrega deste proxecto dan voz nesta ocasión a especialistas en cardioloxía, dermatoloxía, intelixencia artificial e fisioterapia para achegar información sobre as características, problemas e formas de protexer o corazón.

Ler máis

A institución expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Santiago Rey Fernández-Latorre

O Consello da Cultura Galega (CCG) lamenta o pasamento do presidente e editor de La Voz de Galicia, figura determinante na prensa galega. Santiago Rey Fernández-Latorre (A Coruña, 1938-2024) era o sétimo presidente de La Voz de Galicia, xornal fundado polo seu avó, Juan Fernández Latorre, en 1882.

Ler máis

RESOLUCIÓN PROVISIONAL para a adxudicación de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación no CCG

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2024 (PR970B)

Ler máis

O CCG publica unha biografía de Benito Vicetto no Álbum de Galicia

A coincidir co segundo centenario do seu nacemento, o Consello da Cultura Galega publicou no Álbum de Galicia unha biografía do xornalista, funcionario e literato Benito Vicetto (Ferrol, 1824-1878), elaborada polo filólogo e investigador Xurxo Martínez González. Vicetto ocupou "un posto central na literatura feita en Galicia no século XIX" pero sobre todo é un dos precursores do rexionalismo e da vindicación da historia e da identidade galegas a mediados dese século.

Ler máis

RELACIÓN DEFINITIVA de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación no CCG

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2024 (PR970B)

Ler máis

Anuncio do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público

Oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal

Ler máis

O CCG celebra o Día Nacional de Galicia coa difusión da obra Terra, cantata para solista, coro e orquestra, estrea de Juan Durán

O 24 de novembro de 2023 o Consello da Cultura Galega celebrou o seu 40º aniversario no Palacio da Ópera da Coruña. Velaí estreouse a peza Terra, cantata para solista, coro e orquestra, do compositor Juan Durán con textos de Ramón Cabanillas. Con motivo do Día Nacional de Galicia, o Consello da Cultura Galega publicou no seu web a gravación do concerto e o folleto adxunto, en libre descarga.

Ler máis

RESOLUCIÓN pola que se nomean os membros da comisión de valoración no proceso de selección de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación do CCG

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2024 (PR970B)

Ler máis

Un novo itinerario a través do Fondo Miguel Gutiérrez fai visible os primeiros 25 de xullos da Transición

O Fondo Miguel Gutiérrez de propaganda política, catalogado e documentado polo grupo de investigación HISPONA da USC no sistema documental do Consello da Cultura Galega, ten na rede un novo itinerario a través dos seus fondos. Denomínase 'Aqueles 25 de xullo' e escolma panfletos e carteis que nos permiten coñecer como se concibiron os primeiros 25 de xullos trala morte de Franco. O papel dos distintos partidos políticos, a ritualidade dese día e os importantes matices entre os grupos de esquerda e nacionalistas que fan ver, sobre todo, as diferentes posturas en relación ao nacionalismo e os cambios sociais.

Ler máis

O CCG publica a documentación da sección arxentina da Organización Republicana Gallega Autónoma (O.R.G.A.)

En 1929, trala fin a ditadura de Primo de Rivera, fúndase na Coruña a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), unha entidade que vai ter un destacado papel na política da Segunda República. En 1930, un grupo de galeguistas residentes na Arxentina decidiron crear unha sección desta organización no país americano "para darlle difusión e apoio económico". O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega dixitalizou e puxo a disposición pública a documentación administrativa desta entidade dentro do seu programa Memoria documental das sociedades da emigración galega.

Ler máis

A historia do coralismo galego na nova entrega de Caligrafías musicais

Cada dous meses, o proxecto Caligrafías musicais recupera unha conferencia dun experto ao redor dun tema musical galego. Desta volta, unha charla do recoñecido musicólogo José López-Calo sobre as orixes do coralismo.

Ler máis