A Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro de Arte Fundación María José Jove (FMJJ) organizan o vindeiro mércores, 8 de abril (sede da FMJJ, A Coruña, a partir das 11:00 horas) unha xornada para coñecer a situación do ámbito da danza e das artes performativas en Galicia. A sesión, na que se presentará un informe sobre iniciativas independentes neste eido, servirá de encontro entre responsables institucionais, profesionais da xestión cultural e persoas impulsoras de proxectos independentes co obxectivo de compartir coñecemento e abrir un espazo de diálogo arredor do ecosistema actual da creación contemporánea en Galicia.
Ler máis
Amosando noticias 1 a 20 de 3759


