A elección da persoa chamada a substituír a Carlos Casares a fronte da presidencia do Consello da Cultura Galega está previsto que teña lugar mañá, mércores 17 de abril de 2002, a partir das 18,30 horas, a través dun pleno extraordinario que foi convocado a estes efectos. A esta reunión de carácter extraordinario asistirán os membros do plenario para proceder a designar ó presidente, un nomeamento que non será oficial ata que así quede refrendado coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Ler máis
Amosando noticias 3661 a 3680 de 3745


