Tui tivo un papel relevante na historia da navegación marítima. Concentraba o poder civil e eclesiástico deste territorio fronteirizo que tivo en Baiona un dos seus portos importantes. Ademais, foi o lugar de orixe dalgunhas figuras destacadas como Sebastián de Ocampo, que descubriu que Cuba era unha illa. Esta é unha parte do relato que se pode ver en “Inventio Mundi”, a mostra organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e pola Secretaría Xeral de Emigración. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, participarán este xoves (19:00 horas) xunto co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na inauguración desta mostra que se poderá visitar no Centro de Exposicións do concello ata o 9 de xuño.
Ler máis
Amosando noticias 1321 a 1340 de 3705


