Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2241 a 2260 de 3743

Presenza maioritaria das mulleres nas ensinanzas culturais de Galicia

Presenza maioritaria das mulleres nas ensinanzas culturais de Galicia

O Observatorio da Cultura Galega presenta hoxe un novo documento de traballo: “As ensinanzas do ámbito cultural en Galicia”. No informe recóllese que en Galicia existen 188 centros que imparten ensinanzas artísticas, que medra o número de alumnos de Arte Dramática e Conservación e Restauración, así como na modalidade de Artes do Bacharelato, e que o alumnado está formado maioritariamente por Mulleres.

Ler máis

O CCG lembrará a figura de Carlos Casares como intelectual comprometido coa sociedade

O CCG lembrará a figura de Carlos Casares como intelectual comprometido coa sociedade

Carlos Casares foi o terceiro presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002), e unha figura comprometida coa potencialidade da cultura e da lingua galegas para construír unha Galicia mellor. É por iso que, co gallo do Día das Letras Galegas 2017, o CCG vai prestar unha atención importante á dimensión de Carlos Casares como intelectual público a través dunha programación de actos que se prolongará ao longo do ano 2017.

Ler máis

Cristina Bordas e Oli Xiráldez abordarán no Consello da Cultura Galega o estado da restauración de instrumentos históricos

A musicóloga, investigadora e profesora titular da UCM, Cristina Bordas e o artesán e restaurador de instrumentos antigos de vento, Oli Xiráldez, participarán na xornada Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia, que terá lugar o día 15 de febreiro ás 16:30 horas no Consello da Cultura Galega. Ambos especialistas analizarán o estado e os criterios actuais de preservación do noso patrimonio musical, un patrimonio de gran valor que cómpre transmitir a futuras xeracións como testemuño material da propia historia.

Ler máis

Antonio Izquierdo analizará a política inmigratoria española no novo escenario

Antonio Izquierdo analizará a política inmigratoria española no novo escenario

O xoves 9 de febreiro terá lugar ás 17:00 horas no Consello da Cultura Galega unha nova sesión do ciclo Europa Fortaleza cunha conferencia sobre a política inmigratoria española a cargo do catedrático de socioloxía da UDC, Antonio Izquierdo. No seu relatorio achegará unha visión diacrónica da política inmigratoria das últimas tres décadas e proporá catro claves para o futuro: a selección de fluxos, a recuperación dos desempregados, o equilibrio na naturalización e a equidade na formación dos menores inmigrantes.

Ler máis

O CCG apoia a denominación “Rosalía de Castro” para o aeroporto de Santiago de Compostela

O CCG apoia a denominación “Rosalía de Castro” para o aeroporto de Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega apoiou, a través da súa Comisión Executiva, a Declaración Institucional do Concello de Santiago de Compostela instando ao Goberno Central o cambio na denominación do aeroporto da cidade, que pasar a chamarse: Aeroporto Rosalía de Castro – Santiago de Compostela – Lavacolla.

Ler máis

Galicia 100 relata en Vigo a cultura de Galicia a través de 100 obxectos da súa historia

Galicia 100 relata en Vigo a cultura de Galicia a través de 100 obxectos da súa historia

O Consello da Cultura Galega inaugura o martes 24 de xaneiro ás 20 horas en Vigo a exposición “Galicia 100 Obxectos para contar unha cultura”, en colaboración con Afundación. A mostra, que recolle cen obxectos que percorren a cultura galega desde a Prehistoria ata os anos 90 do século XX, poderase ver na sala de exposicións do Teatro Afundación ata o 25 de marzo. A mostra chega a Vigo despois de itinerar por Santiago de Compostela e A Coruña.

Ler máis

O CCG presenta as actividades para o ano 2017

O CCG presenta as actividades para o ano 2017

O Consello da Cultura Galega celebrou onte o seu primeiro pleno anual, coa asistencia do presidente de honra da institución, Alberto Núñez Feijóo. O Presidente do CCG, Ramón Villares, fixo un balance da actividade do ano 2016 e presentou as principais liñas e actividades para 2017. Entre os fitos destacados do vindeiro ano serán as actividades vinculadas a Carlos Casares, ás Irmandades da Fala ou un encontro cultural Galicia-Bretaña.

Ler máis

Unha lectura poética de Manuel María para despedir o ano 2016

Unha lectura poética de Manuel María para despedir o ano 2016

Remata 2016 e con el o ano en que dedicamos o Día das Letras Galegas a Manuel María. Por iso queremos despedir o ano coa voz do autor chairego a nos ler algúns dos seus poemas máis coñecidos.

Ler máis

O consumo cultural recupérase en Galicia por primeira vez desde 2008

O consumo cultural recupérase en Galicia por primeira vez desde 2008

Máis investimento familiar en publicacións periódicas, Internet e servizos culturais e espectáculos fan que Galicia sexa a comunidade autónoma con maior crecemento en consumo cultural do Estado, con 635 millóns de euros en 2015 e un 15,9% de suba con respecto ao ano anterior, segundo recolle un informe do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O presidente do Consello da Cultura Galega destaca a acción exterior como obxectivo en 2017

O presidente do Consello da Cultura Galega destaca a acción exterior como obxectivo en 2017

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, deu conta esta mañá das accións e orzamento do CCG para 2017 no Parlamento de Galicia. O Presidente do CCG afirmou que a institución viu incrementado o seu orzamento un 2,35% e que o principal foco da estratexia do CCG será o incremento da acción exterior e a visibilidade internacional, xunto coa difusión da figura de Carlos Casares.

Ler máis

Mapa de equipamentos culturais

Mapa de equipamentos culturais

Unha aplicación web que permite buscas por equipamento, localización e servizos en Galicia

Ler máis

Instrumentos musicais tradicionais

Instrumentos musicais tradicionais

Os Os instrumentos musicais na tradición galega en versión interactiva e multimedia

Ler máis

Que é o Consello da Cultura Galega

Ler máis

O CCG colabora na celebración do Any Llull en Santiago de Compostela

O CCG colabora na celebración do Any Llull en Santiago de Compostela

O Consello da Cultura colabora na conmemoración do Any Llull en Santiago de Compostela cunha xornada de análise e debate sobre a figura do escritor e pensador catalán Ramon Llull, organizada pola Area de Filoloxía de Catalá (Departamento de Filoloxía Galega) da USC. Esta actividade, que se enmarca tamén nas liñas de colaboración co Institut Ramon Llull, forma parte dun amplo programa de actos enmarcados no Any Llull (2015-2016), que conmemora o 700 aniversario da morte do creador do Llibre d’amic e amat.

Ler máis

Os micromedios collen pulo na Internet galega

Os micromedios collen pulo na Internet galega

O 97,5% dos mozos e mozas galegos de entre 16 e 24 anos acceden habitualmente a Internet e, na súa práctica totalidade, empregan a rede para, entre outras variables, “ler ou descargar noticias de xornais e revistas”. Entre toda a oferta dispoñible en Internet poden informarse a través de novos micromedios: cabeceiras mantidas por usuarios ou pequenos grupos de particulares con dinámicas propias dun medio de comunicación. Así o recolle o informe A comunicación en Galicia 2015 que vén de se facer público e serve de marco para a xornada Panorama de iniciativas culturais galegas na rede que hoxe, martes 8 de novembro, se desenvolve no Consello da Cultura Galega. Nela, profesionais de medios como Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Campo Galego, Teo Vivo, Que pasa na costa, Palabra Comum, A sega ou Gz Música achegan as súas experiencias para coñecer o estado actual das publicacións culturais galegas na rede.

Ler máis

O CCG ingresa como Observador Consultivo na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa

O Consello da Cultura Galega foi admitido esta mañá do 1 de novembro na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade, en calidade de Observador cConsultivo. Culmina así un dilatado proceso de tramitación iniciado en 2010 para “facer máis visible a lingua e cultura galegas no exterior”, en palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. O CCG é a primeira institución galega en formar parte da CPLP.

Ler máis

Ingreso na CPLP

O Consello da Cultura Galega foi admitido esta mañá do 1 de novembro na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade, en calidade de Observador cConsultivo. Culmina así un dilatado proceso de tramitación iniciado en 2010 para “facer máis visible a lingua e cultura galegas no exterior”, en palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. O CCG é a primeira institución galega en formar parte da CPLP.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura Galega ofrece opinións encontradas sobre o noso fuso horario

Unha xornada do Consello da Cultura Galega ofrece opinións encontradas sobre o noso fuso horario

Na inauguración da xornada É o noso fuso horario un problema? o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, sinalaba que a cuestión do fuso horario e dos usos sociais provoca reiteradamente un gran debate na sociedade polo que cómpre “trasladar á opinión pública argumentos que, ademais, deben ser tidos en conta polos poderes públicos” co fin de analizar o tema con racionalidade e sen polémicas. Ao longo da xornada catro expertos con opinións encontradas deitaron argumentos a favor e en contra de posibles cambios no fuso horario.

Ler máis

A edición de libros en Galicia cae un 24,6 por cento nos últimos cinco anos

En 2015 editáronse en Galicia un total de 2266 libros, segundo os datos do ISBN, 338 libros menos que en 2014, amosando unha caída no último quinquenio dun 24,6%, a diferencia do caso español, no que o número de títulos aumentou. Estes son algúns dos datos que se poden extraer o informe O libro e a edición en Galicia (2016) que difunde hoxe o Observatorio da Cultura Galega do CCG.

Pode descargar o informe aquí

Ler máis

A lingua e a cultura galega deben ocupar un lugar prioritario nas empresas galegas

A lingua e a cultura galega deben ocupar un lugar prioritario nas empresas galegas

Os expertos da xornada A responsabilidade social corporativa en galego coincidiron en sinalar a creación dun relato propio, único e veraz e o establecemento dun diálogo cos usuarios como algunhas claves para unha boa RSC. O compromiso coa comunidade en que a empresa desenvolve a súa actividade ecónomica e a repercusión dos seus beneficios nesa sociedade son cruciais e, nese sentido, a lingua e a cultura galega deben ocupar un lugar prioritario nas empresas galegas.

Ler máis