Ten máis de 500 obras catalogadas, con abundante música sinfónica, de cámara, coral ou para piano, Estudiou no Real Conservatorio de Música de Madrid. En 1962 trasládase a Suíza, onde reside sete anos. De volta a España é nomeado director da Banda-Orquestra Municipal de A Coruña, cargo exercido durante 23 años. Fundador da Orquestra do C...
Ten máis de 500 obras catalogadas, con abundante música sinfónica, de cámara, coral ou para piano,
Estudiou no Real Conservatorio de Música de Madrid. En 1962 trasládase a Suíza, onde reside sete anos. De volta a España é nomeado director da Banda-Orquestra Municipal de A Coruña, cargo exercido durante 23 años. Fundador da Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e da Orquestra de Cámara Municipal, tamén foi director e profesor do Conservatorio coruñés durante 20 anos.
Dende 1990 adícase só á creatividad musical. Foi recoñecido co Premio Internacional Dante Luini (1973), Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), Medalla Castelao (1995), Premio Internacional Auditorio de Galicia (2004), ou o nomeamento como Fillo Predilecto de Ponteareas. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da Real Academia de San Fernando, de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Dende 2002 preside a Fundación Rogelio Groba. Como compositor supera os 600 títulos no seu catálogo, no que podemos atopar obras de todos os xéneros e estilos.A Gran Cantata Xacobea está integrada por un total de 21 cantos, dos que Vinde a Compostela é o primeiro deles. Antes de adentrarnos na viaxe que supón a peregrinación, esta breve introdución é un convite a que xentes de todo o mundo realicen a peregrinaxe e a visitar a Cidade do Apóstolo. É un canto reiterativo no que o chamamento (“Vinde / tódalas xentes / vinde / de tódolos lugares, / vinde / falando tódalas linguas...”) se repite insistentemente e cada vez con máis forza.
Musicalmente, é un canto vigoroso que comeza con forza xa dende o primeiro compás, entrando inmediatamente o coro co seu convite. É un canto maxestuoso como a propia cidade, e tamén profundo e solemne, como debe ser a propia peregrinación.
O tema empregado para este primeiro canto exercerá de leit-motiv ao longo do resto da cantata, ao repetirse en diversas ocasións con distintos motivos, para darlle unidade ao conxunto.
Esta obra foi un encargo da Xunta de Galicia co gallo do Ano Xacobeo 1993. Estreada o 24 de xullo de 1993 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), pola Orquesta Sinfónica de Galicia, acompañada polo London Voices Chorus e baixo a dirección de Rogelio Groba.
Máis información:
Fundación Rogelio Groba