Xesús Carro García

----

Xesús Carro García

1884 Santiago de Compostela (A Coruña) | 1973 Santiago de Compostela (A Coruña)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xesús Carro García

1884- Santiago de Compostela (A Coruña) | 1973 Santiago de Compostela (A Coruña)
Arqueólogo e sacerdote, destacou como pioneiro nos estudos xacobeosNaceu na praza do Toural de Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884, fillo do almacenista Tomás Carro Carro e irmán do médico Santiago Carro García. En 1896 ingresou na Universidade Pontificia Compostelá, recibiu as ordes menores en xuño de 1908, foi nomeado diácono en decembro dese mesmo ano e presbítero en xuño de 1909. En xuño de 1913 nomeárono coadxuntor da parroquia de San Tomé de Ames, e en agosto de 1915 destinárono á colexiata de Santa María de Sar. Despois estivo como presbítero da igrexa de San Froitoso e da de Santa Susana. En 1923 asistiu como padriño de altar á primeira misa de Paulino Pedret Casado. Estudou Dereito Canónico con Leopoldo Eijo Garay.

No ano 1909 recibiu un premio do seminario de Sevilla polo relato «Un paseo en la playa (diálogo entre un seminarista y un lector de la mala prensa»). Colaborou coa Sociedade de Amigos do País, e en 1916 foi nomeado secretario da primeira xunta para a creación dunha sección de estudos de historia e arqueoloxía galega. Afeccionárase a estas materias nos seus tempos de seminarista, da man de Eladio Oviedo Arce. En 1923 deu unha conferencia no Circo de Artesanos sobre a ourivería romana en Galicia e mais sobre o tesouro do castro de Recouso. Despois colaborou con Xosé Filgueira Valverde na creación do museo catedralicio.

Serviu de enlace a historiadores que visitaban Galicia, como os medievalistas estadounidenses Arthur Kingsley Porter e Kenneth John Conant, quen se serviu da fundamental axuda de Carro para a elaboración da súa monografía sobre a Catedral de Santiago The Early Architectural History of the Cathedral of Santiago de Compostela (Harvard University Press, 1926); historiadores da arte como Manuel Gómez-Moreno, cos que mantivo frecuente correspondencia, ou mesmo o reitor da Universidade do Porto, Alfredo de Magalhães. En 1932 axudou a Walter Muir Whitehill na transcrición do Códice Calixtino.

En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos, do que dirixiu a sección de Arqueoloxía e Arte. Colaborou na publicación Terra de Melide, de 1936, coa sección «Arqueoloxía relixiosa de Melide», en colaboración con Emilio Camps e Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey).

Ao igual que outros membros da xeración Nós formouse noutros países de Europa. Así, con bolsas da Xunta de Ampliación de Estudos fixo estadías en museos de arte e arqueoloxía de Francia e Inglaterra e Alemaña entre 1928 e 1929. Ao seu regreso dunha viaxe por Italia promoveu a creación dunha oficina e padroado de turismo en Santiago de Compostela.

Na revista Nós publicou catro artigos, nos cales xa se deixa ver cal é o seu principal motivo de estudo: a catedral compostelá. Os artigos foron «Unhas estatuas do Pórtico da Groria» (n.º 55, xullo de 1928), «A imaxen pétrea do Apóstol Sant-Iago» (n.º 94, outubro de 1931), «Unha táboa do convento de Belvís» (n.º 101, maio de 1932) e «O botafumeiro da Catedral compostelán» (n.º 109, xaneiro de 1933). Ademais fixo tres recensións, das obras de Pedro Vitorino «Cerámica portuense» (n.º 95, 217), de Justo Pérez de Urbel «La iglesia románica de San Quirce» (n.º 95, 218) e de Eric Maclagan «Medieval alabasters from Naworth Castle» (n.º 108, 232). Nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos publicou tres artigos: «A data da inscripción da Porta das Praterías» (IV, 1932), «O tímpano da capela de D.ª Leonor» (V, 1930) e mais «O tesouro de Foxados» (VI, con Sebastián González).

Logo do golpe de Estado de 1936 procurou salvar material da editorial Nós e mais do Seminario de Estudos Galegos, como algunhas láminas con miniaturas do Códice Calixtino, que o SEG estaba a transcribir. En xaneiro de 1939 foi nomeado apoderado en Compostela do Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Coa creación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento en 1944, pasou a ser xefe de Estudos Composteláns e da Peregrinación nesta institución.

Colaborou en diversas revistas, como Compostellanum, as pontevedresas Logos e Spes ou a madrileña Arqueología y Arte, así como no Galician Programme da BBC. En 1951 publicou a Crónica de Santa María de Iria, como anexo V do Cuaderno de Estudios Gallegos, nunha coidada edición con prólogo, anotacións e glosario.

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941, a proposta de Manuel Casás Fernández, Ángel del Castillo López e Alejandro Barreiro Noya. Ese día tivo lugar no paraninfo da Universidade de Santiago a cerimonia de ingreso de dezanove académicos de número, mais no acto só se deu lectura ao discurso La mitología del agua en noroeste hispánico, lido por Fermín Bouza-Brey en nome de todos. Xa en xaneiro de 1925 fora nomeado membro correspondente da RAG. Foi tamén membro do Instituto Español de Estudios Medievales e membro correspondente da Real Academia de Historia e mais da Real Academia de Belas Artes de San Fernando desde 1961. En 1965 ingresou na Orde de Afonso X o Sabio, e en 1971 foi nomeado fillo predilecto de Santiago de Compostela.

Faleceu en Santiago de Compostela o 8 de decembro de 1973, e foi soterrado en Boisaca.

Bibliografía


Bibliografía primaria
Monografías:
Las catedrales gallegas. Buenos Aires; Ediciones Galicia, 1950. (Inclúe unha colección de láminas).
Estudios jacobeos: arca marmórica, cripta, oratorio o confesión, sepulcro y cuerpo del Apóstol. Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1954.
A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia. Vigo: Galaxia, 1965.

Artigos en Cuadernos de Estudios Gallegos
«Un nuevo relieve románico compostelano» (I, 1944)
«Miniaturas de un cantoral de San Martín Pinario y su archivo» (VII, 1947)
«El palacio y la torre de D. Berenguel en la cabecera de la Catedral de Santiago» (XI, 1948)
«La escritura de concordia entre D. Diego Peláez, obispo de Santiago, y San Fagildo, abad del Monasterio de Antealtares» (XII, 1949)
«La imagen sedente del Apóstol en la Catedral de Santiago» (XV, 1950)

Outros artigos
«Un anillo signatario ibérico»; «La monumentalidad de Galicia»; «Un café en Santiago en 1812»; «El cuchillo del Apóstol Santiago en la Catedral»; «El Apóstol Santiago patrón de pescadores, marineros y navegantes»; «Las figuras de la Pasión de Cristo en la fachada de las Platerías»; «La construcción de la actual Basílica»; «Las esculturas empotradas de la Puerta Santa»; «El almenado de la Catedral de Santiago de Compostela»; «La Catedral de Santiago es también Basílica»; «De la dignidad del altar mayor de la Catedral de Santiago»; «La Cruz dos Farrapos»; «El cordón del Apóstol»; «El camino de Santiago»; «Efigies de Santiago ecuestre en Compostela».

Bibliografía secundaria
Carro Otero, Jośe (1965): «Notas bibliográficas de D. Xesús Carro García», La Noche, (17 de abril), 12.
Couceiro Freijomil, Antonio (1951): Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1951; I, 234-235.

Materiais de Xesús Carro García

Documento. Artigo

Xesús Carro na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

«Carro García, Xesús». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, D.L. 2003; VIII, 72.
Documento. Artigo

A revista el Peregrino recolle o labor investigador de Xesús Carro e Manuel Chamoso

Leralta, Javier: «Manuel Chamoso Lamas y Jesús Carro García: pasión por las piedras compostelanas», Peregrino: revista del Camino de Santiago, 83 (outubro de 2002), 32-33.
Documento. Artigo

Apuntamentos sobre a obra de Xesús Carro en La Noche, por Xosé Carro Otero

Carro Otero, Jośe: «Notas bibliográficas de D. Xesús Carro García», La Noche, 13534 (17 de abril de 1965), 12.
Documento. Artigo

Artigo de Xesús Carro sobre a presenza en Compostela do prateiro Andrés de Campos Guevara

Carro García, Jesús: «El platero Andrés de Campos Guevara en Santiago de Compostela», Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, 11 (1944-1945), 145-160.
Documento. Artigo

A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos

«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Documento. Artigo

Lembranza de Salvador Cabeza de León, por Xesús Carro

Carro García, Xesús: «Don Salvador Cabeza de León», Boletín de la Academia Gallega, 253 (1 de xuño de 1934), 3-5.
Documento. Artigo

Artigo de Xesús Carro na revista Logos

Carro García, Xesús: «O Apóstol Sant-Iago Patrón de Pescadores, Mariñeiros e Navegantes», Logos: boletín católico mensual, 22 (outubro de 1932), 152-158.
Documento. Artigo

Artigos de Xesús Carro en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos

Carro García, Xesús: «O tímpano da capela de Dona Leonor», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, V (1930), 145-152; «A data da inscripción da Porta das Praterías», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, IV (1932), 221-235 + 5 lám.; «O tesouro de Foxados», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos [En colaboración con Sebastián González], VI (1933-1934), 87-92 + 7 lám.
Documento. Artigo

Páxina de Vida gallega dedicada a Xesús Carro

«Hombres de Galicia: Don Jesús Carro, ilustre arqueólogo compostelano», Vida gallega: ilustración regional, 420 (30 de xullo de 1929), 7.
Documento. Artigo

Colaboracións de Xesús Carro na revista Nós

Carro García, Xesús: «Unhas estatuas do Pórtico da Groria», boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 55 (25 de xullo de 1928), 125-127; «A imaxen pétrea do apóstol Sant-Iago», 94 (15 de outubro de 1931), 174-178; «Os homes, os feitos, as verbas», 95 (15 de novembro de 1931), 217-220; «Unha táboa do convento de Belvís», 101 (15 de maio de 1932), 74-77; «Os homes, os feitos, as verbas», 108 (15 de decembro de 1932), 231-232; «O botafumeiro da catedral compostelán», 109 (15 de xaneiro de 1933), 6-10.
Documento. Artigo

Colaboración de Xesús Carro no Boletín de la Academia Gallega. 1924

Carro García, Xesús: «Un anillo signatorio ibérico», Boletín de la Academia Gallega, 161 (2 de maio de 1934), 101-104.

Artigos

(6/1926) Santiago de Compostela por los fueros de la suntuosidad artística de la urbe santiaguesa - Un concurso de anteproyectos y reglamentos para la zona de interés artístico e histórico. Revista del Centro Gallego. 2ª (114), 16-17.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Xesús Carro García ; Constantino Candeira ; Celestino Sánchez Rivera ;
(12/1930) Seminario de Estudios Gallegos. Junta extraordinaria. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (187), 2.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Fermín Bouza Brey ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Álvaro de las Casas ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio Fraguas ; Daría González García ; Luís Iglesias Iglesias ; Florentino López Cuevillas ; Ramón Martínez López ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Paulino Pedret Casado ; Castelao ; Luís Tobío Campos ; Alfonso Vázquez Martínez ;
(1/1933) Seminario de Estudios Gallegos. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (292), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Xesús Carro García ; Francisco Fernández del Riego ; Sebastián González García-Paz ; Alfonso Vázquez Martínez ;
CARRO GARCíA, X. (7/1944) Moure, Felipe de Castro y Ferreiro 1577 - 1711 - 1738. Acción Gallega. 2ª (17), 16.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: José Ferreiro ; Francisco de Moure ; Felipe de Castro ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1950) Galicia, ante la figura símbolo de Castelao. Galicia [Bs As 1926]. (444), 19 .
Mencións: Ramón Baltar ; Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Ben-Cho-Shey ; Manuel Gómez Román ; Antonio Iglesias Vilarelle ; Florentino López Cuevillas ; Carlos Maside ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1955) Galicia cada treinta días (diciembre, enero). Galicia [Bs As 1926]. (481), 12 .
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Sebastián González García-Paz ; Isidro Parga Pondal ; Salvador Parga Pondal ; Francisco Tettamancy ;
(12/1962) Vicente Risco en «Faro de Vigo». Orientación Gallega. 1ª (8), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Xesús Carro García ; Manuel Chamoso Lamas ; Xesús Ferro Couselo ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio Fraguas ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Xaquín Lorenzo Fernández ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Isidro Parga Pondal ; Paulino Pedret Casado ; Lois Tobío Fernández ; Fritz Krüger ;
ESTéVEZ, A. (10/1963) Palabras del Señor Abelardo Estévez. Orientación Gallega. 1ª (17), 1, 2.
Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Xesús Carro García ; Xesús Ferro Couselo ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio Fraguas ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Luís Iglesias Iglesias ; Florentino López Cuevillas ; Xaquín Lorenzo Fernández ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Isidro Parga Pondal ; Paulino Pedret Casado ; Emilio Pita ; Manuel Puente ; Lois Tobío Fernández ;
RIVAS, M. (7/1977) Historia do 25 : Latexa un peito galego. Teima. (32), 49-50.
Ver artigo
Mencións: Xesús Carro García ; Rosalía de Castro ; Antolín Faraldo ; Francisco Fernández del Riego ; Francisco Guitián ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Baldomero Cores Trasmonte ; Jose Antonio Primo de Rivera ; Xaime Seixas ; Santo Santiago o Maior ; Xosé Ramón e Fernández-Oxea, "Ben-Cho-Shey" ; Xaime Illa Couto ;