Postal enviada por Castelao durante unha estadía en Estados Unidos, 1940 | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Postal enviada por Castelao durante unha estadía en Estados Unidos, 1940

Castelao (autoría) · Eduardo Blanco Amor (Destinatario/a) · Manuel Colmeiro (Destinatario/a) · Rafael Dieste (Destinatario/a) · Xosé Núñez Búa (Destinatario/a) · Rodolfo Prada (Destinatario/a) · Luís Seoane (Destinatario/a)
19/04/1940
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
En xullo de 1936 Castelao atopábase en Madrid presentando nas Cortes o Estatuto de autonomía de Galicia, que acababa de ser aprobado polo pobo galego. Isto salvou a súa vida. Durante a guerra foi comisionado polo Goberno republicano para participar en viaxes de propaganda á Unión Soviética, Estados Unidos e Cuba.
Chegou por vez primeira a Estados Unidos nunha viaxe sen retorno o 26 de xullo de 1938, acompañado da súa esposa, Virxinia Pereira, e doutros galeguistas como Luís Soto. Percorreron todo o país nunha intensa campaña de mitins para recadar fondos e crear unha opinión favorable aos intereses republicanos. Volve noutras ocasións pero polo que lemos na postal que lles envía aos seus amigos en Arxentina, a súa experiencia non foi boa, non se sentiu a gusto nun país cunha lingua e uns costumes tan alleos.
Tipo de material
Documento. Epístola
Data
19/04/1940
Localizacións
orixe: Nova York, Estados Unidos
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Xosé Bieito Abraira