Estequiometría: cálculos en química

Incorporación a Proxector: 14/6/2023

A estequiometría é o cálculo das relacións cuantitativas entre os reactivos e produtos no transcurso dunha reacción química. Aínda que a definición teórica non semella moi transparente, neste vídeo didáctico (9´ 43´´) o profesor da USC Marcelino Maneiro, botando man dunha tortilla de patacas, axudarache a entendela. Tamén explica outros conceptos básicos relacionados coa estequiometría: reactivo limitante, mol, rendemento de reacción, conservación da materia, etc.

A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.

Marcelino Maneiro Maneiro    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
14/6/2023
#química   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO