Sempre Rosalía

Sempre Rosalía

Rosalía de Castro é a gran figura fundacional da cultura galega, unha poeta e novelista convertida na figura máis destacada do Rexurdimento cultural galego no século XIX e que segue a gozar entre a cidadanía do país dun enorme recoñecemento e agarimo.

Neste especial ofrecemos unha escolma de contidos e recursos do Consello da Cultura Galega ao redor da escritora.

Ademais, incluímos unha colaboración da profesora Valéria Gil Conde coa súa achega contextualizadora para dar a coñecer a súa obra e legado para as comunidades de lingua portuguesa. Sejam bem vindos!


Coñece a vida de Rosalía de Castro no Álbum de Galicia


Unha escolma de publicacións do CCG sobre Rosalía de Castro


Rosalía de Castro: Tradición e modernidade

O Consello da Cultura, o Instituto Cervantes e a Xunta de Galicia organizaron en 2013 un ciclo de conferencias nas que destacadas figuras da cultura galega e española reflexionaron sobre o legado e impacto da autora.

Rosalía de Castro e a poesía galega contemporánea
Arcadio López Casanova.
Poeta e catedrático da Universidade de Valencia
Rosalía de Castro e a poesía española contemporánea
Luis Garcia Montero.
Poeta e catedrático da Universidade de Granada.
Rosalía de Castro: a súa vida e a súa literatura
Luis Alberto de Cuenca.
Poeta. CSIC
Marina Mayoral.
Escritora e catedrática da Universidade Complutense de Madrid.
Carlos Reigosa.
Escritor.

Epistolario de Rosalía de Castro



A colección de cartas de Rosalía de Castro non é moi abundante, pero permítenos achegar á vida cotiá e ás relacións familiares e de amizade da escritora.

Explora o epistolario

As mulleres do porvir

A Galicia do século XIX destacou polas significativas mulleres que rexistraron moito do pensamento máis avanzado na súa época, tanto na literatura coma no pensamento e no debate social. En As mulleres do porvir (2003), o derradeiro texto teatral publicado pola actriz e dramaturga Dorotea Bárcena , imaxina un diálogo entre tres das máis destacadas: Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. O audiovisual está producido para o Consello da Cultura Galega por A Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito Asorey.


Rosalía de Castro nas terras de Compostela e Iria


Explore os escenarios biográficos e as paisaxes urbanas e naturais que inspiraron a obra da poeta e novelista.

Visitar roteiro