Participación e públicos culturais en tempos da COVID-19

Xornada. Xornadas de mediación cultural

Participación e públicos culturais en tempos da COVID-19

Xornadas de Mediación Cultural III

19 e 21 de xaneiro de 2021
Santiago de Compostela
Xornada
Xornadas de mediación cultural

Participación e públicos culturais en tempos da COVID-19

Xornadas de Mediación Cultural III

19 e 21 de xaneiro de 2021 Santiago de Compostela
A mediación cultural é un concepto polisémico que remite a un conxunto de prácticas que buscan facilitar o acceso a un determinado coñecemento cultural (artístico, patrimonial, antropolóxico) por parte de persoas e colectivos non expertos na materia. Na súa versión máis ambiciosa, persegue fomentar a produción de coñecemento colectivo mediante a participación activa da comunidade. Para abordar esta cuestión tan ampla e abranguinte, o Consello da Cultura Galega impulsou un ciclo de xornadas nas que se tratarán diferentes liñas de traballo arredor desta temática:

I. A animación sociocultural, a cultura colaborativa e todas aquelas fórmulas que procuran a participación da cidadanía no feito creativo.
II. NTIC: o presente e a potencialidade das novas ferramentas e dispositivos dixitais para o achegamento de contidos culturais e artísticos.
III. Participación e públicos culturais en tempos da COVID-19.
IV. Patrimonio, turismo e centros culturais: a elaboración de relato, o deseño de experiencias, as técnicas de programación cultural e a relación cos públicos.
V. Medios de comunicación: o papel da prensa, televisión, radio e outras canles como escaparates da oferta cultural dun territorio.

O obxectivo xeral das Xornadas de Mediación Cultural é trazar unha panorámica e estimular o debate sobre aquelas disciplinas académicas ou profesionais que se centran en analizar e facilitar o acceso da cidadanía á cultura e/ou en propiciar a participación cidadá no feito creativo.

O obxectivo específico desta terceira xornada é realizar unha aproximación ao impacto da COVID-19 na participación e hábitos culturais da cidadanía.

Nun primeiro bloque, achegarémonos á experiencia e últimos traballos de dúas iniciativas que traballan na análise de datos culturais, que nos permiten coñecer a evolución dos hábitos, do consumo ou da participación cultural. Tamén o impacto da COVID-19 en todos eles.

Nun segundo bloque, debateremos sobre o impacto da pandemia na participación cultural en Galicia. Será a través dunha mesa redonda de axentes que traballan en diferentes institucións socioculturais de proximidade en Galicia.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- O 19 de xaneiro publicanse os relatorios gravados da primeira sesión “Análise de datos culturais” e o 21 de xaneiro terán lugar o dous debates en directo ás 17:00 e 19:00 horas, respectivamente.
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar podes enviar previamente as túas preguntas ou facelo en directo durante os debates no correo participa@consellodacultura.gal
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Xornadas de mediación cultural
Participación e públicos culturais en tempos da COVID-19
Xornadas de Mediación Cultural III
Cando
19 e 21 de xaneiro de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Coordinación
Sergio Lago
Modera
Sergio Lago
Marcos Lorenzo
Relator/a
Nicolàs Barbieri
Jaime Capilla
Håkan Casares
Assumpta Manils
Ángeles Miguélez
Elena Pernas
Montserrat Tort
Organiza
Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais (CCG)
Consello da Cultura Galega
Ámbito
Observatorio da Cultura Galega (CCG)