Narrativas da nova diáspora galega

Xornada.

Narrativas da nova diáspora galega

10 de novembro de 2022
Santiago de Compostela
Xornada

Narrativas da nova diáspora galega

10 de novembro de 2022 Santiago de Compostela
Esta xornada pretende explorar as ficcións culturais que xurdiron nos últimos anos arredor da nova vaga migratoria galega cara ao exterior a partir da crise económica de 2008. Neste encontro participarán investigadoras e investigadores de diferentes universidades europeas que, xunto con Anna R. Figueiredo e Xesús Fraga, debaterán sobre as numerosas manifestacións artísticas producidas por membros desta nova diáspora ou que aborden dalgún xeito este novo fenómeno migratorio a través da literatura, o audiovisual, a fotografía, a transmedia etc. Temas relacionados con conceptos como os de identidade, galeguidade, espazo, fogar, movemento ou dislocación servirán para achegarse ao xeito en que as narrativas da nova diáspora galega representan, ou auto-representan, esta realidade. Buscarase tamén reflexionar sobre o que está a acontecer fóra do circuíto convencional de distribución de produtos culturais, xa que hai novas prácticas artísticas e reivindicativas que chegan a través doutras plataformas que tamén son necesarias para analizar este novo fenómeno migratorio. Todas estas voces, tanto as que chegan dende o eido literario, audiovisual ou artístico en xeral como as que o fan dende a multimedia, son as que nos dan as chaves para comprender cal é a dimensión que ten esta nova experiencia migrante na actualidade.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Narrativas da nova diáspora galega
Cando
10 de novembro de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
María Alonso Alonso
Participante
Xesús Fraga
Anna R. Figueiredo
Relator/a
Catherine Barbour
Ana Garrido González
Helena González Fernández
David Miranda-Barreiro
Antía Monteagudo
Dolores Vilavedra
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega
Colabora
Secretaría Xeral de Emigración