Francisca Herrera Garrido
A Coruña, 1869 - A Coruña, 4/11/1950Autoría: Patricia Arias Chachero
Autora da primeira novela en galego asinada por unha muller e pioneira en Nós e na RAG
Francisca Herrera Garrido naceu na Coruña o 6 de marzo de 1869 no seo dunha familia de clase media acomodada. Foi a menor dos cinco fillos que tiveron Josefa Garrido Matos e Manuel Herrera Hernández. Recibiu unha educación conservadora e fondamente relixiosa, axustándose á propia das señoritas da época. Comezou a ler cedo, e sendo adolescente, con apenas doce anos, coñeceu a obra de Rosalía de Castro que a marcaría como escritora.
O pasamento do seu prometido pouco antes da voda e o da súa nai en agosto de 1909 explican que se trasladase a Madrid para vivir cunha das súas irmás, Enriqueta, viúva desde 1908. A partir dese momento, as dúas pasan os veráns e as vacacións de Nadal en Galicia, entre A Coruña e Oleiros. Será aquí onde Francisca Herrera escribirá o groso da súa obra. O seu primeiro poemario, Sorrisas e bágoas, apareceu en Madrid en 1913, cando tiña corenta e catro anos. Trátase dun tomo de 249 páxinas que reúne 51 composicións poéticas todas elas en galego. Pouco despois, en xaneiro de 1914, a poeta preséntase ante a sociedade coruñesa nun recital organizado na sociedade Reunión de Artesanos na que sería presentada cun eloxioso discurso pronunciado por Manuel Casás.
En 1915 aparece a súa segunda obra poética, Almas de muller… ¡Volallas n’a luz!, cun pequeno prólogo en castelán de Manuel Murguía quen destaca o feito do volume tratar da vida afectiva das mulleres do campo galego. Catro anos despois, en 1919, aparece Frores d’o noso paxareco, o seu último libro de versos, publicado no suplemento «¡Terra a nosa!» do xornal El Noroeste.
Un ano despois publícase a que a crítica considera a súa grande obra, a novela Néveda (1920), a primeira narración extensa asinada por unha muller nas nosas letras. No número inicial da revista Nós, na sección «Os homes, os feitos, as verbas», atopamos unha pequena recensión da novela, supoñemos que da autoría de Risco, na que se fai fincapé na riqueza lingüística do texto e na súa modernidade. No sétimo número da publicación, na mesma sección, será Philéas Lebesgue quen se ocupe dela nunha breve nota intitulada «En col de Néveda».
Francisca Herrera Garrido é a primeira muller en participar na revista Nós e a única que repite colaboración, xa que atopamos a súa sinatura nun total de tres ocasións, algo insólito na revista. En agosto de 1921, no sexto número, asina un longo ensaio titulado «A muller galega», onde defende apaixonadamente o amor maternal e a relixiosidade das galegas. Xusto catro anos despois, o 15 de agosto de 1925, aparece a noveliña «A neta da naipeira», un relato de corte costumista protagonizado por unha viúva e as súas cinco fillas, e o Día de Galicia do 31 publícase o poema «A nosa nai Galiza».
En 1922, na editorial Céltiga, Herrera Garrido publica A y-alma de Mingos e tres anos despois, en Lar, Martes d’antroido. Ese mesmo ano, 1925, prologa unha edición de Cantares Gallegos, e El Diario español de Bos Aires premia o seu traballo «Rosalía de Castro. Su obra poética».
En marzo de 1936, pouco antes do inicio da Guerra Civil, preocupadas pola situación, a escritora, de case setenta anos, e mais a súa irmá abandonan definitivamente Madrid e refúxianse en Galicia. Perden nestes anos a maioría das súas posesións e recursos económicos e viven grazas á axuda de amigos e familiares. A partir deste momento, Herrera Garrido, conservadora e católica, pon a súa pluma ao servizo da causa franquista. Xesús Alonso Montero comentou con acerto unha carta a Philéas Lebesgue datada o 16 de abril de 1937 onde a coruñesa describe a súa situación e as súas crenzas.
Laudatio do franquismo e execratio da República e da Fronte Popular, en palabras do comentador. Que se saiba, nunca volveu publicar en galego. As colaboracións en prensa son, a partir de entón, maioritariamente en verso, en castelán e comprometidas coa causa franquista.
O 4 de marzo de 1945, a Real Academia Galega elíxea membro numeraria, converténdose na primeira muller en acceder a un cargo deste tipo. Ilusionada, redacta decontado o seu discurso sobre Rosalía de Castro e os
Poetas de raza, texto que nunca chegaría a ler pois morre na Coruña o 4 de novembro de 1950, poucos meses despois de que Antonio Couceiro Freijomil, encargado de dar resposta ao seu discurso de ingreso, entregase o seu texto na Academia.
Obra
En verso
Sorrisas e bágoas (Madrid, 1913)
Almas de muller... ¡Volallas n’a luz! (A Coruña, 1915) con prólogo de Manuel Murguía
Frores d’o noso paxareco (A Coruña, 1919)
En prosa
Néveda (A Coruña, 1920)
A y-alma de Mingos (Ferrol, 1922)
Martes d’antroido (Ferrol, 1925)
En castelán (de tema galego)
Pepiña (Madrid, 1922
Réproba (Madrid, 1926)
Familia de lobos. La novela del obrero (Madrid, 1928)
Inédito
Desnudo de Almas
Por qué no entró el alma en la venta
Bibliografía
Blanco García, C.: «O antisufraxismo e a condición femenina en A muller galega de F. Herrera Garrido», Grial, 92 (1986).
Casares, C.: «Vida e obra de F. Herrera». En F. Herrera. Vida e obra. Escolma de textos. A Coruña: Real Academia Galega, 1987.
Díaz del Río, E.: «Francisca Herrera Garrido en el Museo de Pontevedra», El Museo de Pontevedra, LVIII (2004).
Noia, M.ª C.: «Introducción». En Herrera Garrido, F.: Néveda. Vigo: Xerais, 1990.
Ríos Panisse, C.: «Néveda, primeiro acerto lingüístico e estilístico na novela galega»,Grial, 90 (1985).
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Francisca Herrera Garrido. Publicado o 16/8/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1937. Recuperado o 01/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Poema «A nosa nai Galiza» publicado na revista Nós en 1931. Ver Documento. Poema
Fonte: Nós, (25 de xullo de 1931), p. 12
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
«Follas murchas». Poema de Francisca Herrera Garrido publicado en 1927. Ver Documento
Fonte: A Nosa Terra. Idearium das Irmandades da Fala, nº 239 (25 de xullo de 1927), p. 6
«Martes de Antroido – Francisca Herrera Garrido».. Ver Documento
Artigo sobre a publicación da novela Néveda na biblioteca Lar
A Nosa Terra. Idearium das Irmandades da fala, nº 213 (1 de xuño de 1925), p. 12
«A muller galega» artigo de Francisca Herrera publicado en 1921.. Ver Documento
Fonte: Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega, Órgao da Sociedade «Nos», nº 6 (20 de agosto de 1921), p 8-15
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Gallegas también famosas». Ver Documento
Fonte: Ecos da Terra. Organo Oficial da Casa de Galicia, nº 13 (Montevideo, outubro 1989), p. 48-49
«O día das letras galegas `87, adicado a Francisca Herrera Garrido». Artigo de Efrén Vázquez. Ver Documento
Fonte: Grial, nº 96 (abril, maio, xuño 1987), p. 238-241
BLANCO, Carmen: «O antisufraxismo e a condición feminina en en “A muller galega” de Francisca Herrera Garrido». Ver Documento
Fonte: Grial, n.º 92 (abril, maio, xuño 1986), p. 147-162
Francisca Herrea Garrido, Necrolóxica. Artigo de Juán Naya. Ver Documento
Fonte: Boletín de la Real Academia Gallega, A Coruña, XXV, nº 289-293 (xaneiro 1946-decembro 1950), p. 160-161.
«Los poetas gallegos de hoy: Francisca Herrera Garrido». Ver Documento
Artigo de A. Ribalta.
Fonte: Eco de Galicia, A Habana, n.º 361 (15 de setembro de 1930), p. 13.
Artigo de Philéas Lebesgue sobre Néveda, de Francisca Herrera. Ver Documento. Artigo
Fonte: Nós, (25 de outubro de 1921), p. 18
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
«Dos poetas gallegos». Artigo de Eugenio Carré Aldao. Ver Documento
Galicia Gráfica, La Habana, nº 4 (30 de agosto de 1913), p. 4-5.
NÉVEDA por Francisca Herrera Garrido. Ver Documento
Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega, Órgao da Sociedade «Nos», nº 1 (30 de outono de 1920), p 19.
Especial Francisca Herrera Garrido na Festa da palabra silenciada. Ver Documento
Reprodución do monográfico dedicado a Francisca Herrera publicado na revista Festa da palabra silenciada, nº 3, 1986, p. 1-22. Conta con artigos de María do Carme Ríos Panisse, María Camino Noia, María Xosé Queizán, Isabel Mouriz, Ana Romaní e María Xosé Canitrot. Inclúe ademais unha antoloxía da obra da homenaxeada.
Ligazóns de interese
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Francisca Herrera Garrido en «Pasou o que pasou». CRTVG, 17 de xuño de 1987
Fonte: https://pasouoquepasou.crtvg.gal/content/biografia-de-francisca-herrera-garrido
Colección Letras Galegas: Francisca Herrera Garrido. Obra de Siro López e Manuel Ferreiro Badía, 1987
Fonte: Parlamento de Galicia.
https://www.parlamentodegalicia.es/ColeccionArte/315/coleccion-letras-galegas.-francisca-herrera-garrido/
Frores do noso paxareco, poemario de Francisca Herrera publicado no suplemento Terra a nosa. A Coruña: Tipografía El Noroeste, 1919
Fonte: Concello de Bergondo
http://bergondo.gal/uploads/media/Terra_a_nosa_bibrioteca_popular_galega_vol_11_1919_Frca_Herrera_Garrido_poema_Sta_Marta_Babio.PDF
Francisca Herrera Garrido no Álbum de mulleres
Estudosas e estudosos
Fonte: Álbum de mulleres [04/06/2019]
Francisca Herrera Garrido no web da Real Academia Galega
Fonte: https://academia.gal/letras-galegas/1987/francisca-herrera-garrido [Consulta: 2023-05-12]
Publicacións periódicas
Galicia Nueva (1916-) .
Alma Gallega (1919-1927) .
Revista Mensual: Órgano Oficial de la Sociedad Casa de Galicia
Posteriormente varía a denominación aparecendo como Órgano Oficial de Casa de Galicia, Boletín de Casa de Galicia, Boletín Oficial de Casa de Galicia, Revista de Casa de Galicia etc.
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Alborada (1925-) .
Órgano de la Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión
Órgano de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
N.º 66-74: Revista cultural e informativa de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
N.º 118-161: Órgano y propiedad de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
N.º 172: Publicación de la Asociación Benéfica, Cultural del Partido de Corcubión
A partir do n.º 185: Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
Artigos Francisca Herrera Garrido
HERRERA GARRIDO, F. (7/1925) Contos dun afillado de dez anos | Céltiga. 1ª (14), 3.
HERRERA GARRIDO, F. (7/1926) N-a festa consagrada d-a nosa Galiza | Céltiga. 1ª (37-38), 17.
HERRERA GARRIDO, F. (11/1927) Canción d'a chúvia | Alma Gallega. 1ª, 27.
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) "Como aman as galegas" | Festa da palabra silenciada. (03), 20.
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) Introduzón [Néveda] | Festa da palabra silenciada. (03), 20.
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) Néveda [fragmento] | Festa da palabra silenciada. (03), 20.
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) Por qu'o noman "Follas Novas" | Festa da palabra silenciada. (03), 21.
HERRERA GARRIDO, F. (1/1986) Meu anxo | Festa da palabra silenciada. (03), 22.