- Álbum de Galicia
- Álbum Nós
- Álbum da JAE
- Álbum da Emigración
- Documentación
- Ligazóns
- Videos
- Audios
- Bibliografía
- Epístolas
- Artigos
- Periódicas
- Publicacións CCG
Castelao
Rianxo, A Coruña, 30/ 1/1886 - Bos Aires, Arxentina, 7/1/1950Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Líder e auténtico símbolo do nacionalismo galego
Cunha posición económica moi mellorada a familia instálase en Rianxo e en 1903 Daniel obtén o título de bacharel no Instituto de Santiago. Máis por contentar ao pai ca por auténtica vocación matricúlase na Facultade de Medicina. En Compostela integrouse nos círculos da bohemia universitaria e adquiriu grande popularidade como caricaturista. Nos últimos anos da carreira obtivo unha medalla de ouro na 1ª Exposición Regional Gallega de 1909, participou nas mostras de humoristas da sala Iturrioz de Madrid e realizou as cubertas de libros e revistas.
En 1910 establécese en Rianxo para exercer a medicina e participar na loita contra o cacique Viturro. Promoveu o semanario satírico El Barbero Municipal, adhírese á Liga Agraria de Acción Gallega de Basilio Álvarez, pronuncia en Vigo a conferencia Algo acerca de la caricatura e colabora en moi diversas publicacións galegas e non galegas. En 1912 casa coa estradense Virxinia Pereira e realiza as primeiras exposicións individuais. Dous anos despois nace o seu fillo, Alfonso Xesús de Braga, e sofre un grave desprendemento de retina que o deixa case cego durante unha temporada. Ante a ameaza de que se reproducise decide arrinconar o título de médico e optar por un traballo estable polo que en 1916 oposita a funcionario do Instituto Xeográfico e Estatístico con praza en Pontevedra. Castelao integrouse no ambiente pontevedrés e colabora na creación da Coral Polifónica e do Museo de Pontevedra. Tamén se comprometeu coas iniciativas nacionalistas do momento: Irmandades da Fala, revista Nós, Seminario de Estudos Galegos e Real Academia Galega... En 1921, cunha pensión da Junta de Ampliación de Estudios viaxou por Francia, os Países Baixos e Alemaña para estudar a augaforte, a gravura e a litografía. As impresións da viaxe foinas publicando na revista Nós nas seccións “Do meu diario” e “Cubismo”.
No verán de 1927 reaparécelle o risco de cegueira e viaxa a Francia para consultarse co Dr. Lagrange. Para maior desgraza, en xaneiro de 1928, con tan só 14 anos de idade, morre o seu único fillo, o que o sumiu nun fondo abatemento. Para saír do afundimento solicitou unha nova axuda da Junta de Ampliación de Estudios para ir a Bretaña en 1929 a estudar os cruceiros daquelas terras.
A etapa de maior activismo político de Castelao iníciase coa instauración da II República en España. Así, en xuño de 1931 saíu elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas Cortes Constituíntes na candidatura republicana e con Otero Pedrayo, Suárez Picallo e Villar Ponte integrouse no grupo parlamentario da ORGA. En decembro dese mesmo ano participou na fundación do Partido Galeguista e como membro do seu Consello executivo dedicouse a impulsar o proceso estatuario e a abandeirar as reivindicacións lingüísticas de Galicia no anteproxecto de Constitución.
Ao non acadar representación parlamentaria polo PG nas eleccións de 1933, Castelao puido retomar o seu traballo literario e pronunciou o discurso de ingreso na Real Academia Galega que versou sobre As cruces de pedra na Galiza. En 1934 ten lugar a III Asemblea do PG que nomea a Castelao secretario político, a Bóveda de organización e a Gómez Román secretario xeral. En 1935, trala volta do desterro de Badaxoz imposto polo goberno Lerroux, asiste en Santiago á IV Asemblea do Partido, que se ratifica na preferencia polas alianzas cos partidos republicanos de esquerda, o que provoca o esgazamento da ala dereita do galeguismo, con Vicente Risco como ideólogo. Así, o PG acode ás eleccións de febreiro de 1936 na plataforma da Fronte Popular. Os galeguistas lograron tres deputados: Castelao por Pontevedra, e Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte pola Coruña e reactivaron os preparativos para o plebiscito do Estatuto, que se celebrou o 28 de xuño de 1936. Aprobado o Estatuto, formou parte da Comisión encargada de presentalo no Congreso dos Deputados. Despois das entrevistas con Martínez Barrio e con Manuel Azaña, Castelao non regresou a Galicia e así puido salvar a súa vida da criminal represión desatada trala sublevación militar.
Durante a guerra civil residiu en Madrid, Valencia e Barcelona, participou na creación das Milicias Galegas, colaborou nas revistas Nueva Galicia e Nova Galiza, logrou que as Cortes republicanas aprobasen en Monserrat o Estatuto galego e despregou un incansable labor en defensa da República. Foi comisionado polo Goberno para participar en viaxes de propaganda á Unión Soviética, aos Estados Unidos e Cuba. Aos EEUU chegou nunha viaxe sen retorno o 26 de xullo de 1938 e, acompañado da súa esposa, cruzounos desde Michigan a Florida e dende Nova York a California nunha intensa campaña de mitins e de recadación de fondos para a República. Na súa equipaxe, atravesaron con el o Atlántico os orixinais de Galicia Mártir, Atila en Galicia, que expuxo con Milicianos e co álbum Nós na Delphic Studios da Quinta Avenida. Desta etapa neoiorquina son as augadas con negros bailando polas rúas e tamén se ocupou da redacción do segundo libro de Sempre en Galiza e de Os vellos non deben de namorarse. Malia todo, a experiencia de Castelao neste país foi moi amarga: “xa sabía por Rubén Darío que nos Estados Unidos os paxaros non cantan e as frores non teñen arrecendo; pero eu non sabía que fose tan verdade”.
En xuño de 1940 foi recibido en Bos Aires como líder político do galeguismo e artista admirado. En 1941 estreou no Teatro Mayo a peza teatral Os vellos non deben de namorarse e asinou en Montevideo o pacto Galeuzca. En abril de 1943 asistiu a unha xuntanza das forzas do exilio republicano que se cerrou coa intervención de Castelao nun mitin ante máis de 50.000 persoas no Estadio Centenario de Montevideo. En xullo de 1944 sae do prelo o libro Sempre en Galiza, considerado a biblia do galeguismo, e en novembro promove a formación do Consello de Galiza coa idea de agrupar aos deputados galegos expatriados como unha especie de goberno no exilio. En 1945 asiste en México á xuntanza das Cortes republicanas españolas, que ao ano seguinte o designaron ministro do Goberno da República no exilio. O 25 de xullo de 1948 pronunciou no Teatro Arxentino o seu discurso Alba de Groria, peza cume da súa oratoria. A partir de aí un cancro de pulmón manifestouse con toda crueldade. Non soportou a operación practicada no Sanatorio do Centro Galego e o 7 de xaneiro de 1950, “do mal dos bos e xenerosos, de amor á Terra”, morreu o indiscutido líder e auténtico símbolo do nacionalismo galego. Foi enterrado no mausoleo do Centro Galego na Chacarita, pero en 1984, por decisión do Parlamento de Galicia os restos de Castelao foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres, na compostelá igrexa do convento de Bonaval. En 1964 a Real Academia Galega dedicáralle o Día das Letras Galegas.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Castelao. Publicado o 12/12/2012 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3400. Recuperado o 20/03/2025
Castelao
Rianxo, A Coruña, 30/ 1/1886 - Bos Aires, Arxentina, 7/1/1950Da Galiza emigrada á Galiza exiliada
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Fillo de Mariano Rodríguez Dios e de Joaquina Castro Genme. No mesmo ano do seu nacemento o pai emigrou á Arxentina, quedando o neno ao coidado da nai e dos avos maternos. En 1895, na compaña de súa nai, Castelao emigrou á Arxentina para se reunir con seu pai, instalado cun almacén de comercio (pulpería) na Pampa. Esta primeira estadía arxentina duraría de 1895 a 1900. A presenza da emigración na infancia de Castelao reflectiuse na súa obra, un exemplo son os relatos “O segredo” e “O inglés” incluído no seu libro Retrincos (1934).
Tras regresar a Galicia, entre 1900 e 1903 cursou o Bacharelato e o preparatorio de Medicina en Santiago de Compostela. Entre 1903 e 1909 estudou a carreira de Medicina. Por esta época comezou a súa actividade artística, vencellado sobre todo á caricatura. En 1908 e 1909 participou no II e III Salón de Humoristas en Madrid. Castelao deseñou as cubertas dos primeiros números de Vida Gallega, publicación que comezou a se editar en 1909. Tamén deseñou algunhas capas de libros, caso de Princesa del amor hermoso de Sofía Casanova. En 1909 presentou un óleo na "Exposición Regional Gallega" que foi premiado cunha medalla de ouro.
En 1910 instalouse en Madrid co obxectivo de realizar o doutoramento, labor que non realizaría. Na capital do Estado continuou ilustrando libros e colaborando en varias publicaciós. En 1911, de volta en Rianxo, comezou a editar o xornal El Barbero Municipal, órgano do bando conservador-maurista que en Rianxo encabezaba seu pai. Outros inspiradores desta periódico foron Eduardo Dieste e Ramón Rey Baltar. En 1912 casou con Virginia Pereira, natural da Estrada. Tamén en 1912 vencéllase ao movemento agrarista Acción Gallega liderado por Basilio Álvarez. Do mesmo xeito, neste mesmo ano realizou a súa primeira exposición individual en Ourense, á que seguiría outra mostra no Salón Iturrioz de Madrid. En 1913 ditou a súa primeira conferencia sobre a caricatura no balneario de Mondariz.
O vencello de Castelao co mundo da emigración manteríase a través da súa colaboración coa prensa de Bos Aires, colaborou con La Semana Universal (1912) e con Suevia (1916). En 1917, xa instalado en Pontevedra, adhírese ás Irmandades da Fala e comeza a colaborar con A Nosa Terra. Castelao participou nas sucesivas asembleas nacionalistas. En 1918 aprobou en Madrid unhas oposicións ao corpo técnico do Instituto Geográfico e Estadístico. Nese mesmo ano comezou a colaborar con El Sol de Madrid. En 1920 inaugurou na Coruña a primeira exposición do Album Nós. En 1921, pensionao pola Junta de Ampliación de Estudios, realizou unha viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña.
En 1922 publicou na colección Céltiga a súa novala curta Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. En 1926 publicou a primeiro libro de Cousas. En 1929, novamente pensionado pola Junta de Ampliación de Estudios, viaxou a Bretaña. Coa proclamación da II República en 1931, Castelao foi elixido deputado nas candidaturas da Federación Republicana Gallega. En 1934 publicou a sua novela Os dous de sempre. Neste ano ingresou na Real Academia Galega. O goberno de dereitas destérrao a Badaxoz. En 1936 foi novamente elixido deputado dentro das candidaturas da Fronte Popular. A sublevación militar sorpréndeo en Madrid, a onde acudira para facer entrega do Estatuto galego ás Cortes. En 1937 publicou en Valencia os álbumes de guerra Galicia Mártir e Atila en Galicia. En 1938 realizou unha viaxe de propaganda á URSS, viaxando máis tarde a Estados Unidos e Cuba. Durante a súa presenza na illa caribeña, Castelao participou activamente nas eleccións do Centro Gallego da Habana. Así, a súa participación foi decisiva para que a candidatura republicana de Hermandad Gallega se impuxese sobre a candidatra valedora dos sublevados franquistas. En Nova York publicou o seu álbum Milicianos.
A derrota republicana condenouno ao exilio, asentándose en Nova York. En 1950 acadou viaxar a Bos Aires. En 1941 estreou na capital arxentina a súa peza teatral Os vellos non deben de namorarse. En novembro de 1944 constitúse en Montevideo o Consello de Galiza, que tivo a Castelao como primeiro presidente. En 1945 participou na reunión das Cortes da República en México. En 1946 Castelao foi nomeado ministro do Goberno encabezado por José Giral, do cal sairía ao ano seguinte por mor dos enfrontamentos entre as faccións republicanas.
Algunhas das obras publicadas por Castelao en Bos Aires foron: Cincuenta hombres por dos pesos (Bos Aires: Emecé, 1940); Sempre en Galiza (Bos Aires: Edicións As Burgas, 1944) ou As cruces de pedra na Galiza (Bos Aires, Nós, 1949). Por outra parte, Castelao continuou en Bos Aires co seu labor de ilustrador de libros. Faleceu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950.
Como citar: Castelao. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3400. Recuperado o 20/03/2025
Castelao
Rianxo, A Coruña, 30/ 1/1886 - Bos Aires, Arxentina, 7/1/1950Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Médico de formación, destacou como escritor, político e debuxante. Foi un dos ideólogos da revista Nós
En 1912 casou con Virxinia Pereira, e en 1914 naceu o seu único fillo. Nese mesmo ano tivo un desprendemento de retina que fixo que deixase a profesión de médico, se ben volveu exercer por mor da pandemia de gripe de 1918. Tras opositar, en 1916 comezou a traballar como funcionario, e en 1918 pasou a ser profesor de debuxo no Instituto de Pontevedra.
En 1921 levou a cabo unha viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña cunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. En 1929, logo da morte do seu fillo, fixo outra viaxe a Bretaña tamén financiada pola JAE, co fin de estudar os cruceiros dese país.
En 1908 expuxo os seus debuxos en Madrid, e en 1909 gañou unha medalla de ouro na Exposición Rexional Galega cun tríptico titulado Unha festa na aldea.
En 1910 participou na fundación do semanario El Barbero Municipal, de carácter anticaciquil, xunto con Xosé Arcos e mais Eduardo Dieste. Colaborou tamén en publicacións galegas como Mi Tierra, españolas como El Liberal, El Parlamentario e El Gran Bufón, e coas arxentinas Suevia e La Voz de Galicia. En 1912 únese á Liga Agraria de Acción Gallega, liderada por Basilio Álvarez.
Na súa etapa pontevedresa participou de forma activa na vida cultural local, desde a rodaxe do filme Miss Ledya (a primeira peza audiovisual galega de ficción) á participación na Coral Polifónica. Tras a fundación na Coruña das Irmandades da Fala promoveu a creación dunha delegación na cidade do Lérez. En 1919 publicou os seus primeiros relatos en A Nosa Terra, que ilustraría posteriormente co título de Cousas. Despois pasou a publicar as súas viñetas nos xornais Galicia, o Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Amais dos seus relatos ilustrados, como escritor cultivou a narrativa (Un ollo de vidro, 1922; Os dous de sempre, 1934; Retrincos, 1934) e o teatro (Os vellos non deben de namorarse, 1941). En xullo de 1933 ingresou como membro da Real Academia Galega, co discurso As cruces de pedra na Galiza, contestado por Antón Villar Ponte.
En marzo de 1920 iniciou na Coruña unha mostra itinerante dos seus debuxos, baixo o título de Álbum Nós, que despois se expuxo en Madrid, Barcelona e varias cidades galegas. En 1924, coincidindo coa inauguración da exposición Nós en Santiago de Compostela, ingresou no Seminario de Estudos Galegos, que en 1930 publicou o seu estudo sobre As cruces de pedra de Bretaña.
Tamén en 1920 foi un dos promotores da revista Nós que, ata o número 9, levou na portada un deseño seu, e a partir do número 10 unha capa con diversas imaxes da iconografía galega. Ademais, publicou varios artigos e debuxos, como «A roda de San Xoán» no nº 1. No nº 2 da revista aparece a estampa número 35 do álbum Nós, «A tola do monte», imaxe que en 1926 se convertería nun dos textos de Cousas. No nº 3 aparece «Poemiña», sobre a aldea de Abuín, que despois se convertería en «Camiño esquecido» de Cousas. O «Dibuxo» do número 6 (agosto de 1921) recóllese de novo en Alma Gallega nº 35 (1922) como «O cruceiro». No número 9 aparece «Novela», que ten orixe na visita en París á casa dun “osteologist”, un home que vendía ósos humanos e peles tatuadas, e que aparece tamén en Cousas, así como «A vella Fanchuca» (nº 31), que figura en Cousas como «Esta morea de pedras e tellas». No nº 43 (xullo 1927) publica «O retrato», «Peito de lobo» e «O segredo», tres dos relatos que en 1934 foron incluídos no libro Retrincos. No número 17 sae un gravado sobre catro cruceiros galegos, reconvertido despois en «Onde hai un cruceiro» de Cousas. No nº 31 publícase un debuxo dun home sen un brazo montado nun burro.
No número 10, de abril de 1922, comeza o seu diario da viaxe europea de 1921, que se estenderá ao longo de sete crónicas. No nº 38 hai unha serie de cantigas que Castelao recolleu de man dun cego de Carballedo (Cotobade), e no nº 40 un conxuro recollido en Lalín dun cesteiro. No nº 67 (xullo de 1929) aparece «Sant’Yago na Bretaña», un artigo sobre a relevancia de Santiago o Maior naquela terra, xunto cunha cantiga en bretón e traducida ao galego sobre Iann Derrien, recollida en 1868 por François-Marie Luzel no seu libro Gwerziou Breiz-Izel.
No nº 80 (agosto de 1930) publicouse o discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo dese ano no Teatro García Barbón de Vigo, encol do «Galeguismo na arte». Para rematar, no nº 113 (maio de 1933) aparece o estudo «Escudos de Rianxo», 33 debuxos presentados ao Seminario de Estudos Galegos e analizados por Fermín Bouza-Brey. Deste estudo sairá o modelo do escudo de Galicia cunha serea, a bandeira e mais a lenda
Denantes mortos que escravos.
En 1930, tras a caída do goberno de Primo de Rivera, o galeguismo comeza a súa organización política. En setembro dese ano asiste á sinatura do Pacto de Barrantes, acordo entre republicanos e galeguistas, e en 1931 saíu elixido deputado ás Cortes Constituíntes, integrándose no grupo parlamentario coa FRG-ORGA. En xuño de 1931 convértese no primeiro presidente do Grupo Nacionalista Galego de Pontevedra, que en decembro dese ano deu pé ao Partido Galeguista. Porén, nas eleccións xerais de novembro de 1933 o galeguismo non conseguiu representación. En abril dese ano participara en Gernika nun mitin do Partido Nacionalista Vasco.
En outubro de 1934 é desterrado a Badaxoz, e regresa en setembro de 1935. En febreiro de 1936 volve saír elixido deputado polo Partido Galeguista, integrado na Fronte Popular, sendo o candidato máis votado da provincia de Pontevedra. Os seus esforzos centráronse na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia. O alzamento nacional colleuno en Madrid, o que posiblemente lle salvou a vida, e xa non regresaría a Galicia. Mantense leal ao goberno e marcha a Barcelona e Valencia, e en 1938 desprázase á Unión Soviética no marco dunha comisión cultural republicana, e aos Estados Unidos e Cuba á procura de axuda para o goberno. Neste tempo publica os álbums da guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938), unha manifestación da súa carraxe contra o fascismo e en defensa da liberdade despois dos primeiros anos de represión, que acabaron con amigos seus, coma Alexandre Bóveda, e familiares como José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao.
En 1940 marcha a Bos Aires, onde ao ano seguinte estrearía a obra de teatro Os vellos non deben de namorarse e publicaría, en 1944, o ensaio Sempre en Galiza.
En marzo de 1946 incorporouse como ministro sen carteira ao Goberno da República no exilio, presidido por José Giral, e estivo en París até xaneiro de 1947. Regresou a Bos Aires, onde seguiu participando en actos culturais e políticos, se ben por entón xa estaba doente de cancro. En xullo dese ano estivo con Otero Pedrayo, quen falaba de Castelao coma “o irmao Daniel”. Ao ano seguinte, no Día da Patria, pronuncia o discurso Alba de groria.
Finou o 7 de xaneiro de 1950. Foi embalsamado e soterrado en Bos Aires, e o seu corpo foi traído -no medio de certa polémica- ao Panteón de Galegos Ilustres en 1984. En 1964 dedicóuselle o Día das Letras Galegas, e en 2011 a súa obra foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. En 2016 a Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Días das Artes Galegas. O seu legado consérvase en boa medida no Museo de Pontevedra.
OBRA
Narrativa
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
Cousas (1926, 1929)
Os dous de sempre (1934)
Retrincos (1934)
Teatro
Os vellos non deben de namorarse (1941)
Ensaio
Diario 1921 (1977)
As cruces de pedra na Bretaña (1930)
Sempre en Galiza (1944)
As cruces de pedra na Galiza (1950)
Debuxo
Álbum Nós (1931)
Cincoenta homes por dez reás (1925)
Cousas da vida (1925)
Galicia mártir (1937)
Atila en Galicia (1937)
Milicianos (1938)
Debuxos de negros (1939)
Cegos: os meus compañeiros (1941)
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Castelao. Publicado o 18/11/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3400. Recuperado o 20/03/2025
Castelao
Rianxo, A Coruña, 30/ 1/1886 - Bos Aires, Arxentina, 7/1/1950Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Médico de formación, destacou como escritor, político e debuxante. Foi un dos ideólogos da revista Nós
En 1912 casou con Virxinia Pereira, e en 1914 naceu o seu único fillo. Nese mesmo ano tivo un desprendemento de retina que fixo que deixase a profesión de médico, se ben volveu exercer por mor da pandemia de gripe de 1918. Tras opositar, en 1916 comezou a traballar como funcionario, e en 1918 pasou a ser profesor de debuxo no Instituto de Pontevedra.
En 1921 levou a cabo unha viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña cunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. En 1929, logo da morte do seu fillo, fixo outra viaxe a Bretaña tamén financiada pola JAE, co fin de estudar os cruceiros dese país.
En 1908 expuxo os seus debuxos en Madrid, e en 1909 gañou unha medalla de ouro na Exposición Rexional Galega cun tríptico titulado Unha festa na aldea.
En 1910 participou na fundación do semanario El Barbero Municipal, de carácter anticaciquil, xunto con Xosé Arcos e mais Eduardo Dieste. Colaborou tamén en publicacións galegas como Mi Tierra, españolas como El Liberal, El Parlamentario e El Gran Bufón, e coas arxentinas Suevia e La Voz de Galicia. En 1912 únese á Liga Agraria de Acción Gallega, liderada por Basilio Álvarez.
Na súa etapa pontevedresa participou de forma activa na vida cultural local, desde a rodaxe do filme Miss Ledya (a primeira peza audiovisual galega de ficción) á participación na Coral Polifónica. Tras a fundación na Coruña das Irmandades da Fala promoveu a creación dunha delegación na cidade do Lérez. En 1919 publicou os seus primeiros relatos en A Nosa Terra, que ilustraría posteriormente co título de Cousas. Despois pasou a publicar as súas viñetas nos xornais Galicia, o Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Amais dos seus relatos ilustrados, como escritor cultivou a narrativa (Un ollo de vidro, 1922; Os dous de sempre, 1934; Retrincos, 1934) e o teatro (Os vellos non deben de namorarse, 1941). En xullo de 1933 ingresou como membro da Real Academia Galega, co discurso As cruces de pedra na Galiza, contestado por Antón Villar Ponte.
En marzo de 1920 iniciou na Coruña unha mostra itinerante dos seus debuxos, baixo o título de Álbum Nós, que despois se expuxo en Madrid, Barcelona e varias cidades galegas. En 1924, coincidindo coa inauguración da exposición Nós en Santiago de Compostela, ingresou no Seminario de Estudos Galegos, que en 1930 publicou o seu estudo sobre As cruces de pedra de Bretaña.
Tamén en 1920 foi un dos promotores da revista Nós que, ata o número 9, levou na portada un deseño seu, e a partir do número 10 unha capa con diversas imaxes da iconografía galega. Ademais, publicou varios artigos e debuxos, como «A roda de San Xoán» no nº 1. No nº 2 da revista aparece a estampa número 35 do álbum Nós, «A tola do monte», imaxe que en 1926 se convertería nun dos textos de Cousas. No nº 3 aparece «Poemiña», sobre a aldea de Abuín, que despois se convertería en «Camiño esquecido» de Cousas. O «Dibuxo» do número 6 (agosto de 1921) recóllese de novo en Alma Gallega nº 35 (1922) como «O cruceiro». No número 9 aparece «Novela», que ten orixe na visita en París á casa dun “osteologist”, un home que vendía ósos humanos e peles tatuadas, e que aparece tamén en Cousas, así como «A vella Fanchuca» (nº 31), que figura en Cousas como «Esta morea de pedras e tellas». No nº 43 (xullo 1927) publica «O retrato», «Peito de lobo» e «O segredo», tres dos relatos que en 1934 foron incluídos no libro Retrincos. No número 17 sae un gravado sobre catro cruceiros galegos, reconvertido despois en «Onde hai un cruceiro» de Cousas. No nº 31 publícase un debuxo dun home sen un brazo montado nun burro.
No número 10, de abril de 1922, comeza o seu diario da viaxe europea de 1921, que se estenderá ao longo de sete crónicas. No nº 38 hai unha serie de cantigas que Castelao recolleu de man dun cego de Carballedo (Cotobade), e no nº 40 un conxuro recollido en Lalín dun cesteiro. No nº 67 (xullo de 1929) aparece «Sant’Yago na Bretaña», un artigo sobre a relevancia de Santiago o Maior naquela terra, xunto cunha cantiga en bretón e traducida ao galego sobre Iann Derrien, recollida en 1868 por François-Marie Luzel no seu libro Gwerziou Breiz-Izel.
No nº 80 (agosto de 1930) publicouse o discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo dese ano no Teatro García Barbón de Vigo, encol do «Galeguismo na arte». Para rematar, no nº 113 (maio de 1933) aparece o estudo «Escudos de Rianxo», 33 debuxos presentados ao Seminario de Estudos Galegos e analizados por Fermín Bouza-Brey. Deste estudo sairá o modelo do escudo de Galicia cunha serea, a bandeira e mais a lenda
Denantes mortos que escravos.
En 1930, tras a caída do goberno de Primo de Rivera, o galeguismo comeza a súa organización política. En setembro dese ano asiste á sinatura do Pacto de Barrantes, acordo entre republicanos e galeguistas, e en 1931 saíu elixido deputado ás Cortes Constituíntes, integrándose no grupo parlamentario coa FRG-ORGA. En xuño de 1931 convértese no primeiro presidente do Grupo Nacionalista Galego de Pontevedra, que en decembro dese ano deu pé ao Partido Galeguista. Porén, nas eleccións xerais de novembro de 1933 o galeguismo non conseguiu representación. En abril dese ano participara en Gernika nun mitin do Partido Nacionalista Vasco.
En outubro de 1934 é desterrado a Badaxoz, e regresa en setembro de 1935. En febreiro de 1936 volve saír elixido deputado polo Partido Galeguista, integrado na Fronte Popular, sendo o candidato máis votado da provincia de Pontevedra. Os seus esforzos centráronse na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia. O alzamento nacional colleuno en Madrid, o que posiblemente lle salvou a vida, e xa non regresaría a Galicia. Mantense leal ao goberno e marcha a Barcelona e Valencia, e en 1938 desprázase á Unión Soviética no marco dunha comisión cultural republicana, e aos Estados Unidos e Cuba á procura de axuda para o goberno. Neste tempo publica os álbums da guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938), unha manifestación da súa carraxe contra o fascismo e en defensa da liberdade despois dos primeiros anos de represión, que acabaron con amigos seus, coma Alexandre Bóveda, e familiares como José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao.
En 1940 marcha a Bos Aires, onde ao ano seguinte estrearía a obra de teatro Os vellos non deben de namorarse e publicaría, en 1944, o ensaio Sempre en Galiza.
En marzo de 1946 incorporouse como ministro sen carteira ao Goberno da República no exilio, presidido por José Giral, e estivo en París até xaneiro de 1947. Regresou a Bos Aires, onde seguiu participando en actos culturais e políticos, se ben por entón xa estaba doente de cancro. En xullo dese ano estivo con Otero Pedrayo, quen falaba de Castelao coma “o irmao Daniel”. Ao ano seguinte, no Día da Patria, pronuncia o discurso Alba de groria.
Finou o 7 de xaneiro de 1950. Foi embalsamado e soterrado en Bos Aires, e o seu corpo foi traído -no medio de certa polémica- ao Panteón de Galegos Ilustres en 1984. En 1964 dedicóuselle o Día das Letras Galegas, e en 2011 a súa obra foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. En 2016 a Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Días das Artes Galegas. O seu legado consérvase en boa medida no Museo de Pontevedra.
OBRA
Narrativa
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
Cousas (1926, 1929)
Os dous de sempre (1934)
Retrincos (1934)
Teatro
Os vellos non deben de namorarse (1941)
Ensaio
Diario 1921 (1977)
As cruces de pedra na Bretaña (1930)
Sempre en Galiza (1944)
As cruces de pedra na Galiza (1950)
Debuxo
Álbum Nós (1931)
Cincoenta homes por dez reás (1925)
Cousas da vida (1925)
Galicia mártir (1937)
Atila en Galicia (1937)
Milicianos (1938)
Debuxos de negros (1939)
Cegos: os meus compañeiros (1941)
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Castelao. Publicado o 18/11/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3400. Recuperado o 20/03/2025
Castelao
Rianxo, A Coruña, 30/ 1/1886 - Bos Aires, Arxentina, 7/1/1950Autoría: Henrique Monteagudo
Xenio e figura da nación galega
Primeira etapa. Os anos de formación (1886-1915)
Castelao naceu en 1886 en Rianxo e foi fillo de Mariano Rodríguez e Joaquina Castelao. A súa familia era de condición social modesta. O seu pai, mariñeiro, emigrou á Arxentina, onde se instalou como comerciante na Pampa, e el quedou ao coidado da súa nai, ata que ambos atravesan o Atlántico para xuntarse co pai, que coñece a piques de cumprir os dez anos (1895). Nos catro anos que a familia viviu na Pampa, a súa nai trouxo ao mundo as dúas irmás, Xoaquina e Tareixa. A experiencia da estrañeza social e cultural, primeiro na Pampa e despois á súa volta a Galicia (1900), aguzarían a percepción da singularidade étnica do seu pobo.
Nos inicios do século XX a familia regresa a Galicia, xa cunha posición social mellorada, ata o punto de que o seu pai chega a alcalde de Rianxo (1907). O ascenso social ábrelle ao noso autor o camiño aos estudos universitarios, que inicia no curso 1903-1904 en Santiago de Compostela. Aquí destaca no rebuldeiro ambiente estudantil non tanto pola súa brillantez académica como polas súas caricaturas e a súa colaboración coa tuna. Así, comeza a darse a coñecer como caricaturista na Exposición Regional Gallega de Santiago (1909) e nos Salóns de Humoristas da Sala Iturrioz de Madrid (1908 e 1909), e como ilustrador de publicacións na revista gráfica Vida Gallega de Vigo, o Almanaque Gallego de Bos Aires e libros como Princesa del amor hermoso (1909), de Sofía Casanova.
Unha vez obtido o título de licenciado en Medicina en 1909, marcha a Madrid a cursar o doutoramento, conforme desexaba o seu pai, pero regresará da capital sen rematalo, para se instalar en Rianxo. Nos anos seguintes revelarase como un artista reflexivo e combativo, militando a carón do seu pai no bando conservador / maurista contra os caciques do Partido Liberal. Nace así o semanario satírico El Barbero Municipal (Rianxo, 1910-1914), no que colabora asiduamente como debuxante e articulista, e no que estrea a súa escrita en galego nun rexistro popular e humorístico. Intégrase tamén no movemento Joven Galicia e en 1912 adhírese á Liga de Acción Gallega, ao mesmo tempo que multiplica a súa colaboración con diversas publicacións galegas (La Temporada de Mondariz) e da diáspora (La Voz de Galicia, Bos Aires), e con distintos medios madrileños (El Liberal), ademais de continuar ilustrando libros (La casa de la Troya, 1915). Nos seus debuxos e cadros retrata unha Galicia rural colorista, cunha estética costumista e unha visión pintoresca; mentres que as súas ilustracións apuntan máis cara á estética modernista. En 1912 realiza a súa primeira exposición individual en Ourense e contrae matrimonio coa estradense Virxinia Pereira, coa que axiña terá o seu único fillo, Afonso Xesús, nado en 1914 e que falecerá aínda mociño (1928).
En 1915 pronuncia en Madrid a súa conferencia Algo acerca de la caricatura, publicada en 1916 ou 1917, na que reivindica o carácter artístico da caricatura e a súa potencialidade como medio de revelación crítica da realidade ante un público masivo. O mesmo ano oposita na propia capital ao corpo funcionarial de Auxiliares de Estatística do Instituto Geográfico Estadístico, e obtén praza con destino na cidade de Pontevedra, onde se instalará en 1916.
Segunda etapa. «O noso xenial artista» (1916-1930)
Desde 1916 ata 1936 establece a súa residencia habitual na capital do Lérez, onde, ademais de desenvolver a súa carreira como funcionario, exerceu como profesor auxiliar de Debuxo no Instituto de Ensino Medio, onde trabou a amizade con Antón Losada Diéguez, unha figura que marcará a súa evolución. Grazas ao seu enxeño, o seu carácter alegre e a súa cordialidade, o noso autor integrouse con facilidade na vida social e cultural pontevedresa. Participou na fundación do Museo Provincial de Pontevedra (1927), co que se sentiu intimamente vencellado (ata o punto de legarlle a súa obra artística), e da Coral Polifónica (1928), coa que colaborou activamente, e da sociedade local de estudos Labor Gallega.
Nos anos que van desde a fundación das Irmandades da Fala (1916), ás que axiña se adheriría, ata a proclamación da II República (1931), Castelao afinca o seu compromiso co nacionalismo galego, ao mesmo tempo que desenvolve a súa carreira como debuxante e escritor. Cultura e política van da man, como nunca deixará de acontecer ata o final da súa vida, mais nesta etapa o noso autor concéntrase na produción artística, non só por vocación persoal, senón tamén pola forza das circunstancias, pois a ditadura primorriverista (1923-1930) coutou a actividade política do galeguismo.
A súa produción plástica desprégase sobre todo no debuxo e o deseño. O seu talento plásmase na serie de estampas que se exporán baixo o título xenérico de Nós e na súa colaboración en distintas publicacións como caricaturista, humorista gráfico e ilustrador de libros e revistas, mais tamén realizou incursións na escenografía e o cartelismo, e nunca abandonou a súa faceta como pintor, ben que esta última se resentiu dos seus graves problemas coa vista, que tenderon a empeorar ao longo da súa vida. Na década de 1920 Castelao revélase ademais como escritor, que non só cultiva a literatura de creación, senón tamén o articulismo e o ensaio, xénero este en que se inicia a través da oratoria. Castelao brilla con especial fulgor no texto breve, relatos e prosas narrativas, que son publicados en distintos medios antes de ser recollidos en volume. As súas dúas facetas de artista plástico e escritor fúndense admirablemente nas cousas, denominación dun xénero creado por el mesmo en que se combina unha estampa cun breve texto narrativo ou descritivo.
Así, as producións máis representativas da súa traxectoria neste período son a exposición e o álbum Nós, a revista do mesmo nome (da que foi ilustrador, director artístico e colaborador), as series de debuxos humorísticos «Cousas da vida» publicadas na prensa, e as pezas plástico-literarias que el mesmo denominou Cousas, reunidas nun primeiro volume en 1926 e nun segundo volume en 1929. A exposición Nós, mostra de corenta e nove estampas mais un autorretrato, inaugurouse na Coruña en 1920 e percorreu varias vilas e cidades galegas ata 1924, cando remataría o seu periplo en Compostela. O álbum que recolle esta mostra viría a lume co mesmo título en 1931. Os temas que aparecen nas estampas son os problemas sociais da Galicia rural daquel tempo, coa representación de tipos populares, mulleres e anciás, nenos e nenas, tolleitos, cegos e seres marxinais e, fronte a estes, os caciques, os burócratas, os fidalgos e os cregos. A mostra constituía un revulsivo estético contra o realismo costumista imperante, e contiña unha denuncia e unha interpelación. Alén da significación que tivo na traxectoria persoal de Castelao, esta exposición constitúe un fito na historia do nacionalismo e da cultura galega.
A súa produción como caricaturista e humorista gráfico, espallada en diversas publicacións, atinxe a súa forma máis acabada nas series «Cousas da vida», que lle reportaron unha extraordinaria popularidade. Nestas viñetas, Castelao tenta partir do pensamento do paisano galego, coa súa visión do mundo extremadamente pragmática, entre o escepticismo, a crítica e o desengano. Converteuse así nun desvelador da beleza, da intelixencia e da fondura da vida cotiá do pobo galego, retratada na súa realidade prosaica e fuxindo de todo tipismo folclorizante. Nas «Cousas da vida», Castelao soubo captar as contradicións e paradoxos da vida para lles dar unha fina expresión humorística, afastada do acedume das estampas de Nós. Dentro da súa obra plástica desta etapa non se pode esquecer o seu labor como ilustrador, sexa de publicacións periódicas (revista Nós, cabeceira do diario Galicia…), sexa de obras literarias, entre as que salienta, entre outras, a xoia verbal e plástica do poemario Na noite estrelecida, de Ramón Cabanillas (1926). Na súa produción como ilustrador revélase o Castelao máis decorativo e modernista.
Asemade, estréase como narrador en galego con relatos breves publicados n’A Nosa Terra (1919), pero axiña comeza a ensaiar unha nova modalidade artística, fundindo a expresión plástica e a literaria, que transcende o texto ilustrado e o debuxo con pé escrito. Esta modalidade dará lugar ao xénero das Cousas, do que vai ofrecendo entregas nas revistas Nós (1920-1923) e Céltiga (1924-1925 e 1926-1927) e os diarios Galicia (1924-1925) e El Pueblo Gallego (1926-1927), que serán recollidas en dous volumes (1926 e 1929). As Cousas constitúen a creación máis orixinal do autor, caracterizada polo seu carácter sintético, a máxima expresividade, a ironía e o humorismo nas súas diversas tonalidades, o seu carácter crítico e a abordaxe sentimental dos asuntos tratados, de carácter popular. Os textos están escritos nunha prosa elegante, clara e esmerada, en ocasións rítmica ata o punto de constituíren auténticos poemas en prosa.
Por parte, cómpre facer referencia á súa faceta como orador e ensaísta. As súas primeiras conferencias versan sobre temas artísticos: Arte e galeguismo (1919), Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura (1920) e «O novo espírito» (1924). Estes asuntos son novamente tocados en conferencias pronunciadas nos inicios da década seguinte: «O galeguismo na arte» (1930), «O novo espírito na arte» (1932) e «A caricatura» (1932). Coa conferencia «Arte e galeguismo» (1919) pretende definir as bases dunha estética e dunha pintura nacional galega, desenvolvendo unha reflexión fortemente influída polas ideas do escritor ruso León Tolstoi, que contrapón o cosmopolitismo universalista das elites coa autenticidade e orixinalidade da verdadeira arte popular. Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura volve sobre asuntos tocados no seu primeiro texto sobre a caricatura, e nel introdúcese a modo de exemplo o relato Un ollo de vidro, que sería publicado de xeito independente pola editorial Céltiga (1922).
Grazas a unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios, en 1921 realiza unha longa viaxe de estudo por Europa (París, Bélxica, Berlín e Múnic), durante a cal percorre museos e visita exposicións de arte. As súas experiencias e impresións durante esta viaxe están recollidas nun Diario, que está na base de dúas series de artigos publicados na revista Nós —«Do meu diario» e «Cubismo» (1922-1923)—, onde queda patente o seu rexeitamento das correntes pictóricas de vangarda, coa excepción do expresionismo alemán.
O pasamento do seu fillo Afonso (1928) súmeo na dor, da que só comeza a saír grazas á bolsa que lle é concedida para percorrer A Bretaña estudando os seus cruceiros. O traballo resultante, As cruces de pedra na Bretaña, editado polo Seminario de Estudos Galegos (1930), anuncia a súa monografía sobre os cruceiros galegos, As cruces de pedra na Galiza, da que ofrecería un avance no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (1934) e que virá a lume, magnificamente ilustrada, en Bos Aires (1950).
Terceira etapa. Castelao político (1931-1950)
A fin da ditadura abre paso á proclamación da II República (1931), que crea un marco propicio para a mobilización política do galeguismo. Este toma corpo na fundación do Partido Galeguista, o cal establece como o seu obxectivo central a consecución do autogoberno galego, mediante a aprobación dun Estatuto de autonomía. Castelao mergúllase de cheo na acción política. Presenta a súa candidatura pola provincia de Pontevedra nas eleccións ás Cortes Constituíntes da República, nas que é elixido deputado, e participa na fundación do Partido Galeguista (1931), do que será un dos referentes máis sobranceiros. Na súa actividade parlamentaria destaca o seu discurso en defensa dunha emenda ao artigo da Constitución da República referente á oficialidade das linguas, no que se enfrontou con Miguel de Unamuno.
O encargo da escenografía para a estrea en Madrid do drama Divinas palabras, de Valle-Inclán (1932), supón un fito relevante na súa carreira plástica. Pero a tarefa principal naquel momento foi o impulso do proceso autonómico galego, que culmina coa aprobación do proxecto de Estatuto de autonomía na asemblea de municipios galegos (decembro de 1932). Non obstante, o proceso estatutario queda en suspenso pola crise de goberno e a convocatoria de novas eleccións, que son gañadas pola dereita e que deixan a Castelao fóra do Parlamento. Isto dálle máis lecer para os seus traballos artísticos. En 1934 dá ao prelo dous libros cos que pon o ramo á súa traxectoria como narrador: a colección de relatos Retrincos, ilustrados con gravados do pintor Carlos Maside, e a novela Os dous de sempre, ilustrada polo propio autor. Retrincos acolle cinco contos que narran episodios biográficos, desde a súa infancia na Arxentina («O segredo») ata a súa efémera experiencia como médico durante o andazo de gripe de 1918 («O retrato»). Trátase de relatos intensos na súa brevidade, que se desenvolven nunha progresión narrativa perfectamente pautada ata un final redondo, tecidos nunha prosa sinxela, tersa, traballada co coidado minucioso dun ourive.
En outubro de 1934, como resposta á chamada Revolución de Asturias e á declaración do Estat Català, o Goberno dereitista da República desata unha vagada represiva, que atinxe ao Partido Galeguista e castiga co desterro a Castelao e Alexandre Bóveda, os seus secretarios político e de organización respectivamente. Desde finais de outubro de 1934 ata mediados de xullo de 1935, o noso autor vese obrigado a residir en Badaxoz, desde onde viaxaría a Lisboa para coñecer persoalmente ao poeta Teixeira de Pascoaes e atoparse co profesor Manuel Rodrigues Lapa. Desde Estremadura participa de xeito decisivo no debate interno que se abre no Partido Galeguista sobre a política de alianzas. Castelao e Bóveda maniféstanse claramente a prol de acordos coas forzas republicanas dispostas a impulsar a aprobación do Estatuto de autonomía. O noso autor publica n’A Nosa Terra, voceiro do partido, unha serie de artigos titulada «Verbas de chumbo», dirixidas á militancia galeguista, nos que se enfronta coas posicións da dereita do Partido Galeguista, que acabará por escindirse para formar a Dereita Galeguista. Co tempo, esta serie será incorporada a Sempre en Galiza como «Adro» ou limiar.
O Partido Galeguista vai ás eleccións xerais de febreiro de 1936 formando parte da Frente Popular, que gaña as eleccións e en cuxas ringleiras Castelao sae elixido como o deputado máis votado en Galicia. O novo Goberno de esquerda abre o camiño para a celebración do referendo do Estatuto, que se realiza o 28 de xuño. Un par de semanas despois, Castelao viaxa a Madrid como parte dunha delegación galega para entregar o texto do Estatuto ás autoridades da República. Alí sorpréndeo o golpe de Estado do 18 de xullo e, a partir dese momento, o noso autor nunca máis volverá a Galicia.
Durante a guerra reside sucesivamente en Madrid, Valencia e Barcelona. Involúcrase con todas as súas forzas na defensa da democracia republicana e da autonomía de Galicia. Colabora na organización das Milicias Populares Galegas en Madrid e da Solidaridade Antifeixista Galega (SAG) en Valencia. Asemade, mantén unha columna, novamente co título «Verbas de chumbo», en Nueva Galicia. Portavoz de los Antifascistas Gallegos, editado polo Partido Comunista, e publica diversas colaboracións no xornal Nova Galiza. Boletín Quincenal dos Escritores Galegos Antifeixistas, editado en Barcelona. En 1938 prepara a publicación dun libro, Verbas de chumbo, que recolle a serie publicada en Nueva Galicia, pero este non chega a saír do prelo. O seu activismo artístico antifascista plasmouse en tres álbums de guerra, Atila en Galicia, Galicia mártir (Valencia, 1937) e mais Milicianos (Nova York, 1938), que atinxiron unha ampla difusión internacional, nun contexto de auxe do fascismo e de mobilización democrática en todo o mundo.
Outra faceta da súa actividade en defensa da República son as viaxes de propaganda organizadas polo Goberno. A primeira lévao á Unión Soviética (abril-maio, 1938) e a segunda condúceo aos Estados Unidos, onde o sorprenderá a derrota da República e onde residirá case dous anos (xullo 1938-xuño 1940). Nos Estados Unidos colabora co Frente Popular Gallego Antifascista e desenvolve unha intensa campaña de mitins por todo o país para recadar fondos. Desde alí viaxa a Cuba coa mesma finalidade, dá conferencias na Universidad de La Habana e intervén nas eleccións á directiva do Centro Galego da capital (novembro 1938- febreiro 1939). En Nova York completa a súa farsa dramática Os vellos non deben de namorarse, que comezara anos antes e que será estreada en Bos Aires en 1941 e representada en Montevideo no ano seguinte. Tamén redacta un texto memorialístico que se acabará convertendo o Libro II de Sempre en Galiza. Antes de abandonar a cidade funda, xunto a Emilio González López, a Casa de Galicia-Unidade Galega de Nova York (1940).
Unha vez nomeado xefe do Partido Galeguista polo grupo de Bos Aires, fai un chamamento aos militantes exiliados para que se poñan en contacto con el con vistas á reconstrución do partido, que obtén escaso eco. De regreso en Bos Aires, funda a Irmandade Galega e aposta pola colaboración cos vascos e cataláns, cos que refunda Galeuzca, que publicará unha revista co mesmo nome. A relación cos nacionalistas vascos, especialmente estreita, foi moi útil no proceso que rematou coa súa incorporación ao Goberno republicano no exilio, pero acabou constituíndo un problema cando este entrou en crise, polas diferenzas políticas que afloraron entre Castelao e o PNV.
Unha vez instalado en Bos Aires, a onde arriba en xullo de 1940, desenvolve unha intensa actividade política e cultural que o leva a distintas cidades arxentinas e a Montevideo, e redacta o que será o Libro III de Sempre en Galiza, ao que incorpora os textos de artigos, conferencias e discursos que produce ata 1943. A obra veu a lume en 1944, editada polo Centro Ourensán da capital porteña. A súa presentación pública nun acto multitudinario constituíu un acto preparatorio da fundación do Consello de Galiza, especie de goberno galego no exilio, encargado de custodiar o dereito de Galicia á autonomía, ao que se adheriron un grupo significativo pero minoritario de deputados galegos da diáspora.
Despois de rematada a guerra mundial coa derrota do eixe nazi-fascista, o exilio republicano reorganízase, na convicción de que as potencias vencedoras obrigarán a Franco a abandonar o poder. Castelao participa na reunión das Cortes en México, na que consegue a constitución da Comisión para o estudo do Estatuto de Galicia (1945). A primeiros de 1946 constitúese un goberno de concentración con representación das distintas forzas e correntes políticas, presidido por Francisco Giral, e Castelao é designado ministro en representación da oposición democrática galega e co decisivo apoio do galeguismo do interior, co que retomara contacto ao longo de 1945. Isto fórzao a trasladarse a París (agosto de 1946), sede do Goberno no exilio, onde residirá ata que a crise deste (xaneiro de 1947) lle abra a porta para o regreso a Bos Aires.
As esperanzas da restauración democrática esváense, e Castelao disente das tentativas de parte da oposición de pactar cos monárquicos desafectos ao franquismo, o que o distancia tanto dos nacionalistas vascos e cataláns coma dos galeguistas do interior. Aínda que desilusionado e doente, ao seu regreso Castelao non deixa de facer labor entre a colectividade galega de Bos Aires. O último acto público de relevo no que participa é a celebración do Día de Galicia de 1948, durante a cal pronuncia o seu discurso «Alba de gloria», talvez a peza cume da oratoria en galego.
Ante o avance da súa doenza, o círculo bonaerense que o arrodea afánase na produción da que sería a súa última obra, As cruces de pedra na Galiza, da que só conseguiu ver impresos os primeiros cadernos, pois o agravamento da enfermidade lévao á morte no Sanatorio do Centro Galego o 7 de xaneiro de 1950. Co velorio do seu cadáver e o seu multitudinario enterro no cemiterio da Chacarita despídese unha figura unanimemente querida e admirada e comeza a construción do mito, o mito máis sobranceiro da Galicia no século XX.
Como citar: Monteagudo, Henrique : Castelao. Publicado o 12/2/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3400. Recuperado o 20/03/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Acta fundacional do Consello de Galiza, 1944. Ver Documento. Noticia
O 15 de novembro de 1944 constitúese en Montevideo o Consello de Galiza, como un intento de manter a lexitimidade republicana e a reivindicación do autogoberno galego, pois o Estatuto de autonomía, plebiscitado poucas semanas antes do levantamento militar, non chegou a entrar en vigor. Participaban nel como persoeiros os catro deputados galegos das Cortes republicanas, todos eles no exilio: Castelao (quen foi o seu primeiro presidente ata a súa morte en 1950), Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde e Ramón Suárez Picallo. Aínda que non todo o exilio o aceptou como representativo, polo excesivo protagonismo dos galeguistas, entre as colectividades americanas tivo unha grande acollida. A súa principal preocupación foi manter viva a memoria do galeguismo e a defensa dos dereitos políticos de Galicia ante os gobernos republicanos e as outras comunidades como a catalá e a vasca.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.
Postal enviada por Castelao durante unha estadía en Estados Unidos, 1940. Ver Documento. Epístola
En xullo de 1936 Castelao atopábase en Madrid presentando nas Cortes o Estatuto de autonomía de Galicia, que acababa de ser aprobado polo pobo galego. Isto salvou a súa vida. Durante a guerra foi comisionado polo Goberno republicano para participar en viaxes de propaganda á Unión Soviética, Estados Unidos e Cuba.
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Xosé Bieito Abraira
Chegou por vez primeira a Estados Unidos nunha viaxe sen retorno o 26 de xullo de 1938, acompañado da súa esposa, Virxinia Pereira, e doutros galeguistas como Luís Soto. Percorreron todo o país nunha intensa campaña de mitins para recadar fondos e crear unha opinión favorable aos intereses republicanos. Volve noutras ocasións pero polo que lemos na postal que lles envía aos seus amigos en Arxentina, a súa experiencia non foi boa, non se sentiu a gusto nun país cunha lingua e uns costumes tan alleos.
[Carta de Castelao a Lois Tobío]. Ver Documento. Epístola
Castelao informa da situación de diversos exiliados, e os que van chegando aos Estados Unidos. Tamén do seu traballo para tentar axudar. "Agora ando por casa recadando casrtos. Xa temos uns cinco mil dólares".
Fonte: Consello da Cultura Galega. Proxecto Epístolas. Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal.
Telegrama comunicando a presentación do proxecto de decreto de bilingüismo escolar en nome do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento
Castelao presentou en dúas ocasións un proxecto de Decreto de Bilingüismo escolar no Congreso dos Deputados, en 1931 e 1936, trala aprobación por parte do Goberno dun co mesmo obxectivo -aínda que de máis alcance- para Cataluña. Este documento é parte das negociacións levadas a cabo durante o intento de 1936. Castelao comunícase coa entidade autora do proxecto presentado, o Seminario de Estudos Galegos, e solicita posibles terceiras entidades que participen nos informes e discusións ao redor do proxecto. O decreto, cun nivel competencial menor que o catalán, non foi aprobado.
«O segredo». Ver Documento
Texto do relato «O segredo» incluído por Castelao no seu libro Retrincos (1934).
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.
«O negriño Panchito». Ver Documento
Relato incluído por Castelao no seu libro Cousas (1929).
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.
«O pai de Migueliño». Ver Documento
Relato incluído por Castelao no seu libro Cousas (1929).
Artigo e retrato de Avelino Cachafeiro publicados por Castelao en Galicia: Diario de Vigo. Ver Documento. Páxina de prensa
Castelao: «O Gaiteiro de Soutelo», Galicia: Diario de Vigo, 582 (10 de agosto de 1924), 1.
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Certificado de matrimonio de Virxinia Pereira e Castelao, celebrado na Estrada o 18 de outubro de 1912. Ver Documento
Fonte: Rexistro Civil da Estrada. Cortesía de Luís Ferro Pego
«Eu non quería morrer alá, ¿sabe, miña nai?». Ver Documento
Esta estampa de Castelao, publicada no seu libro Cousas da vida e unha das mellores imaxes do fracaso que supuxo para moitos galegos a emigración.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.
Os dous de sempre. Ver Documento
Na única nóvela de Castelao, Os dous de sempre, o tema da emigración non podía estar ausente. Como mostra reproducimos o texto do capítulo XXXV, que amosa como un dos protagonistas, Pedro, marcha á emigración.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.
Opinión de Castelao sobre a emigración. Ver Documento
Fragmento de Sempre en Galiza no que Castelao dá a súa visión da emigración.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
O legado de Castelao no Museo de Pontevedra. Ver Documento. Artigo
Tilve Jar, María de los Ángeles: «El legado Castelao en el Museo de Pontevedra». En Real López, Inmaculada (ed.): Las colecciones y los museos del exilio. Madrid: Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Momio Democrática, 2021; 66-107.
Fonte: Catálogo de publicaciones de la Administración General del Estado
https://www.mpr.gob.es/servicios/publicaciones/Documents/Colecciones_museos_exilio2021.pdf [Descarga: 2022-12-07]
Estudo de Carmen Mejía Ruiz, publicado na revista Madrygal, sobre o exilio de Castelao en Norteamérica. Ver Documento. Artigo
Mejía Ruiz, Carmen: «El exilio de Castelao en Norteamérica: textos y documentos», Madrygal, 7 (2000), 79-92.
Fonte: Madrygal / Dialnet.
Artigo de Olimpio Arca sobre as mulleres da familia Castelao. Ver Documento. Artigo
Arca Caldas, Olimpio: «As dúas mulleres de Castelao», A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, 2 (1999), 9-47.
Fonte: Universidad de La Rioja. Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es
Tres cartas de Castelao a Ramón Martínez López. Ver Documento. Artigo
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Martínez López, Ramón: «Tres cartas do desterro», Boletín de la Real Academia Gallega, 357 (xaneiro de 1975), 73-77
Número de Galicia: revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires dedicado ao pasamento de Castelao. Ver Documento. Publicación impresa
Galicia: revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires, 444 (febreiro de 1950).
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento. Artigo
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Escrito presentado ante a Xunta Provincincial do Censo polos candidatos socialistas e da esquerda republicana. Asinan, entre outros, Alejandro Viana, Castelao, Paz Andrade e Alonso Ríos. Ver Documento
«De la farsa electoral en esta provincia: Importante escrito, documentado, que presentaron ante la Junta provincial del Censo, al final de escrutinio, los candidatos candidatos de la Conjunción de izquierdas republicanas y que también los candidatos socialistas», La hora: semanario de izquierdas, 122 (2 de decembro de 1933), 3.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Ligazóns de interese
Acceso ao espazo web da Fundación Castelao
Fonte: Fundación Castelao.
https://fundacioncastelao.gal
Castelao 25, espazo dedicado ao Ano Castelao no portal web do Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega.
https://consellodacultura.gal
Ano castelao na web da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Cándido Pazó en "Contos de Castelao" unha publicación do Arquivo Sonoro de Galicia
Santiago Prego en "Contos de Castelao" unha publicación do Arquivo Sonoro de Galicia
Avelino González en "Contos de Castelao" unha publicación do Arquivo Sonoro de Galicia
Arquivo da palabra: Afonso D. Rodríguez Castelao
Afonso D. Rodríguez Castelao. Mensaxe gravada en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse, no Teatro Solís de Montevideo o 8 de outubro de 1941.
Epístolas de
Carta de Alfonso R. Castelao a Lois Tobío Fernández, sen data.
Carta de Castelao a Filgueira Valverde. 1925
Carta de Alfonso R. Castelao a Juan Clemente Zamora, 1939.
Carta de Alfonso R. Castelao a Lois Tobío Fernández, 1939.
Carta de Alfonso R. Castelao a Lois Tobío Fernández, 1944.
Videos
Casa da familia Castelao, en Rianxo, con imaxes de Teresa Castelao e Emma Tojo. 1 de setembro de 1979
Fonte: Fondo Baltar. Serie Javier Baltar.
https://www.youtube.com/watch?v=dO-DIXSEnOY [Consulta: 2022-12-07]
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Audios
Un ollo de vidro [fragmento]
Unha recreación do discurso Alba de Gloria de Castelao
Contos de Castelao 01: Na voz de Santi Prego
Contos de Castelao 02: Na voz de Avelino González
Contos de Castelao 03: Na voz de Cándido Pazó
«Lela (serenata compostelana». Letra, Alfonso Rodríguez Castelao; música atribuída a Emilio Pita. Interpretado polo Coro do Centro Gallego de Montevideo
Castelao presenta Os vellos non deben de namorarse cunha fonopostal
Referencias bibliográficas
- Alberto Míguez, El pensamiento político de Castelao, Ruedo Ibérico, París, 1965.
- ALONSO FERNÁNDEZ, Bieito: O exilio de Castelao, Vigo: A Nosa Terra, 2000.
- ARMESTO, Victoria: Los hijos cautivos de Breogán: el rastro de Castelao en América, Sada: Ediciós do Castro, 1986.
- Henrique Monteagudo, Alfonso R. Castelao, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Cultura, Santiago, 2000.
- Luís Seoane, Castelao artista, Alborada, Bos Aires, 1969.
- Luís Soto, Castelao, a UPG e outras memorias, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1983.
- Méixome Quintero, Carlos (2000): Castelao. Unha historia do nacionalismo galego. Vigo: Edicións do Cumio.
- Monteagudo, Henrique (2000) (ed.): Obras [Castelao]. Galaxia.
- NÚÑEZ SEIXAS, Xosé Manoel / CAGIAO VILA, Pilar: O Exilio galego de 1936, política, sociedade, itinerarios, Sada: Ediciós do Castro, 2007.
- NÚÑEZ SEIXAS, Xosé Manoel: “Emigración e exilio en Alfonso R. Castelao: da “moura fartura” á “Galiza ideal”, en Estudios Migratorios, núms. 15/16, xuño-decembro 2003, p. 9-48.
- Ramón Máiz (coordinador), Castelao, Sempre en Galiza. Edición crítica, Parlamento de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, 1992.
- Seixas Seoane, Miguel Anxo (2019): Castelao. Construtor da nación. Tomo I: 1886-1930. Vigo: Galaxia.
- Seixas Seoane, Miguel Anxo (2020): Castelao. Construtor da nación. Tomo II: 1931-1939. Vigo: Galaxia.
- Valentín Paz-Andrade, Castelao na luz e na sombra, Ediciós do Castro, Sada, 1982.
- VVAA., Catálogo 50 Aniversario. Castelao, Fundación Caixa Galicia, 2000.
Publicacións periódicas
Estudios Gallegos (1915-1916) .
Revista Quincenal de Lenguaje, Fianza y Turismo
Suevia [1916] (1916-1916) .
Revista Gallega
Centro Gallego (1917-1925) .
Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay
Alma Gallega (1919-1927) .
Revista Mensual: Órgano Oficial de la Sociedad Casa de Galicia
Posteriormente varía a denominación aparecendo como Órgano Oficial de Casa de Galicia, Boletín de Casa de Galicia, Boletín Oficial de Casa de Galicia, Revista de Casa de Galicia etc.
América Galicia (1921-) .
N.º 21-22: Revista Mensual Hispano Americana
N.º 27: Revista Comercial Ilustrada Ibero-americana
Terra Galega (1921-) .
Boletín mensual: Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e paladín do honor da Raza Céltiga
Roladas, As (1922-) .
Folla dos rapaciños galegos
Hogar Gallego (1922-) .
Publicación Oficial
Terra (1923-1923) .
Boletín de Cultura Galega: Idearium da I.N.G. n'América do Sul
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Galicia [Bs As 1926] (1926-) .
Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Mutualidad - Cultura - Beneficencia
Lar Galicián (1926-) .
Folla Galeguista
Unión Estradense (1928-) .
Instrucción-Fomento-Cooperación: Fundada el 8 de mayo de 1916: Adherida a la Federación de Sociedades Gallegas
Galicia [Montevideo 1929-30] (1929-1930) .
Cultura Gallega - Información - Noticias
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1931-) .
Arenteiro, O (1931-) .
Publicación Oficial de la Sociedad Hijos del Partido de Carballino: Revista Oficial
Irmandino, O (1934-1936) .
Periódico galego: Órgano da Irmandade Galeguista do Uruguai
Alalá (1935-1935) .
Revista de Arte e Letras editada pol-a Coral Os Rumorosos
Alma Gallega (1935-1967) .
1935: Revista de «Casa de Galicia»
1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia
Galicia Libre (1937-) .
Semanario popular informativo
Nova Galiza (1937-1938) .
Boletín quincenal dos escritores antifeixistas
Nueva Galicia (1937-1938) .
Portavoz de los Antifascistas Gallegos
Galicia libre (1937-) .
Órgano de la agrupación de gallegos libertarios
Alma Gallega (1939-) .
Defensora del prestigio y de los derechos de los gallegos residentes en Cuba
Loita (1939-) .
Órgano de "Hermandad Gallega"
Abrente (1941-1941) .
Revista Galega
Fouce, A (1941-1944) .
Periódico galego
Ronsel (1941-) .
Revista editada por el Centro Orensano de Buenos Aires
Nosa Terra, A (1942-1972) .
Periódico galego
Saudade (1942-) .
Verba Galega nas Américas
Lugo (1943-) .
Órgano oficial del Centro Lucense de Buenos Aires
Publicación del Centro Lucense de Buenos Aires
Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires
Órgano del Centro Lucense
Loita (1943-) .
Periódico mensual de información
Segunda Época do Boletín Galego de Información: Editado pola Comisión Galega do P.C. de Hespaña
Orensano, El (1944-1945) .
Periódico galego
Orzán (1945-1957) .
Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires
Galeuzca (1945-1946) .
Galiza - Euzkadi - Catalunya
Opinión Gallega (1945-) .
Galiza (1947-) .
Órgano do Bloque Repubricán Nazonal Galego
Vida Gallega en Cuba, La (1949-1960) .
Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia
Irmandino, O (1958-1961) .
Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai
Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
Revista de poesía universal
Irmandade (1965-) .
N.º 1-2: Boletín mensual de la Hermandad Gallega de Venezuela
N.º 24-26: Periódico de la Hermandad y para la Hermandad: Apolítico, Cultural, Social, Deportivo y Benéfico
N.º 28-36: Hermandad Gallega de Venezuela
Nova Galicia (1966-) .
Revista de Cultura y Política
Triviana (1971-) .
Órgano oficial informativo del Centro Viana-Trives y Partidos Valdeorras-Verín
Aturuxo (1974-) .
Celta Social (1977-) .
Órgano del Centro Gallego de Toronto
Boletín Casa de Galicia (1977-) .
Centro Galego de Barcelona (1978-) .
Boletín interno da sociedade
Cultura (1981-) .
1981: Boletín dos Grupos Terra Nai e Pascual Veiga ó coidado do Departamento de Cultura
1982: Voceiro do Departamento de Cultura Casa de Galicia en Bilbao
Semente (1982-) .
Boletín da Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra
Semente (1982-) .
Voceiro
Centro Galego de Lucerna (1984-) .
Maio-Xuño 1984: Galicia na Suíza
Nadal 1984: Voceiro do Nadal
Maio 1986: Arte e Cultura de Galiza na Suíza
Maio 1990: Arte e Cultura de Galiza na Suíza: Voceiro Cultural Galego
Galicia [Caracas 1984] (1984-) .
Voz da Lareira, A (1984-) .
Voceiro da Casa de Galicia
Guieiro [1984] (1984-) .
Órgano Oficial de Prensa do Patronato da Cultura Galega: Publicación trimestral interna
Esmorga (1985-) .
Galego, O (1988-) .
Voceiro da Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa
Anduriña (1991-) .
Portavoz de la Peña de Galicia del CEOC-California
Arxela (1994-) .
Voceiro da Asociación Cultural "Cova da Serpe"
Artigos Castelao
CASTELAO. (10/1922) O cruceiro | Alma Gallega. 1ª (extraordinario), 35.
MASIDE, C. CASTELAO. (9/1924) Castelao y Maside | Céltiga. 1ª (1), 39.
CASTELAO. (10/1924) Caricaturas de Castelao | Céltiga. 1ª (2), 47.
MASIDE, C. CASTELAO. (10/1924) Caricaturas de Castelao y Maside | Céltiga. 1ª (3), 29.
MASIDE, C. CASTELAO. (11/1924) Humoristas gallegos | Céltiga. 1ª (4), 29.
CEBREIRO, Á. MASIDE, C. CASTELAO. (11/1924) Caricaturas de Castelao, Maxide y Cebreiro | Céltiga. 1ª (5), 31.
CASTELAO. (12/1924) O Rifante | Céltiga. 1ª (6), 27.
MASIDE, C. CASTELAO. VIDALES TOMé, I. (12/1924) Humoristas gallegos | Céltiga. 1ª (6), 31.
CASTELAO. (12/1924) O alquilador | Céltiga. 1ª (7), 27.
CASTELAO. VIDALES TOMé, I. (12/1924) Humoristas gallegos | Céltiga. 1ª (7), 31.
CASTELAO. (1/1925) O cego de Castelao | Céltiga. 1ª (8), 27.
CEBREIRO, Á. MASIDE, C. CASTELAO. (1/1925) Humoristas gallegos | Céltiga. 1ª (8), 30.
CASTELAO. (1/1925) O aparello | Céltiga. 1ª (9), 27.
MASIDE, C. CASTELAO. VIDALES TOMé, I. (1/1925) Humoristas gallegos | Céltiga. 1ª (9), 34.
CASTELAO. (2/1925) O monte | Céltiga. 1ª (10), 6.
CASTELAO. (2/1925) O Crime | Céltiga. 1ª (10), 6.
CASTELAO. (2/1925) A cova | Céltiga. 1ª (10), 7.
CASTELAO. (2/1925) As rosas | Céltiga. 1ª (10), 7.
CASTELAO. (2/1925) O feitizo | Céltiga. 1ª (10), 7.
CASTELAO. (2/1925) O miragro | Céltiga. 1ª (10), 7.
CASTELAO. (2/1925) A procesión | Céltiga. 1ª (10), 8.
CASTELAO. (2/1925) O corpo santo | Céltiga. 1ª (10), 8.
CASTELAO. (2/1925) Siñales do ceo | Céltiga. 1ª (10), 8.
CASTELAO. (2/1925) Terra e fala | Céltiga. 1ª (10), 8.
CASTELAO. (2/1925) O profundador | Céltiga. 1ª (11), 27.
CASTELAO. (6/1925) Frente á estatua de Montero Rios | Céltiga. 1ª (12), 14.
CASTELAO. (7/1925) A estrela do apóstolo | Céltiga. 1ª (14), 6-8.
CASTELAO. (8/1925) Juan Quinto | Céltiga. 1ª (15), 11.
CASTELAO. (11/1925) Castelao, académico | Céltiga. 1ª (22), 3.
CASTELAO. (12/1925) Cousas da vida | Céltiga. 1ª (24), 5.
CASTELAO. (1/1926) Un ollo de vidro. Memorias d'un esquelete | Céltiga. 1ª (26), 29.
CASTELAO. (1/1926) Un ollo de vidro. Memorias d'un esquelete | Céltiga. 1ª (26), 29.
CASTELAO. (2/1926) Un ollo de vidro. Memorias d'un esquelete | Céltiga. 1ª (27-28), 81.
CASTELAO. (2/1926) O enterrador, meu amigo | Céltiga. 1ª (27-28), 81.
CASTELAO. (2/1926) A danza | Céltiga. 1ª (27-28), 81.
CASTELAO. (3/1926) Un ollo de vidro. Memorias d'un esquelete | Céltiga. 1ª (29-30), 49.
CASTELAO. (3/1926) O oitocentista | Céltiga. 1ª (29-30), 49.
CASTELAO. TORRES, M. (4/1926) Página humorística | Céltiga. 1ª (31), 21.
CASTELAO. (4/1926) Un ollo de vidro. Memorias d'un esquelete | Céltiga. 1ª (31), 33.
CASTELAO. (4/1926) A namorada | Céltiga. 1ª (31), 33.
CASTELAO. (4/1926) O poeta | Céltiga. 1ª (31), 33.
CASTELAO. (4/1926) Un ollo de vidro. Memorias d'un esquelete | Céltiga. 1ª (32), 33.
CASTELAO. (4/1926) O vampiro | Céltiga. 1ª (32), 33.
CASTELAO. (7/1926) Os dous espritos | Céltiga. 1ª (37-38), 13.
CASTELAO. (7/1926) Moinante | Céltiga. 1ª (37-38), 27.
MASIDE, C. CASTELAO. (7/1926) Página humorística | Céltiga. 1ª (37-38), 61.
CASTELAO. (8/1926) O petrucio | Céltiga. 1ª (40), 1.
CASTELAO. (11/1927) O retrato | Alma Gallega. 1ª, 21-22.
CASTELAO. (11/1927) Peito de lobo | Alma Gallega. 1ª, 22.
CASTELAO. (11/1927) O segredo | Alma Gallega. 1ª, 23.
CASTELAO. (12/1930) Habla Castelao | Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (185), 1.
CASTELAO. (8/1936) O Cego | Centro Social Betanzos. 1ª, 43.
CASTELAO. (11/1942) Do libro de Castelao «Sempre en Galiza» | Nosa Terra, A. (432), 7.
CASTELAO. (12/1942) Cousas da vida | Alborada. 1ª (118), 25.
CASTELAO. (12/1942) Humorismo gallego | Alborada. 1ª (118), 38.
CASTELAO. (12/1942) Humorismo gallego | Alborada. 1ª (118), 72.
CASTELAO. (5/1944) Los cruceros | Acción Gallega. 2ª (6), 8.
CASTELAO. (5/1944) Los cruceros (continuación) | Acción Gallega. 2ª (7), 8.
CASTELAO. (5/1944) A Marquesiña | Acción Gallega. 2ª (8), 8.
CASTELAO. (5/1944) Sempre en Galiza | Acción Gallega. 2ª (9), 3.
CASTELAO. (6/1944) O deber esquecido | Acción Gallega. 2ª (13), 1.
CASTELAO. (7/1944) Gran discurso de Alfonso R. Castelao | Acción Gallega. 2ª (17), 4.
CASTELAO. (12/1944) Verbas de chumbo | Nosa Terra, A. (433), 5.
CASTELAO. (9/1945) Homenaje a Luis Companys, en el cuarto aniversario de su muerte, por Radio Ariel de Montevideo | Alborada. 1ª (128), 9-10.
CASTELAO. (9/1945) La Saudade | Alborada. 1ª (128), 37-38.
CASTELAO. (10/1945) Sempre en Galiza. Fragmento do gran libro de Castelao do mesmo título | Nosa Terra, A. (442), 1.
CASTELAO. (7/1946) Telegrama de Castelao ao Intendente de Montevideo | Nosa Terra, A. (449), 2.
CASTELAO. (7/1946) Do libro «Sempre en Galiza» | Nosa Terra, A. (449), 7.
CASTELAO. (3/1947) Carta de Castelao | Alborada. 1ª (134), 8.
CASTELAO. (12/1947) [sen título] | Betanzos. 1ª (42), 17.
CASTELAO. (12/1948) O Horreo | Betanzos. 1ª (43), 27.
CASTELAO. (10/1949) O noso republicanismo | Alborada. 1ª (143), 58.
CASTELAO. (1950) Os bos e xenerosos | Monte Louro. 1ª, 15.
CASTELAO. (1950) Os patriotas | Monte Louro. 1ª, 16.
CASTELAO. (1950) O «Rifante» | Monte Louro. 1ª, 17.
CASTELAO. (1/1950) O chaviño | Airiños. 1ª (10), 10.
CASTELAO. (1/1950) O Rifante | Airiños. 1ª (10), 10-11.
CASTELAO. (4/1950) A vaca (de «Sempre en Galiza») | Alborada. 1ª (145), 19.
CASTELAO. (7/1950) De «Cincuenta Homes Por Dez Reás» | Alborada. 1ª (146), 11.
CASTELAO. (7/1952) «Cousas» de Castelao | Orzán. 1ª (5), 12.
CASTELAO. (1/1954) O problema da lingoa | Opinión Gallega. 1ª (147), 1.
CASTELAO. (4/1954) Pensamiento vivo de Castelao | Opinión Gallega. 1ª (148), 6-7.
CASTELAO. (11/1958) Unha páxina de CASTELAO: ¿Ten Galiza un idioma propio? | Finisterre. 1ª (9), 4.
CASTELAO. (11/1976) Para que a nosa terra sexa nosa vota o Estatuto castelao | Teima. , 9.
CASTELAO. (12/1976) [Ilustración de Cabanillas por Castelao] | Teima. (3), 4.
CASTELAO. (12/1976) [Ilustración pertencente a "Galicia mártir", de Castelao] | Teima. (3), 5.
CASTELAO. (1/1977) Un pequeno exemplo | Teima. (5), 11.
CASTELAO. (3/1977) [Debuxo de Castelao: Eu non quería morrer alá, ¿sabe miña nai?] | Teima. (16), 13.
CASTELAO. (6/1977) [Ilustración de Castelao relativa á cachela de San Xoán] | Teima. (29), 26.
CASTELAO. (7/1977) [Imaxe de O paraíso feixista, obra de Castelao] | Teima. (31), 11.
CASTELAO. (7/1977) [Ilustración de Castelao relativa á Patria Galega, do ano 1958] | Teima. (32), 36.
CASTELAO. (3/1978) Castelao hoxe: «Estamos fartos de ser unha colonia» | Nosa Terra, A. (8), 7.
CASTELAO. (7/1978) “Sen Título” | Nosa Terra, A. (26), 7.
CASTELAO. (7/1978) Alba de groria | Nosa Terra, A. (26), 9.
CASTELAO. (6/1987) [Nenos] | Andaina. 1ª época (12), 9.
CASTELAO. (6/1987) [Muller] | Andaina. 1ª época (12), 10.
CASTELAO. (6/1987) [Muller e home na mesa con champán] | Andaina. 1ª época (12), 11.
CASTELAO. (3/1989) Do Álbum Galiza mártir, de Castelao | Area. (05), 15.
CASTELAO. (10/1998) Denantes morta que aldraxada | Andaina. 2ª época 1ª xeira (22), 24.
CASTELAO. (3/2007) [Caciques, dúas imaxes] | Andaina. 2ª época 2ª xeira (46), 43-44.
CASTELAO. (12/2008) "Cousas da vida", Faro de Vigo, 04/10/1931 [viñeta]" | Andaina. 2ª época 3ª xeira (50).
CASTELAO. AGUIRRE, M. (2010) ["Duelo". Poema autógrafo de Mirta Aguirre no seu exemplar de Galicia mártir de Castelao] | Festa da palabra silenciada. (26), 72.
Libros do ccg sobre Castelao
Alba de gloria.
2018 | Castelao, Autoría.
O exilio galego: actas do congreso e repertorio biobibliográfico.
2007 |
Cousas da vida no Faro de Vigo (1926-1933).
2001 | Clodio González Pérez, Edición. Castelao, Autoría.
Os dous de sempre.
2001 | Henrique Monteagudo, Edición. Castelao, Autoría.
Contos de Castelao.
2000 | Castelao, Autoría. Santi Prego, Locución. Avelino González, Locución. Cándido Pazó, Locución.
Nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó