Víctor Said Armesto
Pontevedra, Galicia, 13/ 8/1871 - Madrid, España, 17/7/1914Autoría: Xavier Groba González
Poliédrico e fulgurante primeiro catedrático de literatura galaico-portuguesa
Naquela Boa Vila de tan intensa e destacada vida sociocultural e política, Víctor Said –o troco ortográfico do apelido é decisión propia– axiña mostra capacidades para a poesía, o teatro, a música, o xornalismo, a crítica literaria e a oratoria.
No académico, estuda leis en Compostela. O moito tempo precisado para rematar a carreira (1891-1900) explícase polo desinterese no asunto e preferir outros, incluídos os propios da elite xuvenil á que pertencía. Mesmo presidiu a Tuna Clásica. Porén, en apenas tres anos (1895-1898) tamén se licencia en Filosofía e Letras por Salamanca.
En acordo co rexeneracionismo con que os sucesos de 1898 marcan a España da época, Said muda. Abandona as inquedanzas poéticas. Rexeita a militancia política. É mais, de anticlerical e republicano, transita ao catolicismo e ao liberalismo democrático.
En 1902 casa con Amadora Santoro, de Cuñas, Cenlle. Terán seis fillas e un fillo. A situación familiar resultará máis ortodoxa cá anterior, xa que, por exemplo, os avós que criaran a Víctor tamén chegaran a separarse. Acontecera en 1890, logo de que dona Carmen disparase ao seu cuñado Indalecio; ataque que causa escándalo, a reclusión da señora e –logo duns meses de aparente recuperación– a morte do "tío" de Víctor.
En 1901 comeza a carreira docente como axudante gratuíto de historia no instituto de Pontevedra. Entre 1903-1906 xa é profesor axudante da sección de letras. Gañada a praza de
Catedrático de Lengua y Literatura Castellanaestivo un curso no instituto de Reus e desde 1907 no da cidade de León. Con todo, o obxectivo profesional ambicionado por Said era ser catedrático de lingua e literatura galego-portuguesa na Universidad Central de Madrid. E acadouno, non sen esforzo, logo de vencer a forte oposición de quen consideraba mellor crear esa cátedra na universidade compostelá.
Naquel difícil triunfo (nomeamento do 27 de febreiro de 1914) foron decisivos os seus indubidables méritos intelectuais. Mais tamén as influenzas que Víctor ben sabía xestionar. Por partes. Repárese nalgúns dos seus mentores:
En Pontevedra foi decisivo o apoio do profesor e bibliófilo Jesús Muruais. Casto Sampedro considérao discípulo predilecto. Perfecto Feijoo conta con el desde o comezo do coro Aires da Terra.
Na Coruña, entre os incondicionais da Cova Céltica, conta coa confianza de Manuel Murguía. Con el comparte estudos de interese mutuo –o romanceiro– e proxectos de país como foi a creación en 1906 da Real Academia Galega. De feito, Said non foi nomeado académico fundador da RAG apenas por non residir sempre en Galicia.
En Madrid, onde reside a nai –e onde os avós maternos viviran uns anos logo da fracasada revolución de 1846– Víctor tiña unha selecta rede de apoios. Entre estes, algúns vinculados coa póla familiar dos Rodríguez Aldao e a masonería. En 1892, o propio Víctor ingresa na loxia Comuneros de Castilla. Outros forman parte daquela elite da Galicia de la Villa y Corte: Alfredo Vicenti, Eduardo Vincenti, Augusto González Besada, Emilia Pardo Bazán, etc.
E moitos outros –entre eles Marcelino Menéndez Pelayo, os irmáns Menéndez Pidal, Carolina Michaëlis de Vasconcellos ou Miguel de Unamuno– consideraban a Said Armesto merecedor do seu reputado apoio, por caso para a cátedra universitaria, polos brillantes proxectos que sen pausa desenvolvía. En destaque:
Existía unanimidade en consideralo un orador extraordinario –por saber mesturar erudición e amenidade– que á vez resultaba sorprendente, inesperado, polo seu feble aspecto, afrautado timbre de voz e mesmo a incorrecta dicción dos erres. Abandonados os mitins, brillou como conferenciante. Entre as máis célebres das súas palestras, aquelas impartidas no Ateneo de Madrid en 1911 e 1913 sobre Tristán y la literatura rústica española, Macías O Namorado ou José Zorrilla.
Desde que en 1895 publica a que foi a súa primeira crítica literaria –aínda hoxe ben considerada ao reparar con acerto na primeira novela de Valle Inclán, Femeninas– Víctor demostra dominar esa disciplina con magníficos traballos como os dedicados a Las mocedades del Cid, de Guillén de Castro e a Los Cigarrales de Toledo, de Tirso de Molina.
En 1908 publica La Leyenda de Don Juan: Orígenes poéticos de El Burlador de Sevilla y Convidado de piedra. Alén do éxito inicial, este libro mantense hoxe como obra de referencia tanto para o tema tratado como por ser revelador das posibilidades que a tradición oral pode ter para o estudo da literatura erudita.
En 1909 convence a Casto Sampedro para presentar a concurso a Colección de cantos y bailes de la provincia de Pontevedra, obra coa que ambos os dous, en coautoría, gañan o premio convocado pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e que, en 1942, Filgueira Valverde editará co título de Cancionero Musical de Galicia.
En 1911, un louvado escrito seu acompaña o programa da estrea en Madrid de Tristan e Iseo de R. Wagner. Meses despois doutórase con sobresaliente coa tese Notas para el estudio de la materia de Bretaña en la poesía lírica gallega de los siglos XIII y XIV.
En 1914, coa cátedra universitaria resolta, e logo de cinco anos de espera, estréase en Madrid La flor del agua, zarzuela nun acto e tres cadros con música de Conrado del Campo e libreto de Víctor quen, enfermo de morte, xa non pode asistir ao que era o seu derradeiro éxito.
Con todo, entre os méritos de Víctor Said destaca outro ben distinto. Porque, cando menos entre 1902 e 1911, o erudito profesor aplica unha metodoloxía de traballo de campo, no seu tempo ben rara, na que, entre outros avances, planifica as pesquisas, busca financiamento e procura rexistrar os datos da persoa entrevistada. Especialmente interesado no romanceiro, recolle contos, lendas ou teatro popular e, o que resulta máis destacable, procura a música dos xéneros cantados, mais tamén dos bailables e danzas. Neste eido, con certeza recolleu máis das 116 melodías que hoxe sabemos foron parte do seu truncado cancioneiro. Porque no musical, como noutros asuntos relacionados con el, case todo ficou por ultimar, sen discípulos e pronto afectado polo esquecemento.
E menos mal que houbo quen se preocupou por corrixir esa inxusta desmemoria. Porque no Museo de Pontevedra custodian as achegas de Víctor á Colección Sampedro e os máis de 2400 volumes da súa biblioteca; incluídos os libros herdados de Indalecio Armesto. E na Fundación Barrié coidan do seu impresionante arquivo persoal. Valiosos tesouros que xa teñen permitido actualizar o que se sabe deste poliédrico e fulgurante autor e que, con certeza, continuarán a posibilitar que este lúcido legado non se apague.
Bibliografía
Bibliografía primaria
Said Armesto, Víctor (1895): «Femeninas», La Justicia, 2696 e 2699 (23 e 26 de xullo). Madrid: Centro Republicano. Publicado posteriormente co título «Un libro modernista», en Análisis y Ensayos. Pontevedra: Tip. de la Viuda e Hijos de Carregal, 1896; 43-78. Reed. como «Un libro Modernista. Femeninas de Valle Inclán», El Museo de Pontevedra, XIX (1965), 109-116.
Said Armesto, Víctor (1897): Análisis y ensayos (Filosofía, literatura y sociología). Pontevedra: Tip. de la Viuda e Hijos de Carregal.
Said Armesto, Víctor (1908): La Leyenda de Don Juan. Orígenes poéticos de El Burlador de Sevilla y Convidado de Piedra. Madrid: Librería de los sucesores de Hernando. [Reed. en 1946 e 1968: Espasa Calpe; (Austral; 562)].
Sampedro Folgar, Casto; Said Armesto, Víctor (1910): Colección de cantos y bailes de la Provincia de Pontevedra [Premiada en 1911 no concurso aberto en 1909 pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Manuscrito reconstituído por Valverde, José (1942): Cancionero Musical de Galicia. Pontevedra: Museo de Pontevedra [Reed. de 1982 e 2007 en A Coruña: Fundación Barrié].
Said Armesto, Víctor (1911): «Apéndice». En Paris, Luis: Ricardo Wagner. Tristán é Iseo. Madrid: Librería Victoriano Suárez. Reeditado en galego por span style="font-variant: small-caps;">Cacheiro Valera, Maximino: «Said Armesto e o mito de Tristán», A Trabe de Ouro, 20 (1994), 505-514.
Said Armesto, Víctor (1911b): Notas para el estudio de la materia de Bretaña en la poesía lírica gallega de los siglos XIII y XIV. Memoria escrita para obtener el Grado de doctor en la facultad de Filosofía y letras. Madrid: Vicente Risco.
Said Armesto, Víctor [edición, prólogo y notas de] (1913a): Las mocedades del Cid, de Guillén de Castro. Madrid: Ediciones La Lectura. [Reed. Madrid: Espasa-Calpe 1945, serie Clásicos Castellanos].
Said Armesto, Víctor [edición transcrita y revisada por] (s.d. [1913b]): Cigarrales de Toledo. Compuestos por el Maestro Tirso de Molina. Madrid: Renacimiento.
Said Armesto, Víctor [1943 (póstumo)]: «Papeletas comparativas sobre Danzas de Espadas», El Museo de Pontevedra, II, 175 e ss.
Said Armesto, Víctor [1968 (póstumo)]: Las mocedades del Cid / Guillén de Castro, edición, prefacio y notas de Víctor Said. Madrid: Espasa Calpe.
Said Armesto,Víctor [1998 (póstumo)]: Poesía Popular Gallega. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza. Con prólogo de García-Sabell, Domingo.
Bibliografía secundaria
Groba González, Xavier (2012): «As achegas de Víctor Said». En Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Redondela: Concello. Vol I: «Personaxes e contido da colección musical, 243-320; e Vol. II: «Documentario: cartas, escritos musicais e partituras», 122-134 e ss.
Rodríguez González, Diego; Otero Tovar, Olga [coord.] (2014): Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre. A Coruña: Fundación Barrié. [Inclúe estudos de José Antonio Durán, José Carlos Valle, Félix Francisco Castro Vicente, Diego Rodríguez González, Margarita Santos Zas, Xosé Manuel González Reboredo, Ricardo Aceitos Valiño, Carlos Becerra, Carlos Villanueva e Xesús Alonso Motero].
Villanueva, Carlos (2014): Víctor Said Armesto. Una vida de romance. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consorcio de Santiago e Universidade de Santiago de Compostela. [Inclúe o opúsculo asinado por Pedrosa, José Manuel: «El romance de La flor del agua: discursos, motivos y fórmulas», 299-340, e o de Groba, Xavier: «Inventario del romancero reunido por Víctor Said y su música», 341-402].
Villanueva, Carlos et al. [eds.] (2015): Víctor Said Armesto e o seu tempo: perspectivas críticas. A Coruña: Fundación Barrié , Museo de Pontevedra e Deputación de Pontevedra. [Inclúe estudos de Xosé Ramón Veiga Alonso, Xosé Manuel Barreiro Barreiro, Féliz Francisco Castro, Felipe Castro Pérez, Justo Beramendi, Carlos Villanueva, José M. Pedrosa, Francisco Javier Garbayo Montabes, Monserrat Capelán, Laura Touriñán, Xosé Manuel González Reboreo e Carlos García Martínez, Xavier Groba González, Xesús Alonso Montero, Margarita Santos Zas, Carmen Vilchez Ruiz, Jose M. González Herrán, Carmen Becerra, David Pérez Álvarez, José Luis Forneiro, Belén Bouzas e Elena Veiga Rilo, Rosario Mascato Rey e Arturo Casas].
Como citar: Groba González, Xavier : Víctor Said Armesto. Publicado o 28/6/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3565. Recuperado o 12/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Said Armesto escribe sobre a España descoñecida en dous artigos publicados en El Heraldo de Madrid. Ver Documento. Artigo
Said Armesto, Víctor: «Por la España desconocida. La Montaña de la Miel», El Heraldo de Madrid, Madrid, 5407 (13 de setembro de 1905), 3; «Por la España desconocida. De Carucedo a Cornatel», 5410 (16 de setembro de 1905), 1.
Fonte: Biblioteca Nacional. Hemeroteca Digital.
http://hemerotecadigital.bne.es/details.vm?q=id:0000384902&lang=es [Descarga: 2022-06-20]
Artigo de Said Armesto sobre Murguía na revista literaria Santiago. Ver Documento. Artigo
Said Armesto, Víctor: «Manuel Murguía», Santiago: Revista literaria, Santiago de Compostela, 5 (27 de xullo de 1902), 8-11.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=5802 [Descarga: 2022-06-21]
Dous artigos de Said Armesto, un sobre Andrés Muruais e outro sobre a pintora Elina Molíns, en Galicia Moderna. Ver Documento. Artigo
Said Armesto, Víctor: «Panteón regional: Andrés Muruais», Galicia moderna, Pontevedra, 13 (1 de novembro de 1897), 7-8; «Artistas gallegos: Elina Molíns», 6 (15 de xullo de 1897), 6-8.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=462375 [Descarga: 2022-06-20]
Colaboración literaria de Said Armesto no diario republicano La Justicia de Madrid. Ver Documento. Artigo
Said Armesto, Víctor: «Femeninas», La Justicia: Diario republicano, Madrid, 2696 (23 de xullo de 1895), 2 e 2699 (26 de xullo de 1895), 2.
Biblioteca Nacional. Hemeroteca Digital.
http://hemerotecadigital.bne.es/details.vm?q=id:0030243142&lang=es [Descarga: 2022-06-21]
Relato de Said Armesto no semanario barcelonés La Ilustración Artística. Ver Documento. Relato
Said Armesto, Víctor: «La Pareja de enamorados», La Ilustración Artística: Periódico semanal de literatura, arte y ciencia, Barcelona, XIV, 727 (2 de setembro de 1893), 806-807.
Fonte: Biblioteca Nacional. Hemeroteca Digital.
http://hemerotecadigital.bne.es/details.vm?q=id:0001467324&lang=es [Descarga: 2022-06-20]
Publicacións literarias de Said Armesto en Extracto de Literatura: Semanario dosimétrico ilustrado. Ver Documento. Relato
Said Armesto, Víctor: «Mezclilla», Extracto de Literatura. Semanario dosimétrico Ylustrado, Pontevedra, 21 (27 de maio de 1893), 12-13; «A Torcuato Ulloa», 25 (24 de xuño de 1893), 6-7; «Mezclilla», 32 (12 de agosto de 1893), 4-5; «Ella», 36 (9 de setembro de 1893), 6; «Ave María Stellae», 40 (7 de outubro de 1893), 11.
Fonte: Ministerio de Cultural. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
https://prensahistorica.mcu.es/es/publicaciones/numeros_por_mes.do?idPublicacion=1521 [Descarga: 2022-06-20]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bibliografía de/sobre Víctor Said Armesto. Ver Documento
Groba González, Xavier: «Víctor Said Armesto: bibliografía», Álbum de Galicia, Consello da Cultura Galega, (29 de xuño de 2022)
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum de Galicia
Artigo de Olga Perotti sobre as cartas inéditas de Víctor Said Armesto a Miguel de Unamuno. Ver Documento. Artigo
Perotti, Olga: «Las cartas inéditas de Víctor Said Armesto a Miguel de Unamuno», Cuadernos AISPI: Estudios de lenguas y literaturas hispánicas Fonte: Universidad de la Rioja. Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6249587 [Descarga: 2022-06-28]
Artigo sobre as obras inéditas de Víctor Said Armesto en La Temporada de Mondariz. Ver Documento. Artigo
«Los trabajos inéditos de Víctor Said Armesto», La Temporada de Mondariz, 4 (13 de xuño de 1927), 4-5.
Fonte: Real Academia Galega. Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://hemerotecadigital.bne.es/details.vm?q=id:0000384902&lang=es [Descarga: 2022-06-20]
Discurso de Francisco Tettamancy sobre Said Armesto nos actos da homenaxe dedicada pola Irmandade da Fala da Coruña na honra do escritor recentemente falecido. 3 de agosto de 1917. Ver Documento. Libro
Tettamancy Gastón, Francisco: Víctor Said Armesto: traballo leído na noite do 3 de agosto de 1917, con motivo do homenaxe consagrado pol-a "Irmandade da Gala" na Cruña para honral-a memoria de tan ilustre escritor: cunha folla de Murguía e un colofón de Carré Aldao. A Coruña: Imprenta Obreira, 1917.
Fonte: Biblioteca Nacional. Biblioteca Digital Hispánica.
http://bdh-rd.bne.es/viewer.vm?id=0000051896&page=1 [Descarga: 2022-06-20]
Noticia da morte de Víctor Said Armesto no Boletín oficial del Centro Gallego de Avellaneda (Arxentina). Ver Documento. Artigo
«Víctor Said Armesto», Boletín oficial del Centro Gallego, Avellaneda (Arxentina), 132 (15 de agosto de 1914),17.
Fonte: Real Academia Galega. Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000274391 [Descarga 2022-06-20]
O falecemento de Víctor Said Armesto en El Diario de Pontevedra. Ver Documento. Artigo
«Víctor Said Armesto», El Diario de Pontevedra, 9062 (18 de xullo de 1914), 2; «Una biografía de Víctor Said», 9063 (20 de xullo de 1914), 1
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra. Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000216102 [Descarga: 2022-06-21]
Necrolóxica sobre Víctor Said Armesto publicada no xornal madrileño La Mañana. Ver Documento. Artigo
«Said Armesto ha muerto ayer», La Mañana, Madrid, 1675 (18 de xullo de 1914), 2.
Fonte: Biblioteca Nacional. Hemeroteca Digital.
http://hemerotecadigital.bne.es/details.vm?q=id:0026265962&lang=es [Descarga: 2022-06-20]
Poema anómino dedicado a Said Armesto na portada de Extracto de Literatura. Semanario dosimétrico YlustradoVer Documento. Poema
«Víctor Saíz Armesto», Extracto de Literatura. Semanario dosimétrico Ylustrado, Pontevedra, 36 (9 de setembro de 1893), 1.
Fonte: Ministerio de Cultural. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
https://prensahistorica.mcu.es/es/publicaciones/numeros_por_mes.do?idPublicacion=1521 [Descarga: 2022-06-20]
Ligazóns de interese
Documental Víctor Said Armesto, o resplandor efémero, de J. A. Durán, emitido na TVG o 5 de xuño de 2020
Fonte: TVG.
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/v-ctor-said-armesto-o-resplandor-ef-mero-4433655?t=840 [Consulta: 2022-06-30]
Información sobre a exposición da Fundación Barrié sobre Víctor Said Armesto
Fonte: Fundación Barrié.
https://fundacionbarrie.org/victor-said-armesto [Consulta: 2022-06-28]
Artigo de F.J. Garbayo Montabes sobre a relación de Said Armesto con Perfecto Feijóo e Aires d´a Terra
Garbayo Montabes, Francisco Javier: «Víctor Said Armesto en el entorno de Perfecto Feijóo y Aires d´a Terra». En Villanueva, Carlos et al (ed.): Víctor Said Armesto e o seu tempo: perspectivas críticas. A Coruña: Fundación Barrié; Pontevedra: Deputación; Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2015; 261-301.
Fonte: Minerva. Repositorio institucional da USC.
http://hdl.handle.net/10347/24260 [Consulta: 2022-06-28]
«La lavandera nocturna», romance popular recollido por Víctor Said Armesto
Fonte: Real Academia Galega
https://academia.gal/-/la-lavandera-nocturna-romance-popular-recollido-por-victor-said-armesto [Consulta: 2022-06-28]
Unha carta de Víctor Said Armesto a Manuel Murguía
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal/-/unha-carta-de-victor-said-armesto-a-murguia [Consulta: 2022-06-28]
Said Armesto en culturagalega.gal
Fonte: Consello da Cultura Galega.
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=24703 [Consulta: 2022-06-20]
Biobibliografía de Víctor Said Armesto na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/V%C3%ADctor_Said_Armesto [Consulta: 2022-06-28]
Videos
Vídeo da exposición Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre. Fundación Barrié.
Fonte: Fundación Barrié.
https://www.youtube.com/watch?v=frNKmUG7VHE&ab_channel=FundacionBarrie [Consulta: 2022-06-28] Documental Víctor Said Armesto, o resplandor efémero, de J. A. Durán, emitido na TVG o 5 de xuño de 2020
Fonte: TVG.
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/v-ctor-said-armesto-o-resplandor-ef-mero-4433655?t=840 [Consulta: 2022-06-30]
Audios
«Canto de fiada», interpretado polo coro Aires da Terra, coa participación de Said Armesto. 1904
Foliada de las Rías Bajas interpretada polo coro Aires da Terra, coa participación de Said Armesto. 1904
«Muiñeira coreada das Rías Baixas» interpretada polo coro Aires da Terra, coa participación de Said Armesto
Cantiga da Ulla, interpretada polo coro Aires da Terra, coa participación de Said Armesto. 1904