Lois Tobío Fernández
Viveiro, Lugo, Galicia, 13/ 6/1906 - Madrid, 13/3/2003Autoría: Patricia Arias Chachero
Metódico, culto e comprometido diplomático, traballou sempre a prol da súa terra.
Naceu en Viveiro o 13 de xuño de 1906. O seu pai, un home culto, simpatizante das ideas rexionalistas e familiarizado coa Institución Libre de Enseñanza, chegara á vila catorce anos antes para exercer como mestre, e alí coñeceu a nai, Mélida Fernández González, filla dunha familia fidalga do lugar. O neno Lois Tobío, educado nun ambiente culto e abastado, aprendeu a ler con apenas tres anos e interesouse decontado pola música e o cinema, dúas das súas grandes paixóns.
Cando tiña dez anos a familia trasládase a Compostela, onde o pai ocupa unha praza na Escola Normal e o rapaz prepara o exame de ingreso no Instituto, que supera sen dificultade. Estuda solfexo, canto, piano e, ao rematar o bacharelato, alemán. Xa universitario entra en contacto con Cotarelo Valledor e Pérez Bustamante, docentes que comezan a definir as súas inquietudes intelectuais. Excelente estudante, dotado dunha memoria prodixiosa, antes de concluír a carreira recibe un premio no VI Certamen Nacional del Ahorro, recoñecéndoo como o mellor expediente da universidade compostelá. En 1927 licénciase en Dereito, obtén o premio extraordinario e comeza a impartir aulas e a organizar a biblioteca da facultade. En 1929 logra unha praza como profesor axudante substituíndo a García Labella.
Amigo de Wenceslao Requejo, no outono de 1923 foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde ingresou pouco despois, o 25 de novembro, cun traballo titulado «Unhas moedas castelás atopadas no Valadouro», publicado en 1925 en Nós. Na revista asinaría tamén os artigos «A ladaíña de Santa Tegra» (nº 93), «Poñelo Santo. A verba “Farxácola”» (nº 93), «Refresións encol do momento aitual de Galicia» (nº 95) e «A eirexa de Santa María, de Viveiro» (nº 111).
No Seminario, entra en contacto con outros mozos con inquietudes galeguistas, como Bouza Brey, Filgueira, Magariños Negreira, Carballo Calero, Fraguas, Cunqueiro… e con figuras destacadas da cultura galega como Pedrayo, Risco, Castelao ou Ánxel Casal. Desde o Seminario pronuncia conferencias, asiste a cursos e exerce como Secretario de Actas ata a primavera de 1928. Mozo atento, erudito e esperto, asina textos en El Pueblo Gallego e en El Compostelano, ao tempo que comeza a publicar traballos no Boletín da Real Academia Galega e nos Arquivos do Seminario. No 29 atopámolo participando nos traballos de campo de Terra de Melide, e en 1936 forma parte do consello director da institución á fronte da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas.
En 1929 consegue unha bolsa para ampliar estudos en Berlín, onde entra en contacto co marxismo e ten a posibilidade de formarse con intelectuais como Carl Schmittt e Hermann Heller, autoridades en Dereito Internacional. Moitos anos despois, Tobío traducirá Teoría del estado, a obra máis coñecida de Heller. No tempo que pasa en Alemaña comparte faladoiros e paseos con Francisco Alaya e Fernández Armesto. Preocúpase ademais de fomentar o intercambio entre os galeguistas e o Romanisches Seminar, do que se beneficiará Risco, que visita a cidade en 1930 tal e como contou en Mitteleuropa.
Tobío regresa a Compostela e gaña unha praza de auxiliar de Historia do Dereito. Cando comeza a explicar a materia, inclúe un monográfico, impartido na nosa lingua, sobre a historia do dereito galego. Coa vontade de preparar o doutoramento, trasládase a Madrid en 1931, onde comparte conversas e inquietudes cos deputados galegos Pedrayo, Suárez Picallo e moi especialmente, Castelao, a quen a partir de entón, o unirá un lazo de simpatía e admiración mutua. En decembro dese ano, cando se funda o Partido Galeguista, noméano membro do Consello Executivo. Comeza entón un período de intenso compromiso político no que percorre o país pronunciando mitins e conferencias, nas que explica insistentemente a idea de
Galicia, célula de universalidade. Neste tempo participa tamén na redacción do Anteproxecto do Estatuto de Galicia.
En 1933 enfróntase a un tribunal presidido por Américo Castro e ingresa por oposición na carreira diplomática. Renuncia á praza de auxiliar e trasládase a Bulgaria, en cuxa capital exerce como secretario da embaixada española. Lector incansable, visita museos, asiste a conferencias, aprende búlgaro e percorre os países da contorna.
Co levantamento militar do 18 de xullo, permanece fiel á República e en 1937 consegue regresar a España. Forma parte do exército republicano en Granollers e Figueres, onde obtén o grao de Tenente e desde onde o trasladan á fronte do Ebro. En Valencia, traballa no Ministerio de Estado ás ordes de Álvarez del Vayo, quen lle ofrece poñerse á fronte da secretaria xeral. Acepta o posto e realiza numerosas viaxes oficiais representando a República. En Valencia ten ademais a oportunidade de retomar a amizade con Castelao e Suárez Picallo. Neses anos coñece a María del Carmen Soler, estudante de Filosofía e Letras, con quen casa en 1939 e con quen emprende o camiño do exilio. Despois dunha curta estancia en París, a parella chega a América. En Nova York, camiño de Cuba, reencóntranse con Castelao.
Instalado durante un ano na Habana entra en contacto con exiliados republicanos, entre eles Concha Méndez e Manuel Altolaguirre, e cun grupo de intelectuais cubanos como Raúl Roa, Fernando Ortiz ou José Antonio Portuondo, cos que funda a Escuela Libre de La Habana. Tras a estancia en Cuba, marcha a México D. F e comeza a traballar no Instituto Hispano-Mexicano Ruíz de Alarcón, organizado por refuxiados españois. De México trasládase a Uruguai, onde vivirá ata a súa volta definitiva a España en 1963.
En Montevideo colabora en xornais e revistas como Marcha, Imago Mundi e moi especialmente El Día, e grava programas para Radio Ariel, desde onde organiza cursos que son seguidos por moitos oíntes. A experiencia radiofónica serviralle para, co tempo, promover a emisión de Sempre en Galiza, programa decano da radio uruguaia. En 1944 participa, como ideólogo, na posta en marcha do Consello de Galiza. No exilio está en contacto coa Irmandade Galega de Montevideo, coa Casa de Galicia e co Centro Galego de Bos Aires, onde recibirá a Castelao, de quen tivo a oportunidade de escoitar en directo a lectura do célebre Alba de gloria en 1948. No 56 participa na organización do I Congreso da Emigración Galega. Colabora con Galicia emigrante e na Historia de Galiza que coordina Otero Pedrayo, a quen abrazará de novo en 1947 cando don Ramón visita Bos Aires convidado polo Centro Galego.
En 1974, once anos despois de instalarse en España, reingresa no corpo diplomático e permanece dous anos en activo. Conferenciante e investigador culto e entusiasta, redacta interesantes traballos sobre o conde de Gondomar. En 1984 concédenlle o Pedrón de Ouro e en 2002, un ano antes da súa morte, o Premio de Tradución Plácido Castro, galardón que recolle emocionado, pois o de traducir foi sempre traballo do seu agrado. Dedicoulle horas á obra de Bertolt Brech, Rilke e Goethe,
Faleceu con noventa e seis anos, en Madrid, o 12 de marzo de 2003.
- Referencias
- OBRA
- En galego
- As Décadas de T. L. (1994)
- Colección de cántigas da Mahía (1995)
- As Décadas de T. L. (1994)
- En castelán
- La saudade (1953)
- Gondomar y su triunfo sobre Raleigh (1974)
- Gondomar y los católicos ingleses (1987)
- La saudade (1953)
- Traducións
- Poesías inglesas e francesas vertidas ao galego (1949) (en colaboración con Plácido Castro e Delgado Gurriarán)
- Os Sonetos a Orféu de Rainer María Rilke (1980)
- Poesías inglesas e francesas vertidas ao galego (1949) (en colaboración con Plácido Castro e Delgado Gurriarán)
- En galego
- BIBLIOGRAFÍA
- Maseda Maseda, , Francisco Fidel (2011): «Tobío no Seminario de Estudos Galegos», Madrygal, Madrid, nº 14, pp. 139-147
- Mejía, , Carmen; Palomares, Verónica (2006): «Constanza Tobío Soler: A pluralidad intelectual de Lois Tobio», Madrygal, Madrid, nº 9, pp. 175-183
- Ríos, Xulio (2004): Lois Tobío. O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo. Vigo: Ir Indo
- Tobío, Lois (1994): As Décadas de L. T.. Sada: Ediciós do Castro
- Maseda Maseda, , Francisco Fidel (2011): «Tobío no Seminario de Estudos Galegos», Madrygal, Madrid, nº 14, pp. 139-147
- OBRA
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Lois Tobío Fernández. Publicado o 2/6/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3904. Recuperado o 18/03/2025
Lois Tobío Fernández
Viveiro, Lugo, Galicia, 13/ 6/1906 - Madrid, 13/3/2003Autoría: María Teresa García Domínguez
Escritor, xornalista, diplomático, tradutor, defensor de Galicia e da cultura galega no mundo
Alí estuda o bacharelato e céntrase nos idiomas, francés e alemán. Estes coñecementos lingüísticos axudaranlle moito no seu futuro profesional. Decide estudar Dereito na Universidade de Santiago e alí coñece a un grupo de compañeiros e mestres que nos anos 20 fundan o Seminario de Estudos Galegos, creación na que el participou activamente e da que chegou a ser secretario, conselleiro permanente e director da Sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas.
En 1927 licénciase en Dereito e viaxa a Berlín cunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios para estudar Teoría do Estado co profesor Hermann Heller, un dos maiores especialistas na materia e do que anos máis tarde traduciría a súa obra Teoría del Estado. Alí reside durante un ano e fai numerosas amizades. Cando volta decide continuar na universidade como profesor e gaña unha praza de profesor auxiliar na Facultade de Dereito da USC.
Cada vez máis integrado no Partido Galeguista –foi membro do seu Consello Executivo dende que se creou en 1931– e contando coa amizade e confianza de Castelao, foi un dos redactores do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia, sendo determinante na formulación xurídica do texto. Este anteproxecto foi o punto de partida para a elaboración do Estatuto de autonomía do 36.
En 1931, coa chegada da República, convócanse prazas á carreira diplomática e Tobío aproba as oposicións. En 1933 ocupa o cargo de secretario da Embaixada de España en Sofía (Bulgaria). Tras o golpe de Estado do 36, Tobío mantén a súa fidelidade á República e en 1937 volve a España, chamado a filas, e serve no exército como tenente de artillaría na fronte do Ebro. Pola súa formación como diplomático, é convocado polo Ministerio de Estado e alí realiza diversos traballos consulares e de administración. En 1938, baixo o mandato do ministro Álvarez del Vayo, é nomeado secretario xeral do Ministerio e trasládase a Barcelona, onde estaba o goberno republicano.
Ese ano coñece a Mª del Carmen Soler Ponce de León, catalá de orixe uruguaia, que estudaba Filosofía e Letras, e casan o 23 de xaneiro de 1939, uns días antes da caída de Barcelona. Teñen que fuxir a Francia, onde só estarán unhas semanas residindo en París, ata que conseguen viaxar á illa de Cuba. Viven alí uns meses pero, debido ás poucas expectativas profesionais e animados por varios exiliados galegos que estaban en México, deciden trasladarse a este país. En xaneiro de 1940 chegan a México DF e, xunto co seu cuñado Luis Martul, Anselmo Carretero e outros exiliados, fundan o colexio Ruiz de Alarcón.
Aínda que contaban con moi bos amigos e incluso se lles concedera a residencia, en setembro de 1940 marchan para Uruguai. Este país non era tan favorable á acollida de exiliados españois, pero o feito de a súa muller nacer alí e contar con familia axudou a instalarse e a ter mellores expectativas profesionais. Durante a súa estancia na capital uruguaia participou nas actividades políticas e culturais que desenvolveron os exiliados galegos. Os primeiros anos en Montevideo traballou como xornalista no diario El Día e en Radio Ariel, destacando polos seus artigos sobre política internacional; colaborou tamén en revistas como Marcha ou Imago Mundi e traduciu ao español obras de autores como Ralph Roeder, Heinrich Mann, Hermann Hesse ou James Purdy.
Paralelamente mantén as súas fortes vinculacións co galeguismo e asesora xuridicamente a Castelao na creación do Consello de Galiza, do que sería delegado en Uruguai. Moi integrado na colectividade galega residente en Mar del Plata, foi fundador e colaborador da emisión radial “Sempre en Galiza” de Montevideo, escribe numerosos artigos en Galicia Emigrante e outros voceiros da colectividade e imparte conferencias en diversas entidades galegas de Arxentina e Uruguai. Foi tamén redactor do manifesto, temario e regulamento do Primer Congreso de la Emigración Gallega (1956). Baixo o paraugas económico de Manuel Puente, estivo encargado da edición da Historia de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo (1961-1962).
En 1947 abandonou o xornalismo e pasou a traballar na sección de publicidade da Casa Roche (delegación de Montevideo), unha importante empresa farmacéutica internacional que lle dá unha certa estabilidade económica. Con dous fillos, Miguel e Constanza, nados en Uruguai en 1945 e en 1954, respectivamente, nos primeiros anos da década dos 60 o matrimonio Tobío Soler pensa na volta ao seu país. Os seus desexos de cambio político parecen non concretarse, pero un certo aperturismo do réxime que comeza a finais dos anos 50 e a constatación de que non ían ter problemas legais para o retorno fan que a idea se vaia impoñendo. En 1963, coa creación dunha delegación en Madrid da Casa Roche, Lois Tobío retorna coa súa familia, tras case 25 anos sen pisar a súa terra natal.
Cando chega, segundo se desprende dalgunhas cartas do Fondo documental Lois Tobío que se conserva no Consello da Cultura Galega, atópase unha España descoñecida e atrasada pero na que pouco a pouco se vai integrando. Retoma vellas amizades e as novas xeracións van recoñecendo a súa figura na loita polo galeguismo e na defensa da cultura galega. En 1974 consegue reingresar na carreira diplomática e nela permanece ata a súa xubilación en 1976.
Durante a vellez dedicouse ás súas investigacións históricas sobre a figura do conde de Gondomar. Ademais, colabora nunha colectánea de poesía inglesa e francesa vertida ao galego publicada en 2004, xunto con Plácido Castro e Florencio Delgado Gurriarán.
Participa activamente na restauración e renovación do Seminario de Estudos Galegos (1979), que presidiu ata a súa morte. Nos seus últimos anos recibe varias homenaxes e premios, como o Pergamiño de Honra e Loubanza do Patronato Pedrón de Ouro (1984), o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1991), a Medalla de Honra de Viveiro (1997), o Premio das Artes e das Letras de Galicia (1999) e en 2005 foi declarado a título póstumo fillo adoptivo de Gondomar.
Morre en Madrid o 12 de marzo de 2003.
- Referencias
- OBRA
- Obra propia
- (1974): Gondomar y su triunfo sobre Raleigh, Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos.
- (1984): A intervención de Gondomar nos problemas internacionais da pesca, Sada, Ediciós do Castro.
- (1987): Gondomar y los católicos ingleses, Sada, Ediciós do Castro.
- (1991): Catro ensaios sobre o Conde de Gondomar, Trasalba (Ourense), Patronato Ramón Otero Pedrayo.
- (1994): As décadas de T.L., Sada, Ediciós do Castro.
- (2003): Recuerdos de un diplomático intermitente, selecc., trad. y present. por J. Durán-Loriga, Burgos, Dossoles.
- (2006): A nova vida, Sada, Ediciós do Castro (póstuma).
- Traducións ao galego das seguintes obras de
- Bertolt Brecht: Nai Coraxe e mais os seus fillos (1987), Sada, Ediciós do Castro.
- Rainer María Rilke: Os sonetos de Orfeu (1980), Sada, Ediciós do Castro
- Goethe: Fausto de Goethe (1996), Santiago de Compostela, Editorial Laiovento.
- Obra propia
- BIBLIOGRAFÍA
- Tobío Fernández, Lois (1994): As décadas de T.L., Sada-La Coruña, Ediciós do Castro.
- VV. AA. (2001): Homenaxes a Lois Tobío, Sada-La Coruña, Ediciós do Castro.
- Ríos, Xulio (2004): Lois Tobío, Vigo, Ir Indo.
- Mejía, Carmen, Palomares, Verónica: «Entrevista. Constanza Tobío Soler: La pluralidad intelectual de Lois Tobío», Madrygal, n. 9 (2006), p. 175-184.
- Ríos, Xulio (coord.) (2020): Lois Tobío. Galeguista, tradutor e xornalista, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Actas.
- OBRA
Como citar: García Domínguez, María Teresa : Lois Tobío Fernández. Publicado o 12/6/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3904. Recuperado o 18/03/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Lois Tobío.
Lois Tobío ilustra a actividade galeguista aquí e acolá (México, Montevideo, Bos Aires, Madrid…). Dende os seus traballos de xornalista, de tradutor, de diplomático e de activista político difunde o «sentimento de galeguidade» e deseña parámetros ideolóxicos para que este se canalice a través de institucións e formacións políticas (Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista, Consello de Galiza…). A súa análise social e histórica arrequece o movemento nacionalista galego.
Entrevista a Lois Tobío (1)
En 1986, Xan Carballa entrevista a Lois Tobío para o especial de A Nosa Terra, publicado o 2 de marzo de 1987, O 36 na Galiza (A Nosa História, 1). Neste fragmento, gravado na súa casa de Madrid en 1986, o diplomático e galeguista debuxa os inicios do Seminario de Estudos Galegos, no ano 1923, cando el inicia os seus estudos universitarios. Destaca o total apoio e pulo do catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Armando Cotarelo Valledor e o traballo interdisciplinario e colectivo.
Duración: 10'05''
Sinatura: ANTE-ENT/52
Fondo: Col. Xan Carballa-A Nosa Terra. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
Entrevista a Lois Tobío (2)
Noutro fragmento da entrevista anterior, Lois Tobío reflexiona con lucidez sobre a imparcialidade dos estudos históricos. Afirma, con vehemencia, que «a verdade histórica é unha falacia. Só existen hipótesis históricas, que se retocan, se melloran, cambian…». Na súa argumentación conclúe, ao destacar a función que desenvolven as lendas e os mitos, que estes desempeñan un papel fundamental no estudo dunha cultura, xa que ambos os dous recollen, imaxinariamente, as aspiracións dun pobo.
Duración: 06'32''
Sinatura: ANTE-ENT/52
Fondo: Col. Xan Carballa-A Nosa Terra. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
A lección dos precursores
O 27 de xullo de 1956, nas Xornadas Patrióticas Galegas que organiza o Centro Galego de Bos Aires, Lois Tobío pronuncia a conferencia «A lección dos precursores». Cunha exquisita análise antropolóxica salienta a xeración dos precursores do Rexurdimento como a ligazón fundamental para chegar ao presente de 1956, momento en que se precisa acción constante e firmeza política para acadar un galeguismo activo e social.
Duración: 27'51''
Sinatura: COBA-CON/70
Fondo: Col. Centro Galego de Bos Aires. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
Diplomático e galeguista clave da segunda metade do século XX.
Carta de Lois Tobío Fernández tras o seu regreso do exilio, 25 de abril de 1963. Ver Documento. Epístola
Os exiliados non podían regresar segundo os seus desexos e posibilidades coma calquera emigrante, senón que estaban supeditados á situación política e as leis do franquismo, que pouco a pouco e, sobre todo, a finais dos 50 e na década dos 60, foron permitindo a volta dos republicanos fuxidos. O forte desexo de volver non ocultaba o temor ás represalias, a non saber como ían ser recibidos ou se poderían adaptarse a un país que deixaron atrás había tantos anos.
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. Particular de Lois Tobío Fernández
Lois Tobío Fernández e a súa esposa, Mª del Carmen Soler, exiliados en Uruguai desde 1941 deciden retornar a comezos da década dos 60, co desexo de que os seus fillos, xa adolescentes, vivisen na terra dos seus pais e coñecesen a familia. Regresaban a un país moi diferente. Isto vese reflectido nas cartas que Tobío escribe relatando as súas experiencias aos amigos que deixou en Montevideo, moitos deles exiliados pero que non regresaron nunca. Achega novas e descricións da situación do país, dando unha visión obxectiva, clara e razoada do que sucede en España e que dista do que se publica nos medios de comunicación.
O Consello de Galiza informa a Lois Tobío de accións políticas. Ver Documento
Os representantes do Consello de Galiza informan a Lois Tobío das accións que están levando a cabo para contar cun representante galego nas xuntanzas do goberno republicano no exilio e as forzas de oposición a Franco en París.
Ficha de inmigración do goberno mexicano de Lois Tobío Fernández, 1941. Ver Documento
Lois Tobío Fernández, diplomático, escritor e político galego, formou parte do Goberno republicano e tivo que exiliarse en 1938. Tras o seu paso pola Habana, onde conseguiu dar algúns cursos na universidade recomendado polo mesmo Castelao, marcha a México onde comeza a traballar como profesor no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Pouco despois trasládase a Uruguai, país de nacemento da súa muller, onde ambos se asentaron durante vinte anos, ata o seu retorno a España en 1961.
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Lois Tobío Fernández
No Río da Prata destacou polo seu labor cultural no seo da colectividade galega, participando en fitos como a fundación do Consello de Galiza (como asesor xurídico de Castelao), o Primeiro Congreso da Emigración Galega en 1956 ou a publicación da Historia de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo, ademais de impartir numerosas conferencias e publicar artigos e libros sobre Galicia e a súa cultura.
Amigo persoal de moitos exiliados galegos e españois, mantivo unha intensa relación epistolar que se pode consultar na web do CCG.
[Carta de Castelao a Lois Tobío]. Ver Documento. Epístola
Castelao informa da situación de diversos exiliados, e os que van chegando aos Estados Unidos. Tamén do seu traballo para tentar axudar. "Agora ando por casa recadando casrtos. Xa temos uns cinco mil dólares".
Fonte: Consello da Cultura Galega. Proxecto Epístolas. Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal.
Lois Tobío explícalle a Isaac Díaz Pardo a súa participación nos primeiros momentos do Estatuto de Galicia. Ver Documento
Aínda que Tobío advirte a Isaac Díaz Pardo que non participou directamente na redacción do Estatuto pero dá conta como, desde o Seminario de Estudos Galegos, prepararon un anteproxecto do documento que "puidese ser logo utilizado como modelo".
Informe sobre os refuxiados españois nos campos de concentración franceses. Ver Documento. Informe
Lois Tobío recibiu de parte de Antonio Fernández Serrano, funcionario consultar, un documento sobre a súa visita sobre o "campos de concentración" para republicanos localizados de Le Boulou e Argelès-sur-Mer. O texto é sobrecolledor. "Eu vin na crueza destas noites invernais a nais cos seus nenos de peito, deitadas ao relente, nun leito de lama".
Probas para o deseño da Historia de Galicia dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ver Documento
Lois Tobío encargouse da coordinación editorial para producir a Historia de Galicia que, dirixida por Ramón Otero Pedrayo, suporía un importante fito cultural e que comezaría a ver a luz en 1962.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo «Propaganda del Partido Galleguista: Se inauguró el domingo en la Coruña». Ver Documento. Artigo
Baixo o subtítulo
Fonte: El Ideal Gallego vía GalicianaHubo numerosos incidentesfaise unha reportaxe e crítica do mitín que o PG pronunciou no Teatro Rosalía de Castro.
Ademais de Lois Tobío, tomaron a palabra Alexandre Bóveda, Castelao, Víctor Casas e Suárez Picallo.
Artigo «Merecido homenaje a Tobío Fernández. La cena de anoche». Ver Documento. Artigo
Homenaxe a Lois Tobio no restaurante Asesino de Compostela dos seus compañeiros de estudos. Reprodúcese no artigo unha poesía de
Fonte: El Compostelano vía Galiciana Para facilitar a lectura compúxose dixitalmente o artigo nun único ficheiro a partir de dous fragmentos non contiguos da publicación orixinalAugusto María de las Casas [sic], el poeta nuevo, el sonetista de Alma Triste.
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Epístolas de
Carta de Lois Tobío Fernández a Arturo Cuadrado, 1945.
Carta de Lois Tobío Fernández a F. Arnó, 1945.
Carta de Lois Tobío Fernández a Arturo Cuadrado, 1945.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Quero Molares, 1945.
Carta de Lois Tobío Fernández a Manuel Blasco Garzón, delegado do goberno da República Española, 1946.
Carta de Lois Tobío Fernández a Manuel Blasco Garzón, 1946.
Carta de Lois Tobío Fernández a Manuel Blasco Garzón, 1946.
Carta de Lois Tobío Fernández ao seu irmán Xesús Tobío Fernández, 1948.
Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Leal Insua, 1957.
Carta de Lois Tobío Fernández a Miguel Angel Marín Luna, 1958.
Carta de Lois Tobío Fernández aos directivos da Casa de Galicia de Montevideo, Ángel Martínez Barros (presidente) e Hugo Cancela (secretario), 1959.
Carta de Lois Tobío Fernández ao bibliotecario da Casa de Galicia de Montevideo, Manuel González Noya, 1959.
Carta de Lois Tobío Fernández dirixida ao xerente do Banco de Galicia de Montevideo, Alberto Rodríguez López, 1960.
Carta de Lois Tobío Fernández ao presidente de Casa de Galicia de Montevideo, Adolfo Pérez Bermúdez, 1960.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Suárez, 1961.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Quero Molares, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a Leopoldo Nóvoa, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández ao xerente do Banco de Galicia de Montevideo, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a Leopoldo Nóvoa, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Quero Molares, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a Manuel Puente, 1962.
Carta de Lois Tobío Fernández a Manuel Herrero, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Juan Boris Gurewitsch, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Rubén Comotto, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Rubén Comotto, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Jeannine B. de Mizrahi, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Manuel Vilar, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Juan Boris Gurewitsch, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández ao seu irmán Carlos Tobío Fernández, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Luis Coello de Portugal, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Rubén Comotto, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Mariano Conte, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Jeannine B. de Mizrahi, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Mariano Conte, 1963.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1964.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Luis Coello de Portugal Maisonnave, 1964.
Carta de Lois Tobío Fernández a Eduardo Blanco Amor, director da Revista Galicia do Centro Gallego de Bos Aires, 1964.
Carta de Lois Tobío Fernández ao presidente do Centro Gallego de Bos Aires, José Villamarín Prieto, 1965.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1965.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Luis Coello de Portugal, 1965.
Carta de Lois Tobío Fernández a Leopoldo Nóvoa, 1965.
Carta de Lois Tobío Fernández a Olga Guerra Biraben de Montefiori, 1965.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1965.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1965.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1966.
Carta de Lois Tobío Fernández ao presidente da Casa de Galicia de Montevideo, 1966.
Carta de Lois Tobío Fernández ao seu irmán Carlos Tobío Fernández, 1966.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1966.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1967.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1967.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Rubia Barcia, 1967.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Rubia Barcia, 1968.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1968.
Carta de Lois Tobío Fernández ao seu irmán Carlos Tobío Fernández, 1968.
Carta de Lois Tobío Fernández a Guillermo Soler e a súa muller Marujita, 1968.
Carta de Lois Tobío Fernández a Guillermo Soler e a súa esposa, Marujita, 1968
Carta de Lois Tobío Fernández a José Rubia Barcia, 1968.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1969.
Carta de Lois Tobío Fernández a Alfredo Brazzoduro, 1969.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Rubia Barcia, 1969.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1969.
Carta de Lois Tobío Fernández a Salvador Téllez Molina, 1969.
Carta de Lois Tobío Fernández a Ramón Canosa, 1970.
Carta de Lois Tobío Fernández a Erich W. Bahr, 1970.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1970.
Carta de Lois Tobío Fernández ao seu irmán Carlos Tobío Fernández, 1970.
Carta de Lois Tobío Fernández a Delia Díaz, 1971.
Carta de Lois Tobío Fernández a Margaret Olden, 1971.
Carta de Lois Tobío Fernández á súa irmá, Mª de los Ángeles Tobío e o seu home, Pedro Martul Rey, 1971.
Carta de Lois Tobío Fernández a Felipe Cordero Carrete, 1971.
Carta de Lois Tobío Fernández a Juan Antonio Giral Mazón, 1972.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1972.
Carta de Lois Tobío Fernández a Margaret Olden, 1972.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Rubia Barcia, 1973.
Carta de Lois Tobío Fernández a Salvador Téllez, 1973.
Carta de Lois Tobío Fernández a Salvador Téllez Molina, 1973.
Carta de Lois Tobío Fernández a Salvador Téllez Molina, 1973.
Carta de Lois Tobío Fernández a Virgilio Garrido, 1973.
Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974.
Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974.
Carta de Lois Tobío Fernández a Perla Castro, 1975.
Carta de Lois Tobío Fernández a Isaac Díaz Pardo, 1978.
Carta de Lois Tobío Fernández a Argimiro Rojo Salgado, 1980.
Carta de Lois Tobío Fernández a José Rubia Barcia, 1981.
Carta de Lois Tobío Fernández a Valentín Paz-Andrade, 1981.
Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1981.
Carta de Lois Tobío Fernández aos encargados da Audición Radial "Sempre en Galicia" de Montevideo, 1982.
Carta de Lois Tobío Fernández a Xosé Neira Vilas, 1982.
Carta de Lois Tobío Fernández a José B. Abraira, 1985.
Carta de Lois Tobío Fernández a Xosé B. Abraira, 1985.
Carta de Lois Tobío Fernández a Rosa Puente, 1985.
Videos
Inauguración da Xornada Lois Tobío. Galeguista, tradutor e xornalista
Organizada polo CCG, coa colaboración do Concello de Viveiro, o Instituto Galego de Análise e Documentación e coordinación de Xulio Ríos, celebrouse no Pastor Díaz, de Viveiro, en 2018.
Entrevista a Lois Tobío
Memoria de Galiza
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Artigos Lois Tobío Fernández
TOBíO FERNáNDEZ, L. (7/1944) Bases pra Unha Orgaización Política da Galizia | Acción Gallega. 2ª (17), 8-9.
TOBíO FERNáNDEZ, L. (12/1944) Na porta dunha nova etapa | Nosa Terra, A. (433), 11.
TOBíO FERNáNDEZ, L. (6/1946) Carta de Luís Tobío Fernández | Nosa Terra, A. (448), 3.
TOBíO FERNáNDEZ, L. (4/1954) A zanfona | Opinión Gallega. 1ª (148), 5.
Libros do ccg sobre Lois Tobío Fernández
Lembranza do Seminario de Estudos Galegos.
2023 | Lois Tobío Fernández, Autoría. Ramón Villares, Edición.
Lois Tobío.
2020 | Xulio Ríos, Coordinación.
Galeguista, tradutor e xornalista