A de Lois Tobío foi unha longa e intensa vida que percorreu todo o séciulo XX (Viveiro 1906-Madrid 2003). A súa fomración académica e a súa actividade profesional, xunto cunha curiosidade intelectual de amplos horizontes e o compromiso irrenunciable co progreso da súa terra, facilitaron que puidese asistir, desde posicións privilexiadas e incluso desde observatorios inusitados, a varios dos acontecementos que marcaron a historia de Galicia no século pasado.
Os contidos dos textos de Tobío que aquí se publican apenas precisan de explicación ou contextualización histórica. Son elocuentes por si mesmos e, ao tempo, achegan información fiable. Están escritos nunha prosa directa e pouco enfática, desprovista de pecados autobiográficos, como a autoxustificación ou o axuste de contas, Son escritos breves que veñen moi ao caso para o centenario do Seminario de Estudos Galegos (SEG), porque, para un lector actual, estas páxinas son unha excelente introdución ao que foi o labor do SEG, o seu estilo de traballo, o seu compromiso e as súas limitacións.

[Data da nota de prensa: novembro 2023]

Título Lembranza do Seminario de Estudos Galegos
Autoría Lois Tobío Fernández
Edición Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023
Edición 1ª edición
Descrición física 58 p: il., fot., cor; 85 p.
Notas Os documentos reproducidos neste libro forman parte
do Fondo Lois Tobío, depositado no Consello da Cultura
Galega grazas á xenerosidade de Constanza Tobío.

Fotografías: Legado Isaac Díaz Pardo e Fondo Lois Tobío.

No colofón: Rematouse de imprimir o 12 de outubro de 2023, no centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos.
ISBN 978-84-17802-56-1
Depósito Legal C 1631-2023
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR
qr code