Vigo Gran Hotel [30/09/1956]
Querido Ramón Cabanillas:
Moitos "bos e xenerosos" amigos de Galiza, axuntados co gallo do xeneroso regalo de Fermín Penzol a "Galaxia", ás beiras das "ondas do mar" de Vigo, pensamos en ti, témoste presente no heroico bruidar do pinal de Tragove, no brilo da espada Escalibor, e nas roseiras dos pazos —irmás das de Rilke!—, e todos che adicamos iste derradeiro grolo de viño e de fraternidade, en lembranza dos inmorrentes amigos.
Sempre Cabanillas, mastro egueito da nosa nau!
L. Pimentel Francisco F. del Riego
Elena Tormo de García Sabell Fermín Penzol
Emilio Álvarez Blázquez
Isabel L. de Piñeiro Ramón Piñeiro
Cristina Nóvoa de Isla D. García Sabell Rufo Pérez L. Viñas
Mª del Carmen de G. Suárez R. García Suárez Xosé Meixide
[ilexible]Vega1 A. Fernández López
María Pilar Cayón de Pimentel Claudio Pérez Prieto
Mª Blanca Jiménez de Penzol
Carmen Díaz de P. Prieto Xaime Illa [ilexible]
Mario Somoza de Cobo
R. R. Somoza Ramón Otero Pedrayo Emilio Gil Varela Isidro Parga Pondal
[sinaturas na marxe esquerda]
Ramiro Isla Fausto García M. Pérez Prieto
Notas á transcrición
1 O inicio da sinatura é ilexible. Podería ser de Celestino Fernández de la Vega, un dos socios fundadores de Galaxia.

Descrición
Mensaxe colectiva escrita no Gran Hotel de Vigo o día da entrega simbólica á editorial Galaxia do patrimonio bibliográfico e documental de Fermín Penzol. Os amigos reunidos, con Otero Pedrayo como presidente da editorial, dedícanlle o último brinde a Cabanillas, que non puido asistir por residir entón en Barakaldo. Asinan, entre outros, Fermín Penzol, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Domingo García-Sabell, Xaime Isla, Luís Pimentel, Isidro Parga Pondal e Ricardo García Suárez «Xohán Ledo».