Carta de Paz Andrade a Seoane. 1965 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Paz Andrade a Seoane. 1965

Luís Seoane (Destinatario/a) · Emilio Álvarez Blázquez (Mencionado/a) · Álvaro Álvarez Blázquez (Mencionado/a) · José María Castroviejo (Mencionado/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Xosé Núñez Búa (Mencionado/a) · Alfonso Paz-Andrade (Mencionado/a) · Pilar Rodríguez de Prada (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Valentín Paz-Andrade (Remitente)
31/01/1965

Vigo 31/1/1965

Sr. don LUIS SEOANE LÓPEZ
Montevideo 1985, p. 13, dptº 68
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Onte recibín carta de Monfort comunicandome que o despacho definitivo da importación dos teus cadros está feito. Anunciame o envio da liquidación, que non chegóu ainda. Procederéi ao pago axiña que reciba as facturas.
Tamen onte –hai datas sorpresivas no orde das incidencias afíns– chegóu a nos Homenaje a Venecia, que é unha xoia chea de forza expresiva. Tanto nos grabados como na prosa do prologo, que ten unha calidade viva e nobre, a mais da riqueza de sentimento que a inspira. Moitas gracias, tamen en nome de Pilar, que vos recorda con moito cariño. Temos a Alfonso en Madrid, cumprindo as practicas das milicias. Ao chegar nomearon-o Xuez de causas do Aire –que belo tidoo se non correspondera a un Exercito– e ficará n-este choio ate fins de abril.
Dille a Isaac que recibín a sua derradeira carta. Imaxino que tenciona dirixir un mensaxe aos capitostes inspirado na penuria do agro galego. Meses atrás fixose unha eiquí, con moitas firmas. Seica iba a de Castroviejo en primeira. Non se conqueríu outra cousa algunha irritación e novo apretamento dos torniquetes. Penso que sería mellor aproveitar a laxitude natural e inconteñible d-estes resortes, ou operar por filtración e non por tunda ideoloxica, a que son inertes. De todol-os xeitos faréi si podo o que Isaac pide. E pol-o d-hoxe nada mais. Dille a Pepe que se recibiron os libros de Emilio, e Álvaro dóume un.

Con Maruxa as mais fortes apertas pra ti de

Valentín
Tipo de material
epístola
Data
31/01/1965
Entidades
Mención: Agencia Momfort, S.A.
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Policarpo Sanz, 22
destino: Nova York
destino: Montevideo, 1985, 13º
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel. 1562 / Vigo