Carta de González López a Seoane. 1972 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de González López a Seoane. 1972

Luís Seoane (Destinatario/a) · Francisco Ayala (Mencionado/a) · Eugenio Granell (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Mencionado/a) · Rodolfo Prada (Mencionado/a) · Emilio González López (Remitente)
15/09/1972

Nova Iorque, 15 setembro 1972

Sr. D. Luis Seoane
Bos Aires (Arxentina)

Querido Luis:

Ó chegar eiquí me atopei que non tiña o teu enderezo. Mandeillo a pedir a Bos Aires, máis dalí aínda non mo mandaron. Por iso, fágoo hoxe por medio dunha carta a Prada.
Queríache dar as gracias polas atenciós que ti e a túa dona tivéchedes connosco e os ratos agradables que pasamos xuntos na túa casa i en Montevideo.
Hoxe recibín de España, mandado por Piñeiro, un recorte da Voz de Galicia co dibuxo que me fixeche e ca nota, agarimosa, biográfica que puxeches ó pé do dibuxo e que che agradezo.
Onte estiven na casa de Paco Ayala e vin un excelente retrato que lle fixeche á súa dona, que é unha gran admiradora túa e do teu traballo, así como tamén Ayala.
Granell está convalecente dunha hernia interior que lle operaron.
Espero que si vides por aquí, podamos vernos e a mudarnos .

Con saúdos de María e meus prós dous, cunha forte aperta.

Emilio
Tipo de material
epístola
Data
15/09/1972
Publicacións
Localizacións
orixe: Nova York
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta manuscrita co membrete:] The City University of New York / Graduate Center: 33 West 42 Street, New York, N. Y. 10036 / Ph. D. Program in Spanish.