Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1968 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1968

Luís Seoane (Destinatario/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Manuel María (Mencionado/a) · Xosé Neira Vilas (Mencionado/a) · Fernando Pereira Caamaño (Remitente)
18/05/1968

Montevideo, 18 maio 1968

Benquerido amigo e irmán:

Polo noso común e admirable amigo Díaz Prado, ademiramos o fermoso traballo del Manuel María Versos pra cantar en feiras e romaxes, que vai editar o noso Patronato da Cultura Galega, prás próisimas xiv Xornadas de Cultura Galega. Nembargantes, como o númaro de páxinas é pouco abondoso, tomámonos a liberdade de pedirlle, novamente, a súa axuda, que consiste en facer un dibuxo por cada poesía, ademais da carátula correspondente. O tamaño do libro será, esaitamente, ao de Historias de emigrantes, de Neira Vilas.
Estamos moi inquedos coa tardanza de Díaz Pardo, pra que nos mande o material pra Eisposición. Sant-Yago xa está petando na porta. ¿Que fará con todo iso?

Agradecendo de antemán a súa deferencia, reciba unha aperta cinguida.

Pereira
Tipo de material
epístola
Data
18/05/1968
Entidades
Mención: Padroado da Cultura Galega de Montevideo
Localizacións
orixe: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta manuscrita co membrete:] PATRONATO DA CULTURA GALEGA / Secretaría: RAMBLA WILSON 503 / MONTEVIDEO.