Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1969 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1969

Fernando Pereira Caamaño (Destinatario/a) · Xesús Canabal (Mencionado/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Manuel María (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
25/06/1969

Buenos Aires, 25 de xunio de 1969

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Estimado amigo:

Vanlle de volta as probas de páxina do libro de Manuel María. Fai falla que os impresores:
1º) Refagan a tipografía da portada –nome do autor, tídoo do libro, pé editorial– e da adicatoria e usen o mesmo tipo que o texto do libro. A disposición tipográfica está ben coas correciós que señalamos.
2º) Que espacien os poemas que se indican de xeito que os dibuxos aparezan sempre en páxina par ilustrando o poema pra que se fixo. O libro terá 54 páxinas. Que perdonen os da imprenta por todas istas indicaciós, e vostedes pola lata que todo isto siñifica.
Non vin aínda a Fuentes. Os grabados tiñan, creo eu, que ter chegado. E dende logo si Díaz Pardo dixo que saíran é porque xa foron enviados.

Saúdos e unha aperta de:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
25/06/1969
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]