Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Xesús Carro García (Mencionado/a) · Manuel Chamoso Lamas (Mencionado/a) · Xesús Ferro Couselo (Mencionado/a) · Xosé Filgueira Valverde (Mencionado/a) · Aquilino Iglesia Alvariño (Mencionado/a) · Florentino López Cuevillas (Mencionado/a) · Xaquín Lorenzo Fernández (Mencionado/a) · Manuel Puente González (Mencionado/a) · Vicente Risco (Mencionado/a) · Ramón Otero Pedrayo (Remitente)
11/02/1961
Ourense 11 febreiro 61

Sr. D. Lois Tobío - Montevideo

Querido e lembrado amigo: Estou moi ledo ca nova orgaización da que xa foi chamada a "Grande e Xeneral Estoria". Débolle falar con absoluta sinceridade. O empeño precisaría unha verdadeira orgaización e unha forte base económica. Os colabouradores propostos ou os mais desconfían. A vida é dura e os traballos de investigación lentos. Custan moitos as tempadas nos arquivos e as fotocopias. Sin falar por hoxe do orixinal en poder de Vde. vóulle mañifestar o estado do traballo: A) feita, con ben poucos engadidos e notas por Xaquín Lourenzo, a Prehistoria, por o inesquescente Cuevillas: b) feito un volumen enteiro de historia das Pelerinaxes dende as orixes deica hoxe por S. Xesús Carro: Vde sabe seu caraiter; quixo traballar soio; c) de Idade Meia por Ferro e por mil listas de fontes no Arquivo Histórico Nacional cuias papeletas eu gardo; d) de Idade Moderna tamen moita nota de fontes. Pro hai de esculcalo todo ben deitamente ben pagando fotocopias. Hai tamén moitas fontes de outros arquivo de época celto-román di Bouza ter traballado moito; quedamos en que a outra Idade Meia a fixera Ferro e a baixa Ferro ou Filgueira facendo dende logo Filgueira a Poesia medieval. No sei si cumprira. Chamoso Lamas fará non o dubide a historia do Arte. Eu quedeime co XVIII e XIX, fora [?] da cultura, e traballo moito. Coido que en dous anos podo ter rematados os dous volumes. ¿E o demais? ¿Que se mete co XVI e XVII? Compre unha nova orgaización e moito diñeiro. Por o pronto será gran cousa que saia a Etnografía. O Risco está vello e doente. Coido que sere orixinal está cheo de cravos.. Saidos os dous, ou o Tomo [¿?], xeografía, xeoloxía, bioloxía, etnografía –hai de pensar no demais a base de non seguire un orde cronolóxico esaito.. Enfin, agardo a sua opinión e sigo traballando no meu. Ben sei que D. Manuel gastou en [¿?] moito diñeiro. Debeu ser ouxeto de algun engano nas imprentas. Pidolle a sua opinión. Francamente sin cartos os mais dos colabouradores non traballan entendendo honorarios de investigación e de obras feitas. Falarei con Aquilino sobre o tratado de historia da lingoa que pode saír en calquer tempo. Escríbame. Saudos na casa. Sempre o vello amigo

R. Otero Pedrayo [sinatura autógrafa]
Descrición A edición da Historia de Galiza.
Tipo de material
epistola
Data
11/02/1961
Medidas
1 páxina
Localizacións
orixe: Paz, 25
destino: José Benito Lamas, 2941
Ficha descritiva
[Carta manuscrita, con sinatura autógrafa e sen membrete].
Notas legais
Este documento pertence ao Fondo documental e fotográfico Lois Tobío, conservado no Consello da Cultura Galega por doazón de Constanza Tobío.