Carta de Valentín Paz-Andrade a Lois Tobío Fernández, 1975. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Valentín Paz-Andrade a Lois Tobío Fernández, 1975.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Norberto Frontini (Mencionado/a) · Luis Rodríguez Seoane (Mencionado/a) · Valentín Paz-Andrade (Remitente)
24/01/1975
POLICARPO SANZ, 21 - 2º TELEF. 21 18 15 - DIR. TELEFR. SIPSA

INDUSTRIAS PESQUERAS - REVISTA MARITIMA QUINCENAL
VIGO

Sr. Don
LUIS TOBIO
Bonetero, 5-2º
MADRID - 16 PA/fr.

24/1/75


Querido Lois:
Moitas gracias pol-a tua dilixencia na resposta. Supoño que o Asesor Xurídico a que te refires non e Meseguer, que está na Dirección general de Pesca Marítima. Conocino en Caracas, e hai poucos dias escribinlle co mesmo obxeto. Non tuven resposta ainda. De todas sortes si podes facer algo pra acelerara remisión dos papeles, ficaremos moi contentos. A confección do número está varada pol-o escollo das duas ponencias obxeto de tal extravio.
Hoxe estuven comendo aquí con Norberto Frontini, que pasou por Vigo rumbo a Cruña, pra estar con Seoane e Isaac Diaz Pardo. Penso que non volverá a recalar en Madrid, ainda que nos seus plans entra viaxar por Europa deica fins de Marzal.
Recibe unha cordial aperta do teu sempre incondicioal amigo e compañeiro,

Fdo. V. Paz-Andrade [sinatura autógrafa]
Director.
Descrición Carta do seu amigo Paz-Andrade tratando sobre a publicación dun número da revista que dirixía e na que colaborou Lois Tobío.
Tipo de material
epistola
Data
24/01/1975
Medidas
1 páxina
Localizacións
orixe: Policarpo Sanz, 21, 2º
destino: Bonetero, 5, 1º
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e con membrete: INDUSTRIAS PESQUERAS. REVISTA MARTÍTIMA QUINCENAL].
Notas legais
Este documento pertence ao Fondo documental e fotográfico Lois Tobío, conservado no Consello da Cultura Galega por doazón de Constanza Tobío.