Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1975 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1975

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Luís Seoane (Mencionado/a) · Isaac Díaz Pardo (Remitente)
29/06/1975
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
29 de xuño de 1975


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Moitas gracias polo préstamo deses libros que velaí van de volta, recontadiños todos.
Non ben teña un intre baixaremos a Vigo. Neste intre ando agoneadiño de tempo. E pra meirande calamidade Seoane anda mal, sigue mal, acaso peor. Sin saír da casa, moi fastidiado coa súa perna que non millorou dende fai dous meses. Está o home desolado e desesperado.
Pra Pilar e pra os fillos e netos, pra ti, nosas apertas tensas e nosa saudade ademais da nosa solidaridade en todo


[Isaac]
Tipo de material
epístola
Data
29/06/1975
Medidas
1 páxina
Localizacións
orixe: Sargadelos
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada co membrete:]
Localización física
Arquivo familiar Paz Andrade